Versión consolidada comentada e fichas gráficas de deseño. Actualización 04 | 06 | 26
Actualización 04 | 06 | 26 Está dispoñible unha nova publicación NHV que inclúe a versión consolidada comentada das normas e as fichas gráficas de deseño de edificios de vivendas. O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro,...
#COAGconta: Patoloxía de forxados de formigón armado
O mércores 6 de maio, de 12.00 a 13.30 horas, Jorge Aragón Fitera falaranos sobre os procesos patolóxicos nos forxados de formigón armado, expoñendo os coñecementos e as habilidades básicas para abordar a investigación de danos en elementos estruturais horizontais,...
Publicación no BOE do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030
Publicado en el BOE de 23 de abril de 2026, el Real Decreto 326/2026, de 22 de abril, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda 2026-2030. Enlace a la publicación en el BOE. Acompañamos un resumen de los puntos más destacables del Plan: 1. IDEA GENERAL DEL PLAN...
Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai – Últimos días
Últimos días de matriculación, a práctica empeza o luns 1 de xuño.
[+ matriculación e programa completo do curso]
O sector da edificación avanza a un ritmo vertixinoso e a metodoloxía BIM xa se consolidou como o estándar indiscutible. Porén, para moitos arquitectos, a transición desde o tradicional contorno CAD cara a un ecosistema BIM pode resultar un desafío esmagador. Co propósito de achandar este camiño, programamos este curso deseñado especificamente para os profesionais que desexan iniciarse no mundo BIM con seguridade.
Este curso presenta videotutoriais nos que se realiza o modelado arquitectónico básico da icónica Casa Farnsworth de Mies van der Rohe con catro softwares distintos (Revit, Archicad, Edificius e Bonsai).
Os participantes terán así a oportunidade de tomar contacto tanto con algúns dos programas máis estandarizados e coñecidos da industria, como con outras alternativas emerxentes moi interesantes, adquirindo datos reais sobre las diferentes solucións que mellor se poidan adaptar ao seu fluxo de traballo.
A práctica final proposta é que cada alumno desenvolva ese mesmo exercicio co software que considere máis interesante dos que se presentan (sen necesidade de dispoñer de licenzas, habilitarase unha sección para a descarga de versións de proba).
O obxectivo principal deste reto é lograr que os alumnos se familiaricen coa metodoloxía e estratexia utilizada no proceso de modelado (comezar a pensar en BIM), adquirindo unha visión transversal que o arquitecto poderá aplicar o día de mañá independentemente da ferramenta de software que decida implantar no seu estudo.
É o momento perfecto para perderlle o medo ao 3D paramétrico.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 95 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 65 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento.
O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 17/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: desde o luns 18/05/2026 ata o luns 31/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Xunta Xeral ordinaria 19 de maio de 2026: acordos e difusión datos participantes
Infórmase da publicación da circular nº 10/2026 na que se recollen os acordos adoptados na Xunta Xeral ordinaria do 19 de maio de 2026, así como os datos dos participantes na mesma.
Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué cuestións deben ser obxecto de revisión por parte dos técnicos municipais e cales son responsabilidade exclusiva dos proxectistas e polo tanto non requiren de control no proceso de outorgamento da licenza. Nesta mesa estase tamén a traballar para regular o contido do informe técnico municipal no proceso de outorgamento das licenzas de obra. read more…
#COAGconta: O Catastro como infraestrutura básica de información territorial
O vindeiro martes 19 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG organiza con Catastro unha nova sesión formativa centrada no Catastro como infraestrutura básica de información territorial.
Esta xornada inscríbese dentro dos actos da Semana da Administración Aberta 2026, unha iniciativa internacional impulsada pola Alianza para o Goberno Aberto. No noso país, a organización corre a cargo da Dirección Xeral de Gobernanza Pública do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
[Ligazón de seguimento en directo]
Programa da sesión
1. Nocións básicas do Catastro
- Que é o Catastro?: Definición, contido, competencias e ámbito das mesmas. Os bens inmobles no Catastro.
- Cales son os fins do Catastro?: Orixe e propósitos iniciais. Fins e funcións actuais:
- Fiscalidade inmobiliaria: valor catastral e valor de referencia.
- Base de datos inmobiliaria: acceso á información catastral.
- Trascendencia dos datos catastrais no mundo inmobiliario.
2. Como se mantén o Catastro?
- Procedementos catastrais:
- Actualización permanente dos datos catastrais.
- Rectificación dos erros existentes.
- Trascendencia dos cambios na valoración.
- Trámites administrativos.
- Notarios e Rexistradores.
- Ferramentas da Sede Electrónica do Catastro.
3. Labor do técnico no tráfico inmobiliario e canles para a resolución de dúbidas.
Sobre a Semana da Administración Aberta (SAA)
O obxectivo primordial desta iniciativa, que este ano se celebra do 18 ao 24 de maio, é achegar a Administración á cidadanía. É unha oportunidade para coñecer de preto os recursos e ferramentas públicas dispoñibles para os profesionais e o público xeral. Como referencia do éxito desta convocatoria, na edición de 2025 celebráronse case 1.800 eventos en todo o territorio nacional.
Contido da formación
A sesión afondará na importancia estratéxica do Catastro para a xestión do territorio, ofrecendo aos colexiados as claves técnicas e administrativas para optimizar o uso desta infraestrutura de información na súa práctica profesional.
Detalles do evento
- Data: Martes, 19 de maio de 2026.
- Hora: 12:00 h (Duración aprox. 90 min).
- Formato: en liña
Ligazóns de interese:
- [Ligazón de seguimento en directo]
- Páxina oficial da Semana da Administración Aberta
- Presentación e balance da SAA 2025 (PDF)
Colabora 
Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) – Apertura de sobre nº 1
Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta “XEITO 8”, dos arquitectos Rodrigo Martínez García e Arturo Menduiña Hernández da sociedade Baile Menduiña, S.L.P. read more…
#COAGconta: Caso de éxito de vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional
REPROGRAMADO
O mércores 17 de xuño, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito con perspectiva de xénero co proxecto de A comunidade habitacional, de Cierto Estudio.
A comunidade habitacional é o titulo da conferencia, e tamén do proxecto gañador do concurso internacional Illa Glòries en Barcelona. A proposta aborda a vivenda colectiva como unha oportunidade para repensar como vivimos hoxe, poñendo no centro ás persoas e as súas diversas formas de habitar.
A través do proxecto, explorarase como a incorporación da perspectiva de xénero no deseño arquitectónico permite xerar espazos máis equitativos, inclusivos e comunitarios, desdibujando xerarquías domésticas e favorecendo novas relacións entre o privado e o colectivo.
Ver máis
CASOS DE ÉXITO. PERSPECTIVA DE GÉNERO: LA COMUNIDAD HABITACIONAL
CIERTO ESTUDIO
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora 
#COAGconta: Programación maio 2026
ACTUALIZADO A 19/05/2026
Fixemos un cambio na comunicación das xornadas de #COAGConta, co fin de facela máis eficiente. Así, en diante, non recibiredes correos individuais por cada COAGConta, senón un único correo a principios de cada mes coa programación mensual e as súas ligazóns de inscrición. Ademais, manteremos a publicación no boletín semanal, que pasará a enviarse os martes.
#COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Con estas novidades, Informámosvos a continuación das xornadas programadas para este mes de maio e un avance dos meses sucesivos, ás que poden irse engadindo actualizacións.
PROGRAMACIÓN MAIO
- 06/05 _ Patoloxía de forxados de formigón armado
- 19/05 _ Catastro (Formación no marco da semana da administración aberta)
SEGUINTES
- (pendente de confirmar data) _ Caso de éxito. Prefabricación: 40 vivendas de VPA en Xuxán. VIER
- 17/06 _ Caso de éxito. Vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional. Cierto Estudio
- 08/07 _ Aplicación da IA con Fredy Fortich de MVRDV
- 22/07 _ Eficiencia enerxética. Análise de casos reais de amortización de implementación de paneis fotovoltaicos nunha nave industrial e unha residencia de anciáns.
A inscripción nas distintas xornadas pode facerse dende esta [+ligazón].
Aquí podes consultar a información completa relativa ós #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.
Lembrámosvos así mesmo que as gravacións dos @COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web, á que tamén se pode acceder a través do panel de servizos colexial (sección de formación).
Coa colaboración de ![]()
Boletíns de normativa en utilidades
Incorporáronse os Boletíns de normativa na sección VI de Modelos no apartado de Utilidades da web colexial. Na súa última epígrafe, os colexiados poderán acceder a o Boletín de novidades lexislativas, normativas e acordos de plan urbanístico, con periodicidade mensual e con avance quincenal, onde se recompila información publicada en os boletíns oficiais de ámbito europeo, estatal, autonómico galego e provincial (das súas catro provincias), seleccionada polo seu especial interese para o exercicio profesional da arquitectura.
O acceso aos boletíns é libre para os colexiados.
Os colexios de médicos, avogados, arquitectos e enxeñeiros reclaman melloras para garantir unha atención de calidade á cidadanía
Os profesionais demandan condicións de traballo dignas e retribucións axeitadas ao seu coñecemento, capacitación, garantía, responsabilidade e experiencia.
No marco do seu compromiso coa garantía na prestación dos servizos públicos, recollidos xa na Constitución, os decanos dos Colexios de Arquitectos, Enxeñeiros de Camiños, Enxeñeiros Industriais e Avogados, e o presidente do Colexio de Médicos reuníronse na sede do COAG en Santiago de Compostela para defender un sistema que manteña o marco de seguridade e calidade ao que ten dereito a cidadanía. read more…
Curso básico de inspección de instalacións en edificios existentes
A inspección técnica é unha fase esencial dentro do proceso de conservación dos edificios. No caso das instalacións de edificios, ás veces as súas normativas específicas requiren, pola súa natureza, un control periódico especializado, pero noutras, como as instalacións eléctricas, de iluminación, de auga, evacuación, etc, non se regula dita inspección.
Ademais, a avaliación do estado de conservación das instalacións dos edificios (agás aquelas que requiran, segundo a súa propia normativa, unha inspección técnica específica) está incluída no ámbito legalmente definido polo Informe de Avaliación de Edificios [IAE].
Durante o curso abordaremos unha metodoloxía sinxela para a inspección técnica das instalacións, baseada principalmente na inspección visual dos seus compoñentes, dende ciriterios de seguridade e funcionalidade. Esta metodoloxía básica servirá para abordar a inspección técnica das instalacións, tanto con fins de mantemento como no contexto dos Informes de Avaliación de Edificios (IAE).
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 90 euros
- Arquitectos colexiados: 40 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 29/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 29/04/2026 ata o luns 11/05/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
O Colexio de Arquitectos de Galicia reclama á Xunta a actualización “inmediata” dos honorarios dos peritos arquitectos
A contía das retribucións está estancada desde hai máis de quince anos para as taxacións periciais da Axencia Tributaria de Galicia e desde hai oito para os informes periciais da Administración de Xustiza. read more…
Curso_”Rehabilitación de estruturas de madeira”
O obxectivo do curso é presentar os fundamentos da rehabilitación de estruturas de madeira, desde a fase de diagnose inicial ata os criterios de actuación e as técnicas de intervención dispoñibles.
Cun enfoque eminentemente práctico, expoñeranse diversos exemplos de intervencións, tanto en Galicia como no País Vasco, que cobren as principais opcións existentes: desde unha intervención puntual para reparar a cabeza danada dunha viga ata a necesidade de reforzar o conxunto dun forxado por un cambio de uso.
Así mesmo, profundarase nas novas ferramentas de diagnoses como o escaneado láser 3D (nube de puntos) e mostrarase unha selección dos produtos dispoñibles para realizar as intervencións.
O curso será impartido por profesionais cunha ampla experiencia e os contidos complementaranse coa posibilidade de asistir a un taller práctico, impartido por Rothoblaas, onde se mostren algunhas das técnicas de intervención descritas. Este taller terá carácter voluntario e a súa capacidade é limitada, polo que as prazas se asignarán por rigorosa orde de inscrición en canto se abra o procedemento preparado ao efecto.
Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración subscribido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 60 euros
- Arquitectos colexiados: 40 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
O curso desenvólvese en modalidade online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán. Compleméntase cun taller presencial de carácter voluntario.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 14/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 14/04/2026 ata o luns 20/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Procedimiento para la certificación de la eficiencia energética de edificios vigente a partir del 30 de septiembre de 2026
Se acompaña documento con la Resolución de la Dirección General de Planificación y Coordinación Energética y de la Dirección General de Agenda Urbana y Arquitectura sobre el reconocimiento de los documentos propuestos por la Comisión asesora para la certificación energética de edificios para su reconocimiento e inclusión en el Registro general de documentos reconocidos de la certificación energética de edificios. read more…
Curso_”Instalacións de iluminación”
As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético.
Este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran os coñecementos e de capacidades necesarias para proxectar as súas instalacións de iluminación baixo os canons contemporáneos de tecnoloxía e implementación de solucións adecuadas ao tipo de uso dos espazos.
Durante o curso, aprenderemos tamén a manexar un software gratuíto para o cálculo e dimensionado destas instalacións.
Este curso está dirixido:
– A arquitectos que desexen iniciarse no deseño e dimensionado das instalacións de iluminación para o desenvolvemento dos seus propios proxectos.
– A arquitectos que desenvolven as instalacións en colaboración con outros profesionais, este curso facilitaralles os coñecementos necesarios para a coordinación do proxecto e a dirección da obra, incluídas as modificacións que poidan xurdir durante a mesma.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados: 60 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 25/03/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 25/03/2026 ata o mércores 08/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Dispoñible o catálogo de libros dixitalizados do Arquivo do COAG
- O catálogo de libros dixitalizados con OCR para a súa descarga gratuíta a través do PDF interactivo do [+catálogo]. O catálogo trátase dun PDF interactivo que recolle os enlaces a todos os libros dixitalizados para a súa consulta e descarga gratuíta.
- Máis de 50 publicacións para a súa adquisición a través da páxina de [+LibrosCOAG]. Podedes consultar as novedades na seguinte lista:
O Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG
A partires do día 9 de marzo o Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 9 de marzo, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica visada/rexistrada para incorporala á tramitación municipal.
Curso sobre a Normativa de funcionalidade en vivenda: NHV, DB SUA, DB SI
O obxectivo deste curso é facer un percorrido polas esixencias básicas que teñen incidencia directa nos aspectos dimensionais e de deseño dos edificios de uso residencial vivenda, nas súas diferentes tipoloxías.
Para iso, analizaremos as prestacións que deben satisfacer as tipoloxías máis frecuentes deste uso (vivenda unifamiliar illada, adosada, vivenda colectiva) no relativo á aplicación das esixencias básicas que condicionan os aspectos dimensionais e de deseño, centrándonos, fundamentalmente, nas Normas de habitabilidade de vivendas en Galicia [NHV] e nos documentos básicos de Seguridade de Utilización e Accesibilidade [DB-SUA] e de Seguridade en caso de Incendio [DB-SI].
Analizaremos tamén, e sobre todo no caso dos edificios de vivenda colectiva, as prestacións derivadas da implantación doutros usos (comercial, administrativo, aloxamentos turísticos) nos edificios cuxo uso principal é residencial vivenda.
Repasaremos os criterios de excepcionalidade que permiten a rehabilitación de edificios e vivendas, compatibilizando os requirimentos de habitabilidade cos de protección do patrimonio, co obxecto de facilitar a renovación e protección do patrimonio xa construído. Tamén revisaremos a excepcionalidade no caso de aplicar posibles cambios e innovacións tecnolóxicas, reflexo da evolución da sociedade e das novas formas de habitar e vivir das persoas.
Nesta análise recolleremos tamén as necesidades derivadas do contexto actual do sector inmobiliario, especialmente no referente ao progresivo abandono dos locais comerciais, que motiva os cambios de uso destes locais a vivenda, pero sen menoscabo das condicións mínimas de calidade, seguridade e intimidade desas “novas” vivendas.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 8/03/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 8/03/2026 ata o luns 15/03/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Jornada de iniciación a la pericia técnica
La Unión de Arquitectos Peritos Forenses de España (UAPFE) y el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) junto con la mutua ASEMAS organizan esta jornada el próximo jueves 5 de marzo de 2026, de 16.30 a 19.30 horas, en formato online vía streaming.
Esta sesión formativa está dirigida a arquitectos interesados en iniciarse en el ámbito de la pericia técnica, así como a profesionales que deseen reforzar sus conocimientos en materia de dictámenes periciales, responsabilidad y deontología.
Programa de la jornada
- 16.30 – 16.45 | Presentación institucional
Intervendrán:- Marta Vall-llosera Ferran, presidenta del CSCAE.
- Arancha Espinosa Galindo, Dra. arquitecta, presidenta de la UAPFE/CSCAE.
- Elena Guijarro Pérez, arquitecta, representante del CSCAE en UAPFE y tesorera del CSCAE.
- 16.45 – 17.30 | El perito y el dictamen
- Ponente: Julián Garasa Moreno, arquitecto perito y exsecretario de UAPFE.Se abordarán cuestiones clave como:
- ¿Por qué existen arquitectos peritos?
- Tipos de informes más habituales: de parte actora, de contestación y de designación judicial.
- Relaciones entre peritos y aplicación de la deontología profesional.
- Recomendaciones formales en la redacción de informes.
- La intervención en la vista oral.
- Ponente: Julián Garasa Moreno, arquitecto perito y exsecretario de UAPFE.Se abordarán cuestiones clave como:
- 17.30 – 18.15 | La prueba. Relación entre el dictamen y la responsabilidad de los agentes
- Ponente: José Moriana Pericet, arquitecto y profesor del Máster de Patología de la Universidad de Granada.Se analizará el dictamen como medio de prueba, profundizando en:
- Análisis de daños en la prueba pericial.
- Casos prácticos e interpretaciones.
- Fundamentación técnica de las afirmaciones.
- Argumentación sobre descripción de daños, origen de las lesiones y responsabilidad de los agentes intervinientes.
- Ponente: José Moriana Pericet, arquitecto y profesor del Máster de Patología de la Universidad de Granada.Se analizará el dictamen como medio de prueba, profundizando en:
- 18.15 – 19.00 | Deontología profesional. Marco normativo. Ética profesional
- Ponente: Fulgencio Avilés Inglés, Dr. arquitecto y presidente de ASEMAS.Se tratarán las responsabilidades del perito y las buenas prácticas profesionales en la realización de peritajes, incidiendo en los principios de imparcialidad, honestidad e independencia.
- 19.00 – 19.30 | Turno de preguntas y coloquioDurante la jornada, los participantes podrán formular preguntas a través del chat, que serán respondidas por los ponentes al finalizar las intervenciones.
>>Inscripciones
Reunión coa Consellería de Cultura sobre as modificacións da Lei do Patrimonio Cultural
O Colexio da Arquitectos de Galicia e a Consellería de Cultura colaborarán para resolver as dúbidas das modificacións da Lei do Patrimonio Cultural. O COAG expresou a súa preocupación polo traslado de emisións dos informes de patrimonio aos concellos. A Xunta de Galicia lembrou o seu compromiso de resolver os expedientes dos concellos que así o soliciten. read more…
Curso “BIM aplicado á contratación pública. Do deseño ao dato; do proxecto ao activo”
Este curso, organizado polo CSCAE, continúa coa formación iniciada o ano pasado, enmarcado en a FORMACIÓN EN METODOLOXÍA BIM APLICADA Á CONTRATACIÓN PÚBLICA, que leva a cabo grazas a subvención pública (Resolución do 23 de xuño de 2025 da Subsecretaría do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, pola que se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a formación en metodoloxía BIM (Building Information Modeling) aplicada á contratación pública para 2025. Publicada no «BOE» núm. 152, do 25 de xuño de 2025).
Programa
MÓDULO A: CREACIÓN DE MODELOS BIM
Este módulo establece os fundamentos da metodoloxía, desde o deseño conceptual ata a entrega de modelos interoperables.
_Tema 1: O desenvolvemento integral do proxecto. Xestión integral combinando BEP, ferramentas dixitais e Intelixencia Artificial desde o anteproxecto ata a planificación.
_Tema 2: Creación e validación de modelos BIM interoperables para a contratación pública. Xeración de entregables IFC, uso de estándares BCF e IDS, e cumprimento de requisitos de licitación (EIR).
_Tema 3: Creación e xestión de modelos BIM con OpenSoftware. Fluxos de traballo con ferramentas de código aberto (BlenderBIM/Bonsai) para captura de datos, modelado e validación.
MÓDULO B: XESTIÓN DE MODELOS
Centrado na coordinación técnica, o desenvolvemento de disciplinas específicas e a calidade do modelo federado.
_Tema 4: Máis aló do proxecto básico; estratexias de desenvolvemento STRU e MEP. Coordinación de estruturas e instalacións, análise térmica e estratexias de modelado para a interoperabilidade en fase de execución.
_Tema 5: Estratexias de industrialización aplicadas ao proxecto. Integración de sistemas industrializados (desde baños a estruturas) e simulación construtiva dentro da contorna BIM.
_Tema 6: Coordinación BIM e xestión colaborativa de proxectos. Detección de conflitos, control de calidade baixo ISO 19650 e metodoloxías Lean (Last Planner) en contornas colaborativas.
MÓDULO C: XESTIÓN DOCUMENTAL
Aborda a estratexia de implementación nos estudos, a contorna común de datos (CDE) e a automatización na xestión documental.
_Tema 7: Integración de Intelixencia Artificial en contornas BIM para Arquitectos. Uso de IA para automatización de documentación, análise de datos e xeración de visualizacións arquitectónicas.
_Tema 8: Xestión documental, colaboración e entrega dixital. Produción colaborativa, fluxos de traballo en CDE segundo ISO 19650, control de versións e seguridade da información.
_Tema 9: Como adaptar o teu estudo ao Plan BIM da AGE: folla de roteiro práctico para arquitectos. Lectura estratéxica do Plan BIM da Administración Xeral do Estado e adaptación progresiva dos estudos de arquitectura.
MÓDULO D: BIM & PARTNERS
Explora a conexión do modelo BIM co contexto urbano, a fase de operación e as tecnoloxías emerxentes.
_Tema 10: Integración BIM-GIS con Software Open source e Estándares Abertos. Interoperabilidade entre BIM e GIS usando formatos abertos e software libre para a xestión de datos urbanos e territoriais.
_Tema 11: Xemelgo Dixital e Xestión do Activo en Contornas openBIM. Uso do modelo en operación e mantemento (Xemelgo Dixital), integración con GMAO, IoT e Realidade Aumentada en contornas OpenCDE.
_Tema 12: AIfication: como aplicar Intelixencia Artificial en contornas BIM, AIM, FM, GIS e VR. Estratexia transversal (“AIfication”) para integrar IA en todo o ciclo de vida do activo (AIM, FM) e contornas de realidade virtual.
Metodoloxía
Este curso está composto por 12 temas que se estruturan en 4 módulos, cunha duración de 90 horas de dedicación, e será de acceso exclusivo para colexiados. En total o contido destas 90 horas distribúese en:
- 48 videotutoriales (20 minutos de duración media cada un).
- 12 documentos PDF de apuntamentos ( un por unidade didáctica).
- 12 cuestionarios de avaliación (un por unidade didáctica).
- 6 sesións en streaming (2 horas cada unha)
WEBINARS:
Co fin de facilitar unha canle de comunicación directo entre o profesorado e o alumnado, programouse unha serie de videoconexiones en streaming. Estas sesións, de carácter eminentemente práctico e participativo, abordarán cada un dos temas do curso e serán impartidas polo profesorado responsable.
As videoconexiones celebraranse con periodicidade semanal durante todo o período de impartición da acción formativa, seguindo un calendario común para todos os COAs. O calendario de sesións é o que se detalla a continuación:
_Videconexión 1 – 27 de febreiro, 13:00 – Temas 01 e 02. .
_Videconexión 2 – 6 de marzo, 13:00 – Temas 03 e 04.
_Videconexión 3 – 13 de marzo, 13:00 – Temas 05 e 06.
_Videconexión 4 – 20 de marzo, 13:00 – Temas 07 e 09.
_Videconexión 5 – 27 de marzo, 13:00 – Temas 08 e 10.
_Videconexión 6 – 10 de abril, 13:00 – Temas 11 e 12.
Cada unha seguirá unha estrutura deseñada para optimizar o ritmo e a experiencia formativa:
-
- Breve presentación inicial.
- 30 minutos de exposición dedicados a cada un dos dous temas programados na sesión.
- 30 minutos finais para preguntas e debate, destinados a resolver dúbidas e favorecer o intercambio de ideas entre docentes e participantes
Estes webinars gravaranse e subiranse á plataforma de moodle o máis axiña posible.
Criterios de avaliación
Proponse ao alumno a confección do seu propio itinerario formativo; este itinerario deberá cubrir, polo menos, 60 das 90 horas de duración total do curso. É dicir, 8 dos 12 temas ofrecidos. Idealmente, optarase por 2 temas de cada un dos 4 módulos propostos. Por suposto, convídase o alumno a ampliar estes mínimos.
A superación dos obxectivos do curso acreditarase mediante a realización e superación dos test propostos en cada un dos temas. Deberá realizarse un mínimo de 8 test e obter unha nota media final global dos test realizados superior a 5 sobre 10.
- Cada test compoñerase de 10 preguntas relacionadas co contido de cada un dos temas.
- As respostas erróneas non penalizan.
Prezo de matrícula
O prezo de formalización de matrícula é de 10€ para subscritos e de 20€ para non subscritos.
Na plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es) incorpórase toda a documentación e recursos dispoñibles proporcionados polo CSCAE.
Colabora
![]()
#COAGconta: Aplicación da IA con Jennifer Durand, Curiosity-Driven Design
O mércores 25 de febreiro ás 19:00 horas, Jennifer Durand de Zaha Hadid Architects, compartirá a súa experiencia e a súa propia filosofía de traballo: o “Curiosity-Driven Design“. Esta sesión explorará cómo a IA, impulsada pola curiosidade, está redefinindo o pensamento arquitectónico, dende a fase conceptual ata a optimización do deseño.
Jennifer ofreceranos unha visión do proceso de cambio no fluxo de traballo grazas á IA e presentará exemplos concretos dos seus proxectos con OLA, como “The Power of Data” e “Akakor”.
Sobre Jennifer, foi profesora como tutora de habilidades no RCX Cluster do MArch Architectural Design na The Bartlett School of Architecture en Londres e impartiu varios obradoiros. Dirixiu dous estudos de arquitectura antes de trasladarse a Londres: OLA (Online Lab of Architecture), especializado en deseño e tecnoloxía, e OVA (Office of Versatile Architecture). Actualmente traballa nun prestixioso estudo internacional con sede en Londres, onde exerce como deseñadora en Computación e Deseño no equipo CODE. Tamén presentou as súas investigacións e proxectos en eventos de prestixio, entre eles South Summit Madrid 2022, London Design Week 2023 e Pecha Kucha no evento Pub AI Topic organizado por Archi-Tech Network en 2023.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Fallo do Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 19 de febreiro, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta “Beiras da Caramiña”, da arquitecta María Fandiño Iglesias e LANDLAB, laboratorio de paisaxes SLP. read more…
[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
O xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo e Ignacio Soto González, Arquitecto Municipal do Concello de Teo, continuarán a explicarnos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento.
Podes acceder a gravación da primeira parte, picando na seguinte [+ ligazón]
(Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento)
Para acceder á Lei de acompañamento, pica na seguinte [+ ligazón]
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Presentación do informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2020-2025’
O COAG presentou os datos de 2025, así como un amplo informe sobre a evolución dos visados dos últimos seis anos, por provincias e comarcas, no que se constata un crecemento sostido. O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 4.839 vivendas de nova planta en 2025, un 39 % máis que no ano anterior, Rexistráronse 3.374 vivendas colectivas, un 59 % máis que en 2024, e 1.465 vivendas unifamiliares, cun aumento do 8 % con relación ao 2024. read more…





























![[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas](https://portal.coag.es/wp-content/uploads/2025/03/acompanamos.jpg)
