Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 09 | 26
Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...
Curso-Taller práctico para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o Libro do Edificio Existente (LEEx)
O obxectivo do curso é elaborar, a través de obradoiros prácticos, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela. A Lei 1/2019, do 22 de abril, de...
Axudas XERA construción en madeira. Apertura de prazo
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos...
Infoconstrucción y DPArquitectura organizan unas Jornadas Profesionales de arquitectura y construcción en A Coruña el 25 de noviembre
|
Curso_”Comunicar a arquitectura. Estratexias e ferramentas para posicionar o teu estudo de arquitectura”
A comunicación formou sempre parte, dunha maneira ou doutra, do exercicio da arquitectura. Cada proxecto incorpora unha serie de decisións, procesos e valores que necesitan ser explicados para chegar a clientes, promotores, administracións, medios de comunicación e á sociedade en xeral.
Nun contexto no que a visibilidade profesional xa non depende unicamente da obra construída ou da súa publicación en revistas especializadas, os estudos de arquitectura necesitan desenvolver unha estratexia de comunicación capaz de reforzar o seu posicionamento, transmitir a súa identidade e xerar novas oportunidades profesionais.
Este curso ofrece unha visión integral da comunicación aplicada á arquitectura, entendida como unha ferramenta estratéxica que acompaña o proxecto desde a súa concepción ata a súa difusión.
Ao longo de catro tardes abordaremos a construción do relato, a comunicación de proxectos, a relación cos medios, a planificación de contidos e o uso profesional das redes sociais. Traballaremos o posicionamento en buscadores con intelixencia artificial e o uso da IA como ferramenta de apoio para a comunicación do estudo.
A formación parte da experiencia profesional e da análise de casos reais. A través de proxectos, campañas e estratexias desenvolvidas para estudos de arquitectura, institucións e eventos do sector, ofrece criterios e ferramentas aplicables ao traballo cotián, de acordo coa maneira de proxectar e exercer a profesión de cada estudo.
- Comprender o papel da comunicación como parte do exercicio profesional da arquitectura.
- Aprender a construír un relato coherente do estudo e dos seus proxectos.
- Explicar a arquitectura a públicos diversos sen perder rigor técnico.
- Coñecer o funcionamento dos medios especializados e xeneralistas.
- Revisar a presenza dixital do estudo e identificar melloras para a súa visibilidade en buscadores e respostas de IA.
- Planificar unha estratexia de comunicación compatible co traballo cotián do estudo.
- Utilizar a intelixencia artificial para crear e organizar contidos con criterio e revisión crítica.
Este curso está dirixido a arquitectos, estudos de arquitectura e profesionais do sector AECO interesados en incorporar a comunicación como unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da súa actividade profesional.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 10/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: desde as 23:59 h do martes 10/11/2026 ata o luns 16/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de outubro de 2026
#COAGconta: Programación novembro 2026
#COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Informámosvos a continuación das xornadas programadas para este mes de outubro.
PROGRAMACIÓN OUTUBRO
- 04/11 _ “IA y BIM aplicados a la normativa de Edificación” [noticia]
- 18/11 (ACTUALIZACIÓN DE DATA) _ “Caso de éxito “MODULUS MATRIX – 85 Social housing in Cornellà” _ PERIS+TORAL ARQUITECTES. [noticia]
- 25/11 _ “A estrutura de madeira nos cascos históricos”
A inscrición nas distintas xornadas pode facerse dende esta [+ligazón].
Aquí pode consultarse a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.
Lembrámosvos así mesmo que as gravacións dos #COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web do COAG, á que dende agora tamén podedes acceder dende o banner directo situado na portada.
Coa colaboración de ![]()
Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2026 – Últimos días
Tal e como se indica na Circular 14 2026, a Xunta de Goberno, na súa sesión 18/2026 de 24 de setembro, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados. Prazo: ata as 13:00 horas do día 10 de novembro de 2026. read more…
#COAGconta: Caso de éxito “MODULUS MATRIX – 85 Social housing in Cornellà” _ PERIS+TORAL ARQUITECTES
ACTUALIZACIÓN DE DATA
O mércores 18 de novembro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito en rehabilitación, coa exposición do proxecto “MODULUS MATRIX – 85 Social housing in Cornellà” do estudo PERIS+TORAL ARQUITECTES.
O estudo PERIS+TORAL ARQUITECTES con base en Barcelona e formado por Marta Peris e José Toral, dedícase á investigación de novas formas de habitar asociadas con novas maneiras de construír. O seu enfoque céntrase en afrontar os desafíos da emerxencia climática e de vivenda.
Este mércores presentaránnos este edificio innovador de seis plantas, organizado en torno a un patio composto por 85 vivendas de alugamento social cunha distribución flexible, construído mediante unha estrutura de madeira.
Este proxecto pioneiro en Barcelona, que emprega a construción en madeira, xurdiu a partir dunha formulación progresista en 2016 e transformou o enfoque do cliente respecto ao deseño e á construción de vivenda social en España. Anos despois da súa finalización, este marco arquitectónico —racional e coidadosamente detallado— fomentou un forte sentido de veciñanza e orgullo entre a comunidade de residentes.
Baseado no módulo de 3,6 x 3,6 metros —inspirado nas dimensións dunha esteira tatami—, o edificio organízase en torno a un patio central comunitario, con catro núcleos de circulación situados en cada esquina. Nas plantas superiores, o acceso ás vivendas realízase a través de galerías abertas ao patio, mentres que unha franxa de balcóns privados —habitables e continuos— envolve as catro fachadas exteriores.
A planta de cada nivel concíbese como unha «matriz de estancias comunicadas», estruturada en torno ao módulo de 3,6 metros, o que permite xerar distribucións amplas e flexibles en cada unha das vivendas.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora 
#COAGconta: IA e BIM aplicados á normativa de Edificación
O mércores 4 de novembro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada na que Ricardo Prieto Antúnez e José Miguel Benítez Rebollo, de Normatia, abordarán as posibilidades e limitacións da intelixencia artificial aplicada á consulta e verificación da normativa de edificación. Analizaranse os principais riscos destas ferramentas, como as respostas erróneas, as referencias normativas inexistentes ou desactualizadas, e exporanse boas prácticas para garantir a fiabilidade, trazabilidade e adecuada verificación da información.
No ámbito BIM, mostraranse exemplos prácticos de integración da intelixencia artificial nos procesos de comprobación normativa de modelos dixitais, mediante ferramentas de modelado e arquivos IFC. Abordaranse aplicacións relacionadas coa seguridade contra incendios, a accesibilidade e a eficiencia enerxética, destacando as posibilidades de automatización, as súas limitacións e a importancia da supervisión técnica.
Ricardo Prieto Antúnez é arquitecto, desenvolvedor de software e emprendedor tecnolóxico, cofundador e Responsable de Produto e Tecnoloxía de Normatia, empresa especializada no desenvolvemento de software impulsado por intelixencia artificial orientada á normativa do sector da edificación e construción. José Miguel Benítez Rebollo, arquitecto técnico, BIM Coordinator e Autodesk Certified Professional (ACP), exporanos como conectar o modelo BIM coa verificación normativa en tempo real mediante linguaxe natural.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria a inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora 
Fallado o Concurso de Ames
Esta semana fallouse o primeiro concurso de ideas convocado pola Consellería de Vivenda para a construción de inmobles de promoción pública, neste caso para 140 vivendas no Milladoiro (Ames). read more…
Sinatura do convenio para a renovación do ProxectoTerra
O COAG e a Xunta de Galicia asinan un convenio para dar continuidade ao ProxectoTERRA e contribuír a que a cidadanía perciba a arquitectura e o territorio coma piares básicos da cultura galega. read more…
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Granito
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Asociación Clúster do Granito veñen de selar un acordo marco dirixido a impulsar a prescrición innovadora e o uso sostible da pedra natural na construción. Entre outras cuestións, este acordo comprende un novo servizo aos colexiados de asesoramento especializado no eido da pedra natural.
O servizo de consultas técnicas sobre pedra natural e as súas aplicacións, será prestado polo Clúster do Granito, servíndose da Oficina Técnica da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia, mediante a resposta a consultas de carácter xeral sobre materiais, características, normativa de produto (normas UNE-EN, marcado CE), criterios de prescrición e documentación técnica dispoñible relativa á pedra natural.
As respostas elaboraranse con dilixencia profesional, sobre a base exclusiva da información facilitada pola persoa consultante, sen visita, ensaio nin verificación in situ, e con referencia á normativa que o prestador do servizo considere aplicable na data da resposta. Non constitúen garantía de resultado nin de adecuación ao proxecto concreto.
O servizo ten carácter informativo, orientador e non vinculante. Non constitúe proxecto, cálculo, estudo, ditame, informe, validación nin certificación, en particular aos efectos do artigo 17.5 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, nin substitúe o labor profesional do arquitecto, ao que corresponde en exclusiva a decisión, a xustificación técnica e a adecuación das solucións ao caso concreto, así como a responsabilidade derivada do proxecto e da obra. As respostas non poderán incorporarse ao proxecto como documento xustificativo nin citarse como aval ou validación do Clúster nin da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.
Quedan excluídas do servizo as consultas que requiran redacción ou revisión de documentos do proxecto (memorias, pregos, planos, medicións), cálculo, ensaios, inspección de obra ou informes periciais, que poderán ser obxecto de encargo profesional específico á FCTGG, á marxe deste convenio e sen intervención do Clúster.
O apoio en materia de prescrición limitarase a criterios técnicos e de prestacións e non incluirá referencias a marcas, fabricantes ou procedencias determinadas, en coherencia co artigo 126.6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
O Clúster responderá unicamente dos danos directos derivados de dolo ou culpa grave, con exclusión de danos indirectos e lucro cesante.
As consultas pódense facer no lugar habitual, no [panel de consultas].
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Pizarra
O COAG activa un novo servizo de asesoramento especializado no eido da Pizarra, que será atendido directamente polo persoal técnico da Asociación Clúster da Pizarra grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas as institucións.
A iniciativa nace coa motivación de perfeccionar a práctica profesional dos arquitectos galegos e mellorar a formación e información técnica dispoñible no sector da edificación. A través desta alianza, ambas entidades unen forzas para promover criterios de calidade, innovación e sustentabilidade no emprego da pizarra nos proxectos arquitectónicos, achegando tamén un maior coñecemento e difusión deste material estratéxico á sociedade galega.
O servizo funcionará como unha canle directa de apoio profesional, consistirá nun asesoramento experto e independente en pizarra, prestando asesoramento técnico directo ao proxecto mediante a resolución de consultas, o apoio a memorias e pregos, a validación orientadora de solucións construtivas e a provisión de documentación técnica e criterios normativos e ambientais.
As achegas do Clúster formúlanse con criterio técnico contrastado e aliñado coa normativa vixente, e están concibidas para apoiar e facilitar a toma de decisións do proxectista nos procesos de prescrición e xustificación técnica.
O servizo ten carácter orientador e non vinculante, non substitúe o labor profesional do arquitecto nin asume funcións de redacción de proxecto, dirección facultativa, cálculo ou control de obra, correspondendo ao proxectista a decisión final e a adecuación das solucións ao caso concreto.
As consultas pódense facer no lugar habitual, no [panel de consultas].
Interoperabilidade co Concello de Mugardos
O Concello de Mugardos vén de habilitar os formularios de presentación para recoller a interoperabilidade co COAG.
#COAGconta: “Claves para a prescrición e o deseño en Pedra Natural”
O próximo mércores, 21 de outubro ás 12:00, terá lugar o próximo COAGconta sobre o Granito. Nesta xornada, Nuria Sánchez achegaranos as ferramentas e os coñecementos técnicos necesarios para unha correcta prescrición da pedra natural en proxectos de interior e exterior.
Ao longo do webinar abordaranse aspectos fundamentais como a selección dos materiais, as súas variedades e acabados, a incorporación da pedra natural ao Prego de Prescricións Técnicas Particulares (PPTP), a documentación obrigatoria en obra e a interpretación técnica dos ensaios de laboratorio.
Así mesmo, presentaranse pautas xerais de deseño construtivo orientadas a optimizar as prestacións técnicas, a durabilidade e as posibilidades estéticas da pedra natural nos proxectos arquitectónicos.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
Concurso de proxectos para a rehabilitación do Edificio Claustral do Pazo de Arenaza, en Oleiros
O presente concurso ten como finalidade seleccionar a mellor proposta de rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza para a ampliación do seu espazo de traballo colaborativo. A Deputación provincial da Coruña busca, a través deste anteproxecto, dispor de novos de espazos de coworking de calidade, cun deseño contemporáneo, que se integren de maneira harmoniosa no edificio claustral do Pazo de Arenaza e establezan unha correcta relación coa edificación principal do devandito pazo. read more…
Curso_”Instalacións térmicas nos edificios”
Desde o COAG organizáronse dous cursos relacionados coas instalacións nos edificios que teñen particularmente relación cos seus requisitos de habitabilidade e salubridade. Divídense estas dúas formacións en “Instalacións térmicas nos edificios” e “Instalacións de ventilación nos edificios”. Nesta ocasión ábrese a matrícula para o primeiro deles, estando o segundo programado para iniciarse a principios de decembro.
O curso “Instalacións Térmicas nos Edificios” preséntase como unha formación aplicada para arquitectos, orientada a comprender, coordinar e revisar as decisións principais que afectan ao acondicionamento térmico dos edificios.
Ao longo de seis sesións de catro horas abórdase a relación entre arquitectura, enerxía e confort, entendendo as instalacións térmicas como unha parte integrada do proxecto e non como un engadido posterior. A formación establece as bases físicas e técnicas necesarias para desenvolver o deseño e o cálculo integral das instalacións de calefacción e subministración de auga quente sanitaria.
Estúdanse as perdas por transmisión, as pontes térmicas, a ventilación, a infiltración e a potencia de deseño, utilizando exemplos aplicados a edificios residenciais e terciarios. Así mesmo, diferéncianse conceptos como demanda, carga térmica, potencia instalada e consumo, que condicionan a elección do sistema, a zonificación, o funcionamento a carga parcial e o risco de sobredimensionamento. Posteriormente analízanse os principais sistemas de produción térmica para calefacción, refrixeración e auga quente sanitaria: caldeiras, bombas de calor, sistemas híbridos, produción individual e centralizada de AQS, acumulación, recirculación e integración de enerxías renovables.
O curso incorpora o estudo de sistemas con radiadores, sistemas de expansión directa e solucións de chan radiante e refrescante, sempre desde unha perspectiva arquitectónica: localización de equipos, espazos técnicos, distribución e unidades terminais. No ámbito da AQS, analizaranse os sistemas individuais e centralizados, coas súas principais variantes.
Traballarase con exemplos resoltos en directo e exercicios prácticos a resolver por parte do alumno, que permitan a elección razoada de sistemas, esquemas de principio, estratexias de control e criterios de revisión documental. O obxectivo final é que o arquitecto sexa capaz de dialogar co especialista, detectar incoherencias, prever conflitos construtivos e tomar decisións integradas entre envolvente, confort, enerxía, uso, mantemento e viabilidade arquitectónica.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 120 euros
- Arquitectos colexiados: 80 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 55 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o luns 19/10/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: desde as 23:59 h do luns 19/10/2026 ata o luns 26/10/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
#COAGconta: Programación outubro 2026
#COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Informámosvos a continuación das xornadas programadas para este mes de outubro.
PROGRAMACIÓN OUTUBRO
- 14/10 _ Caso de éxito: “Proxecto de rehabilitación da adega Viña Mein-Emilio Rojo” en Leiro, Ourense. Muiños Otero López Arquitectura (Candelaria Cecilia López Muiños / Juan José Otero Vázquez). [noticia]
- 21/10 _ “Claves para a prescrición e o deseño en Pedra Natural” [noticia]
- 28/10 _ “Radon en vivendas e lugares de traballo. Resultados e implicacións.” Alberto Ruano Raviña. [noticia]
A inscrición nas distintas xornadas pode facerse dende esta [+ligazón].
Aquí pode consultarse a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.
Lembrámosvos así mesmo que as gravacións dos #COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web do COAG, á que dende agora tamén podedes acceder dende o banner directo situado na portada.
Coa colaboración de ![]()
#COAGconta: “Radón en vivendas e lugares de traballo. Resultados e implicacións.” Alberto Ruano Raviña.
O mércores 28 de outubro, ás 12:00, Alberto Ruano Raviña falaranos sobre o radon en vivendas e lugares de traballo, analizando as seguintes cuestións:
- Radon e efectos sobre a saúde.
- Distribución de radon en España e Galicia.
- Presenza en postos de traballo por tipoloxía. Variables que inflúen na súa concentración.
- Como medir radon.
- Normativa en vivendas (CTE-DSH6) e postos de traballo.
- Casos sinxelos vs. casos complexos. Do “faino ti mesmo” ao estudo técnico.
- Estudos en marcha para valorar o impacto do CTE.
- Conclusións.
Alberto Ruano Raviña é Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidade de Santiago de Compostela e Director do Laboratorio de Radon de Galicia.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
Colabora 
#COAGconta: Caso de éxito “Rehabilitación de Adega Viña Meín-Emilio Rojo”. Muiños Otero López Arquitectura
O mércores 14 de outubro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito en rehabilitación.
Nesta ocasión Candelaria Cecilia López Muiños e Juan José Otero Vázquez (Muiños Otero López Arquitectura) falaranos do proxecto de Rehabilitación da Adega Viña Meín-Emilio Rojo, en Leiro, Ourense.
Viña Meín foi na súa orixe un conxunto de pequenas casas, montes e viñedos que conformaban o casal de Meín. Coñecíase como “Casa Labora” e sempre foi un recoñecido lugar de produción de uva desde a Idade Media. A propiedade e a súa contorna son historia viva do Ribeiro. O proxecto céntrase en crear experiencias inesquecibles arredor do viño como proxecto senlleiro en busca dun propósito superior, co compromiso de construír un legado único.
O proxecto de reforma da adega centrouse en tres áreas de actuación, como son o edificio dedicado á produción e oficinas, a urbanización exterior e o módulo de instalacións. Falando en termos de eficiencia enerxética e sustentabilidade, todas as medidas de proxecto están orientadas a minimizar a pegada de carbono e a conseguir unhas edificacións cun consumo practicamente nulo, ademais de preservar a contorna de xeito sustentable e co mínimo impacto desde o compromiso en todos os procesos coa calidade, así como o coidado do medio ambiente e a responsabilidade social.
A reconstrución da adega executouse buscando solucións innovadoras, pero cun protagonismo absoluto de materiais lignocelulósicos. Será a primeira adega con estrutura de madeira de castiñeiro e CLT de piñeiro de Galicia.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora 
Certificación enerxética | Novas ferramentas desde o 30 de setembro
Estimados/as colexiados/as:
Mañá entran en vigor os novos documentos recoñecidos para a certificación enerxética de edificios e as versións adaptadas de HULC, CYPETHERM HEI Plus, SG SAVE, TeKton3D TK-CEEP, CE3X e CERMA. read more…
Publicado listado de admitidos_Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
O pasado domingo, día 20 de setembro de 2026, finalizou o prazo de matriculación establecido na convocatoria oficial do curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura que o Colexio de Arquitectos organiza en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.
Pode consultarse o listado de admitidos no seguinte enlace.
Aberta a matrícula no curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
Onte, martes día 9 de setembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o COAG e a EGAP [+ enlace á convocatoria].
En base a dita convocatoria, dende as 9:00h de hoxe xoves, día 10 de setembro, está aberto o prazo de matrícula neste curso. A matrícula permanecerá aberta ata as 23.59 horas do día 20 de setembro ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Lembrámosvos que o curso, que se desenvolverá en formato presencial entre o 23 de setembro e o 21 de outubro, ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas:
- analizarase o marco legal polo que se rexe a contratación pública e a súa aplicación específica á contratación deste tipo de traballos.
- analizaranse de xeito completo e pormenorizada todos os procesos implicados na contratación pública de obras de arquitectura, desde os métodos de contratación ata o proxecto finalizado.
- abordaranse as posibles estratexias de contratación para as Administracións, a elaboración dos pregos técnicos e administrativos, os modelos de concursos, os custos, tanto da construción como da elaboración dos trabajos obxecto do contrato, as principais problemáticas asociadas á licitación da obra e tamén todo o proceso de execución, ata a súa completa finalización e recepción pola Administración.
- á análise dalgúns casos de éxito de contratación pública de traballos de arquitectura. Neste contexto, presentaremos a ferramenta informática PAUTA, desenvolta polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura ao amparo da Ley de Calidad de la Arquitectura.
No seguinte enlace pode consultarse a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores. A programación final podería ser obxecto de pequenos axustes: [+ enlace ao programa]
Datas e lugar de celebración:
O curso desenvolverase íntegramente en formato presencial, nas aulas da EGAP [rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela]. No programa indícanse as datas e o horario previsto para cada unha das xornadas. Terá unha duración de 33 horas que se distribuirán a razón de seis horas e media por semana, ordinariamente os mércores de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Matriculación:
Os colexiados COAG e as matrículas ordinarias poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os empregados públicos poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os importes de matrícula son os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 75 euros
- Arquitectos colexiados no COAG subscritos a formación e concursos: 50 euros
- Empregados públicos (arquitectos das AAPP e secretarios-interventores da AALL): 50 euros
(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2026, podedes solicitar a subscrición (nova consulta) no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, no apartado Realizar consultas da sección de Formación [+ enlace]
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Recoñecementos oficiais:
O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Regulamento das condicións básicas de accesibilidade cognitiva
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais.
O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG, exporán como se poden introducir bombas de calor sustituíndo as curvas por defecto do programa por equipos reais en uso de calefacción/frío e ACS.
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 09 | 26
Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Pinche aquí



































