Actuacións do Colexio
Consulta previa sobre a Lei de Arquitectura de Galicia
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Bande para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a “ Redacción do proxecto técnico de execución da rehabilitación da Reitoral de Santa Comba, Bande” (número de expediente 1040/2020)
O COAG constitúese en parte, en defensa das competencias profesionais, nos autos tramitados no Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Vigo relativo ao Recurso contencioso-administrativo núm. 134/2020 interposto contra a inadmisión polo Concello de Vigo de IEES subscritos por enxeñeiros industriais. O COAG foi emprazado como interesado polo Concello de Vigo.
O Concello de Narón desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para a adxudicación do Contrato de servizos de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia
Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en relación ao Recurso especial do COAG en impugnación da licitación do Concello de Sada para adxudicar “Asistencia técnica para a redacción do Plan Especial de Protección, Ordenación, Infraestruturas e Dotacións de Veigue”.
O Coag traslada ao Concello de Lugo consulta en relación coa licitación do Servicio da dirección de obra, dirección de execución material e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras e “Actuaciones relacionadas con línea de actuación 6 del proyecto muramiñae”.
O Coag interpón recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, en impugnación da Licitación polo Concello de Sada para adxudicar a contratación da “asistencia técnica para a redacción do plan especial de protección, ordenación, infraestruturas e dotacións de Veigue” Expediente: 2020/c004/000005.
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación convocada polo Concello de Narón para a aduxudicación do contrato de servizos para a dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia, incluida na EDUSI «Ría de Ferrol, cidade 2020»
O COAG presenta suxestións no trámite de audiencia ao anexo con modelo de «Informe de avaliación do edificio» do Decreto polo que se regula o Informe de Avaliación de Edificios e se crea o seu rexistro na Comunidade Autónoma de Galicia
O COAG presenta recurso de resposición en impugnación da licitación convocada polo Concello de Porto do Son para adxudicar o contrato de servizos «Redacción do proxecto básico e de execución para execución de sentencia no portal 2 do edificio Maraxiña»