As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético.
Este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran os coñecementos e de capacidades necesarias para proxectar as súas instalacións de iluminación baixo os canons contemporáneos de tecnoloxía e implementación de solucións adecuadas ao tipo de uso dos espazos.
Durante o curso, aprenderemos tamén a manexar un software gratuíto para o cálculo e dimensionado destas instalacións.
Este curso está dirixido:
– A arquitectos que desexen iniciarse no deseño e dimensionado das instalacións de iluminación para o desenvolvemento dos seus propios proxectos.
– A arquitectos que desenvolven as instalacións en colaboración con outros profesionais, este curso facilitaralles os coñecementos necesarios para a coordinación do proxecto e a dirección da obra, incluídas as modificacións que poidan xurdir durante a mesma.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados: 60 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 25/03/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 25/03/2026 ata o mércores 08/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
