Curso_”Rehabilitación de estruturas de madeira”

8 Abr 2026

O obxectivo do curso é presentar os fundamentos da rehabilitación de estruturas de madeira, desde a fase de diagnose inicial ata os criterios de actuación e as técnicas de intervención dispoñibles.

Cun enfoque eminentemente práctico, expoñeranse diversos exemplos de intervencións, tanto en Galicia como no País Vasco, que cobren as principais opcións existentes: desde unha intervención puntual para reparar a cabeza danada dunha viga ata a necesidade de reforzar o conxunto dun forxado por un cambio de uso.

Así mesmo, profundarase nas novas ferramentas de diagnoses como o escaneado láser 3D (nube de puntos) e mostrarase unha selección dos produtos dispoñibles para realizar as intervencións.

O curso será impartido por profesionais cunha ampla experiencia e os contidos complementaranse coa posibilidade de asistir a un taller práctico, impartido por Rothoblaas, onde se mostren algunhas das técnicas de intervención descritas. Este taller terá carácter voluntario e a súa capacidade é limitada, polo que as prazas se asignarán por rigorosa orde de inscrición en canto se abra o procedemento preparado ao efecto.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración subscribido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 60 euros
  • Arquitectos colexiados: 40 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.

O curso desenvólvese en modalidade online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán. Compleméntase cun taller presencial de carácter voluntario.

Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 14/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 14/04/2026 ata o luns 20/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso

Coa colaboración de 

Compartir