O mércores 25 de febreiro ás 19:00 horas, Jennifer Durand de Zaha Hadid Architects, compartirá a súa experiencia e a súa propia filosofía de traballo: o “Curiosity-Driven Design“. Esta sesión explorará cómo a IA, impulsada pola curiosidade, está redefinindo o pensamento arquitectónico, dende a fase conceptual ata a optimización do deseño.
Jennifer ofreceranos unha visión do proceso de cambio no fluxo de traballo grazas á IA e presentará exemplos concretos dos seus proxectos con OLA, como “The Power of Data” e “Akakor”.
Sobre Jennifer, foi profesora como tutora de habilidades no RCX Cluster do MArch Architectural Design na The Bartlett School of Architecture en Londres e impartiu varios obradoiros. Dirixiu dous estudos de arquitectura antes de trasladarse a Londres: OLA (Online Lab of Architecture), especializado en deseño e tecnoloxía, e OVA (Office of Versatile Architecture). Actualmente traballa nun prestixioso estudo internacional con sede en Londres, onde exerce como deseñadora en Computación e Deseño no equipo CODE. Tamén presentou as súas investigacións e proxectos en eventos de prestixio, entre eles South Summit Madrid 2022, London Design Week 2023 e Pecha Kucha no evento Pub AI Topic organizado por Archi-Tech Network en 2023.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
