Biblioteca

A Biblioteca do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é unha biblioteca especializada en arquitectura, construción, urbanismo, paisaxismo e deseño. Os seus fondos conteñen máis de 11.000 volumes, revistas e material audiovisual.

A súa misión consiste no depósito, conservación, ampliación, actualización e difusión dos seus fondos, proporcionando ós usuarios os instrumentos de referencia necesarios para o seu coñecemento e emprego.

O préstamo de publicacións está restrinxido aos arquitectos colexiados en Galicia que subscribisen o servizo colexial de Biblioteca.

Ubicación:
DELEGACIÓN DE LUGO
Puro Cora Xornalistas 1,
27002-Lugo

Horario de atención presencial:
Luns, martes, xoves e venres de 10:00 a 13:00 horas.

Contacto:
Teléfono: 982 230 011 – 981552400 (Horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres)
Plataforma de consultas colexial

CONSULTA CATÁLOGO

O catálogo actualizado de materiais dispoñibles para préstamo da Biblioteca colexial, pódese consultar (só a efectos de verificar a existencia e dispoñibilidade de publicacións ou outros materiais) no seguinte enlace:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=LOB015

Servizos da biblioteca

Lectura en sala

Para os colexiados, público especializado (licenciados, estudantes universitarios e profesionais) e todos aqueles interesados nos fondos desta Biblioteca.

Préstamo

O préstamo está restrinxido aos arquitectos colexiados que teñan subscrito o servizo de Biblioteca. Estes poderán retirar en préstamo calquera dos fondos (libros, revistas, vídeos, DVD, etc.) previa solicitude a través da plataforma de consultas

Préstamos e devolucións por valixa

Os colexiados que teñan subscrito o servizo de Biblioteca que soliciten material da mesma en empréstito, poderán solicitar o envío por valixa a calquera delegación colexial. A devolución do material prestado realizarase polo mesmo sistema. Os envíos entre delegacións serán gratuítos.

NORMAS DE PRÉSTAMO

Número de documentos en empréstito máximo
3 libros + 3 revistas + 3 audiovisuais

Duración do préstamo
20 días prorrogables por outro período de igual duración.

Solicitude, renovación e devolución do préstamo. Reservas.

Solicitude: os colexiados que teñan subscrito o servizo de Biblioteca, deberán facer as solicitudes de empréstito a través da plataforma de consultas colexial. O catálogo actualizado de fondos dispoñibles pódese consultar no seguinte ENLACE

Servizo gratuíto de envío e devolución por valixa colexial.

Renovación: renovarase por un período de igual duración, sempre e cando o exemplar non fora solicitado por outro lector.

Devolución: deberase proceder á devolución entregando na propia biblioteca ou nas delegación indicando que é devolución de préstamo.

Reservas: o colexiado terá a posibilidade de solicitar a reserva dun libro xa prestado, sendo avisado cando este sexa devolto.

A renovación e a reserva deberanse solicitar a través da plataforma de consultas.

Incumprimento das normas

O usuario ten a obriga de devolver os documentos en préstamo dentro da data límite. En caso de incumprimento do prazo, a Biblioteca requirirá o usuario para que devolva a obra. Non se lle prestarán documentos a ningún usuario que teña outros en préstamo con prazos de devolución vencidos mentres non os devolva ou renove.

Perda ou deterioro

Nestes casos o usuario deberá restituír a obra prestada por outro exemplar da mesma edición. Se a obra está esgotada terá que adquirir e entregarlle á biblioteca outra de características similares. Mentres non se restitúa a obra, o usuario quedará excluído do servizo de consulta e préstamo de fondos.