Actualización 12 | 09 | 24 Está dispoñible unha nova publicación NHV que inclúe a versión consolidada comentada das normas e as fichas gráficas de deseño de edificios de vivendas.
O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.
Esta modificación das NHV, que entrou en vigor o 15 de outubro, non é de aplicación obrigatoria aos proxectos visados de acordo ca normativa anterior, nin a aqueles cos que se solicitou licenza nun prazo máximo de tres meses dende a súa entrada en vigor. Pero, a aqueles proxectos que soliciten licenza dende o 15 de xaneiro de 2024 esta modificación xa lles resulta de aplicación obrigatoria.
Os comentarios oficiais e as fichas de deseño son ferramentas de gran axuda á hora de proxectar as vivendas segundo as NHV; podes acceder desde o apartado de modelos da web do COAG, ou descargalas desde aquí:
Publicación NHV LIGAZÓN
Outras utilidades:
Cadros comparados para edificios de vivendas na seguinte LIGAZÓN
Cadros comparados para vivendas unifamiliares na seguinte LIGAZÓN
Cadros comparados para trámite de excepción na seguinte LIGAZÓN
Pode accederse a xornada de asesoramento a través da siguiente LIGAZÓN
Pode accederse a resolución de consultas a través da siguiente LIGAZÓN
NOTA: De detectarse algún erro, rogamos poñádelo en coñecemento do colexio a través do panel de consultas no apartado de edificación.