Este curso, organizado polo CSCAE, continúa coa formación iniciada o ano pasado, enmarcado en a FORMACIÓN EN METODOLOXÍA BIM APLICADA Á CONTRATACIÓN PÚBLICA, que leva a cabo grazas a subvención pública (Resolución do 23 de xuño de 2025 da Subsecretaría do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, pola que se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a formación en metodoloxía BIM (Building Information Modeling) aplicada á contratación pública para 2025. Publicada no «BOE» núm. 152, do 25 de xuño de 2025).
Programa
MÓDULO A: CREACIÓN DE MODELOS BIM
Este módulo establece os fundamentos da metodoloxía, desde o deseño conceptual ata a entrega de modelos interoperables.
_Tema 1: O desenvolvemento integral do proxecto. Xestión integral combinando BEP, ferramentas dixitais e Intelixencia Artificial desde o anteproxecto ata a planificación.
_Tema 2: Creación e validación de modelos BIM interoperables para a contratación pública. Xeración de entregables IFC, uso de estándares BCF e IDS, e cumprimento de requisitos de licitación (EIR).
_Tema 3: Creación e xestión de modelos BIM con OpenSoftware. Fluxos de traballo con ferramentas de código aberto (BlenderBIM/Bonsai) para captura de datos, modelado e validación.
MÓDULO B: XESTIÓN DE MODELOS
Centrado na coordinación técnica, o desenvolvemento de disciplinas específicas e a calidade do modelo federado.
_Tema 4: Máis aló do proxecto básico; estratexias de desenvolvemento STRU e MEP. Coordinación de estruturas e instalacións, análise térmica e estratexias de modelado para a interoperabilidade en fase de execución.
_Tema 5: Estratexias de industrialización aplicadas ao proxecto. Integración de sistemas industrializados (desde baños a estruturas) e simulación construtiva dentro da contorna BIM.
_Tema 6: Coordinación BIM e xestión colaborativa de proxectos. Detección de conflitos, control de calidade baixo ISO 19650 e metodoloxías Lean (Last Planner) en contornas colaborativas.
MÓDULO C: XESTIÓN DOCUMENTAL
Aborda a estratexia de implementación nos estudos, a contorna común de datos (CDE) e a automatización na xestión documental.
_Tema 7: Integración de Intelixencia Artificial en contornas BIM para Arquitectos. Uso de IA para automatización de documentación, análise de datos e xeración de visualizacións arquitectónicas.
_Tema 8: Xestión documental, colaboración e entrega dixital. Produción colaborativa, fluxos de traballo en CDE segundo ISO 19650, control de versións e seguridade da información.
_Tema 9: Como adaptar o teu estudo ao Plan BIM da AGE: folla de roteiro práctico para arquitectos. Lectura estratéxica do Plan BIM da Administración Xeral do Estado e adaptación progresiva dos estudos de arquitectura.
MÓDULO D: BIM & PARTNERS
Explora a conexión do modelo BIM co contexto urbano, a fase de operación e as tecnoloxías emerxentes.
_Tema 10: Integración BIM-GIS con Software Open source e Estándares Abertos. Interoperabilidade entre BIM e GIS usando formatos abertos e software libre para a xestión de datos urbanos e territoriais.
_Tema 11: Xemelgo Dixital e Xestión do Activo en Contornas openBIM. Uso do modelo en operación e mantemento (Xemelgo Dixital), integración con GMAO, IoT e Realidade Aumentada en contornas OpenCDE.
_Tema 12: AIfication: como aplicar Intelixencia Artificial en contornas BIM, AIM, FM, GIS e VR. Estratexia transversal (“AIfication”) para integrar IA en todo o ciclo de vida do activo (AIM, FM) e contornas de realidade virtual.
Metodoloxía
Este curso está composto por 12 temas que se estruturan en 4 módulos, cunha duración de 90 horas de dedicación, e será de acceso exclusivo para colexiados. En total o contido destas 90 horas distribúese en:
- 48 videotutoriales (20 minutos de duración media cada un).
- 12 documentos PDF de apuntamentos ( un por unidade didáctica).
- 12 cuestionarios de avaliación (un por unidade didáctica).
- 6 sesións en streaming (2 horas cada unha)
WEBINARS:
Co fin de facilitar unha canle de comunicación directo entre o profesorado e o alumnado, programouse unha serie de videoconexiones en streaming. Estas sesións, de carácter eminentemente práctico e participativo, abordarán cada un dos temas do curso e serán impartidas polo profesorado responsable.
As videoconexiones celebraranse con periodicidade semanal durante todo o período de impartición da acción formativa, seguindo un calendario común para todos os COAs. O calendario de sesións é o que se detalla a continuación:
_Videconexión 1 – 27 de febreiro, 13:00 – Temas 01 e 02. .
_Videconexión 2 – 6 de marzo, 13:00 – Temas 03 e 04.
_Videconexión 3 – 13 de marzo, 13:00 – Temas 05 e 06.
_Videconexión 4 – 20 de marzo, 13:00 – Temas 07 e 09.
_Videconexión 5 – 27 de marzo, 13:00 – Temas 08 e 10.
_Videconexión 6 – 10 de abril, 13:00 – Temas 11 e 12.
Cada unha seguirá unha estrutura deseñada para optimizar o ritmo e a experiencia formativa:
-
- Breve presentación inicial.
- 30 minutos de exposición dedicados a cada un dos dous temas programados na sesión.
- 30 minutos finais para preguntas e debate, destinados a resolver dúbidas e favorecer o intercambio de ideas entre docentes e participantes
Estes webinars gravaranse e subiranse á plataforma de moodle o máis axiña posible.
Criterios de avaliación
Proponse ao alumno a confección do seu propio itinerario formativo; este itinerario deberá cubrir, polo menos, 60 das 90 horas de duración total do curso. É dicir, 8 dos 12 temas ofrecidos. Idealmente, optarase por 2 temas de cada un dos 4 módulos propostos. Por suposto, convídase o alumno a ampliar estes mínimos.
A superación dos obxectivos do curso acreditarase mediante a realización e superación dos test propostos en cada un dos temas. Deberá realizarse un mínimo de 8 test e obter unha nota media final global dos test realizados superior a 5 sobre 10.
- Cada test compoñerase de 10 preguntas relacionadas co contido de cada un dos temas.
- As respostas erróneas non penalizan.
Prezo de matrícula
O prezo de formalización de matrícula é de 10€ para subscritos e de 20€ para non subscritos.
Na plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es) incorpórase toda a documentación e recursos dispoñibles proporcionados polo CSCAE.
Colabora
![]()
