Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
#COAGconta: Los instrumentos de medida del arquitecto

O mércores 10 de decembro, de 12:00 a 14:00 horas, Débora Serrano García, Dr. Arquitecto, falaranos sobre os instrumentos de medida do arquitecto. INSTRUMENTOS DE MEDIDA. TODO O QUE NON É MEDIR É OPINAR A esixencia normativa en materia de edificación e a calidade...

Comunicación do COAG sobre a “Casa Benedicto”

Comunicación do COAG sobre a “Casa Benedicto”

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 21/2025 de 16 de outubro acordou actualizar a súa posición con respecto á conservación da “Casa Benedicto” no Concello de Navia de Suarna, a través dun escrito enviado a diversas administracións (Asociación Cultural Patrimonio Naviego, á Deputación de Lugo, ao Concello de Navia de Suarna e á Dirección xeral de Patrimonio Cultural) en coherencia co acordo xa adoptado na sesión 10/2017 celebrada o 28 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela. read more…

Mapa de potencial de radón

Mapa de potencial de radón

Estimados compañeiros, para unha reunión que o CSCAE ten prevista co Consello de Seguridade Nuclear (CSN) o próximo 18 de decembro, está a recompilarse información, incidencias e observacións xerais relacionadas coa aplicación práctica da normativa sobre radon en proxectos e obras.

En concreto, solicítannos datos sobre posibles discrepancias na clasificación de municipios no Mapa de potencial de radon elaborado polo CSN, que constitúe a base do Apéndice B do Documento Básico HS6 do Código Técnico da Edificación (CTE).

Nese sentido, se detectaches que algún municipio do teu ámbito territorial puidese estar clasificado de forma incorrecta, agradeceríache que nolo fixésedes saber, da forma máis documentada posible, a través do panel de consultas, no apartado de edificación, co título Radon CSN.

Para enviar informar, pica aquí

VERI*FACTU aplicación gratuita de facturación de la AEAT

VERI*FACTU aplicación gratuita de facturación de la AEAT

La AEAT pone a disposición de los contribuyentes una aplicación gratuita de facturación, accesible desde la Sede de la AEAT. Este formulario permite a los contribuyentes generar facturas electrónicas y enviar los registros de facturación directamente a la AEAT, cumpliendo con el reglamento de VERI*FACTU, aprobado por el Real Decreto 1007/2023, de 5 de diciembre, que regula los requisitos de los Sistemas Informáticos de Facturación. read more…

Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)

Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)

O Concello de Nigrán pon en marcha un concurso de proxectos en dúas fases, con xurado que se desenvolverá en dúas fases (ideas e anteproxectos), para a construción do Parque Deportivo inclusivo de Porto do Molle. O Concello de Nigrán considerou axeitada a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dada a súa representación da profesión do Arquitecto na comunidade galega, sendo o obxecto do concurso un ámbito de competencia da devandita profesión.

Obxecto e localización do concurso

O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta arquitectónica máis idónea para o deseño e construción do Parque Deportivo Inclusivo no centro comercial Porto do Molle, situado no concello de Nigrán (Pontevedra). O parque incluirá os seguintes elementos:

  • Manteñer, completar e integrar a actual pista de atletismo en construción;
  • O deseño e construción dunha nova pista protexida da chuvia regulamentaria con un graderío cunha capacidade mínima para 250 espectadores sentados;
  • A integración da pista de skate existente no deseño do parque;
  • A posibilidade de incluír pistas deportivas e de lecer adicionais na parcela e;
  • A disposición de aparcadoiro dentro da parcela.

O deseño do parque realizarase baixo criterios de accesibilidade universal, de acordo coa lexislación vixente e os estudos pertinentes, segundo as especificacións técnicas destas bases (bases técnicas).

O concurso consta de dúas fases:

  • Unha primeira fase, pública, aberta, anónima a nivel de idea -de forma sinxela e inicial-, na que se seleccionarán 5 propostas, cuxos autores serán invitados a participar na segunda fase para desenvolver a súa idea proposta a nivel de anteproxecto.
  • Unha segunda fase, na que, de entre as CINCO propostas desenvolvidas a nivel de anteproxecto -en desenvolvemento da súa idea inicial-, elixirase a proposta adxudicataria, cuxo autor será adxudicatario do contrato de servizos de redacción do proxecto e dirección de obra, da actuación descrita nestas bases, polo importe dos honorarios de 206.264,31 € máis o IVE correspondente tomando como referencia os cadros establecidos no BOE do 27 de maio de 2015 relativos á Resolución do 11 de maio de 2015, sobre honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, SA, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, entregando, en primeiro premio, 12.100 € en concepto de taxas de entrega (IVE incluído) do contrato.

Os CATRO restantes recibirán premios baremados en diferentes contías, por un importe total de 17.500,00 € (IVE incluído), do seguinte xeito:

Segundo premio: 7.500,00 € (IVE incluído)
Terceiro premio: 5.000,00 € (IVE incluído)
Primeiro accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)
Segundo accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)

Enlace á Plataforma de Contratación de Galicia.

Casos de éxito de arquitectura sostible

Casos de éxito de arquitectura sostible

Dende o Colexio de Arquitectos poñemos ao alcance da sociedade galega algúns dos mellores exemplos de arquitectura e urbanismo sostible, onde os arquitectos, ademáis de proxectar con calidade, obtiveron bos resultados na mellora da eficiencia enerxética e outros aspectos da sustentabilidade, como poden ser a súa integración ambiental, o uso de materiais naturais ou reciclaxes, enerxías renovables, circularidade, iluminación natural, calidade do aire, certificados de construción sostible, etc. Todo iso encamiñado a lograr o confort e benestar dos usuarios, o que redundará nunha mellora da calidade de vida e a saúde de todos nós.

Para acceder ás gravacións pique aquí

Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT

Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT

Búscase que con este curso o alumno aprenda a desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira e CLT. Coñecerá a lóxica estrutural de ambos os sistemas construtivos para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde arquitectura e estrutura vaian da man. Descubrirá as técnicas, detalles e materiais adecuados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles.

O curso completarase con dúas visitas de carácter voluntario, que servirán para comprobar de primeira man as posibilidades destes sistemas construtivos. Estas visitas serán gravadas e postas ao dispor dos alumnos na plataforma.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 01/10/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 01/10/2025 ata o domingo 5/10/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025)

Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025)

Este curso propón unha revisión áxil, práctica e actualizada do DB SI, axudando a resolver con seguridade as dúbidas que xurden ao aplicalo tanto a proxectos básicos e de execución para uso residencial vivienda ou terciarios de calquera escala, incluíndo a súa posible tramitación como actividade.

Os seus contidos son adaptados ao RD 164/2025, do 4 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios en establecementos industriais, en vigor, e de seguemento obrigatorio a partir do próximo 10 de novembro.

Abarcaranse temas tan diferentes como a correcta sectorización e compartimentación, a avaliación e o cálculo das cargas de lume, as vías acreditadas para prescribir adecuadamente a resistencia EI e reacción de solucións construtivas en interior e exterior, a análise da configuración espacial particular de cada edificio ou establecemento e a idoneidade do seu deseño para unha evacuación segura, así como a xustificación da resistencia R das estruturas ante o lume.

Ademais das particularidades do uso residencial vivenda, existen os distintos usos terciarios (centros de educación infantil, turísticos, comerciais, hospitalarios ou o novo uso almacén) que requiren coñecer con detalle e en profundidade o BD para poder proceder axeitadamente, tanto para a súa asimilación aos usos regulados polo DB, así como para determinar o alcance das esixencias do documento para cada un deles.

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 12/10/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 12/10/2025 ata o luns 27/10/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de 

Últimas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Últimas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Quedan poucas prazas dispoñibles para os obradoiros presenciais de Ricardo Orts, titulados: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo.

Nestes obradoiros, o arquitecto e artista dixital Ricardo Orts amosará como aplicar a intelixencia artificial á creación de imaxes e vídeo. A través de exemplos e metodoloxías avanzadas, exploraremos ferramentas que se poderán incorporar ao traballo diario en arquitectura e deseño.

Este encontro dá continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio. Podedes acceder á gravación no seguinte enlace:

[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo].

Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 21 de setembro ás 23:59.

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Curso de Fundamentos da construción con madeira

Curso de Fundamentos da construción con madeira

O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Faremos un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas construtivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade y deseño de detalles.

Trátase dun curso introdutorio que se complementará con outro sobre construción con elementos prefabricados de madeira: armazón lixeiro e CLT, que dará comezo en outubro de 2025.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 07/09/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 07/09/2025 ata o domingo 14/09/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Escola de Opositores COAG – Enquisa Interese

Escola de Opositores COAG – Enquisa Interese

Escola de Opositores COAG – Curso 2025 – 2026

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a preparar a posta en marcha dunha Escola de Opositores, un programa formativo exclusivo para colexiados, pensado para aquelas persoas que desexen preparar oposicións no ámbito da arquitectura e da función pública. Trátase dunha iniciativa estruturada e rigorosa, orientada a proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos.

A posta en marcha desta Escola dependerá, en última instancia, de que exista unha demanda suficiente entre os colexiados que permita facela viable. Para poder estimar esta demanda, poñemos ao voso dispor esta enquisa, que che pedimos que cubras no caso de que esteas interesado en participar nesta iniciativa nas condicións que expoñemos a continuación. Así, a formación da Escola de Opositores estará condicionada ao interese detectado a través de esta enquisa. A data límite para trasladarnos o teu interese é o próximo luns, día 15 de setembro.

O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual, no que desde a Administración estanse a facer importantes esforzos na posta en marcha de medidas encamiñadas a axilizar e mellorar a tramitación administrativa dos diferentes procedementos relacionados co urbanismo e a edificación. Así,

  • Búscase apoiar aos colexiados que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.
  • Búscase, ademais, apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimo para as funcións que van desempeñar. 

A Escola de Opositores COAG estará coordinada por catro profesores, especialistas nas diferentes materias. Dous deles serán arquitectos e os outros dous serán xurídicos.

Desde a escola, os profesores encargaranse de elaborar un temario propio, que se poñerá ao dispor dos alumnos de maneira gradual, a medida que se vaia avanzando nos contidos.

Sobre os contidos proporcionados, levarase a cabo un control e seguimento personalizado, presencial e con periodicidade semanal, mediante exercicios ben orais, ben escritos e casos prácticos para a súa resolución polos alumnos, que garantan que os alumnos conseguiron o nivel óptimo en cada un dos temas propostos.

Traballarase en grupos reducidos, cun profesor responsable de cada grupo e cun máximo de 6 alumnos por grupo.

O período lectivo desta primeira etapa da Escola de Opositores COAG desenvolverase entre novembro de 2025 e xullo de 2026

Esta escola exponse con vocación de continuidade, de maneira que cada ano póidase apoiar a unha nova xeración de colexiados na preparación das probas de acceso á administración.

Ademais dos obxectivos inicialmente expostos, estamos convencidos de que é unha ferramenta moi valiosa para xerar sinerxias e sobre a que apoiar proxectos de colaboración e coordinación de criterios tan demandados e necesarios para dar axilidade e seguridade xurídica aos procedementos.

Modalidade e localización

  • Presencial. Na sede do COAG en Santiago de Compostela.
  • Sesións dous días á semana pola tarde, cunha duración de 3 horas por sesión (previsión de luns e martes pola tarde, pendente de confirmar).

Calendario

  • De novembro a xullo (datas exactas por confirmar)

Prezos

  • Matrícula inicial:
    • 800 € para colexiados/as subscritos/as á formación
    • 1100 € para colexiados/as non subscritos/as
  • Cota mensual:
    • 200 € para colexiados/as

No caso de que esteas interesado en matricularte na Escola de Opositores COAG 2025-2026, e queiras que te avisemos no momento no que se publique a programación e no momento no que se abra a matrícula, por favor enche o seguinte formulario. [Enquisa interese]

Cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Fin de Prazo de matriculación

Cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Fin de Prazo de matriculación

O mércores 10 de setembro, ás 23:55 h, remata o prazo para matricularse dos cursos de Revit e Archicad nivel intermedio.

Estes cursos desenvólvense en modalidade totalmente en liña.

Lembrámosvos que os colexiados matriculados no curso de iniciación de 2024 terán un desconto do 35% para a matrícula do nivel intermedio.

(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.

Revit_nivel intermedio: [+ matriculación e programa completo do curso]

Archicad_nivel intermedio[+ matriculación e programa completo do curso]

Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Advertencia
A celebración dos cursos está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade dos mesmos. En caso contrario, comunicarase a cancelación dos cursos e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

[COAGAxuda] Lista aberta de colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra

[COAGAxuda] Lista aberta de colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra

No 2017, ante a vaga de incendios que sufriu Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do seu compromiso social, puxo en marcha un proceso para apoiar as familias que o necesitasen. Este verán de 2025 repítese a situación e de novo toda Galicia, en especial a provincia de Ourense, está a sufrir unha devastación inasumible. Os danos son irreparables e de novo reiteramos a necesidade de prevención para non sufrir esta traxedia cada poucos anos. En calquera caso, de novo todos/as os/as que formamos parte deste colectivo queremos estar a disposición do país. 

Trasladamos comunicado institucional ante a nova vaga de incendios forestais en Galicia e no Estado.

Polas razóns expostas, habilitase unha lista aberta de colexiados/as dispostos/as a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra baixo a denominación “quenda COAGAxuda” de voluntariado de arquitectos.

O obxectivo é posibilitar a prestación de servizos en materia de voluntariado por parte dos profesionais colexiados no COAG e inscritos nela aos cidadáns e/ou entidades públicas e/ou privadas que o soliciten.

Esta colaboración realizarase a través das administracións públicas, debendo as persoas afectadas interesadas dirixirse ao seu concello para realizar as solicitudes. As administracións públicas, para solicitar a axuda, deberán utilizar o seguinte formulario:

O Colexio exerce de mediador entre os Concellos e demais entidades públicas que requiran a colaboración de arquitectos, consistente na elaboración de traballos que comprenderán inspeccións e revisións de construcións, informes e traballos de estilo similar. En ningún caso, se atenderán por esta canle encargos consistentes en proxectos ou encargos de similar complexidade ou responsabilidades.

En resumo, trátase dunha iniciativa colexial que pretende canalizar a solidariedade dos colexiados interesados en colaborar voluntaria e desinteresadamente cos Concellos afectados, sen que os colexiados aos que se lle asignen encargos cobren honorarios pola colaboración.

read more…

Último mes matrícula anticipada con desconto do Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Último mes matrícula anticipada con desconto do Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Xa comenzou o último mes para realizar a matrícula anticipada no obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo

Este obradoiro será presencial en Santiago de Compostela os días xoves 2 e venres 3 de outubro en horario de 10:00-14:00 e 15:30-19:30. Na sede do COAG, Praza da Quintana, 1, 3º, Santiago de Compostela.

O arquitecto e artista dixital, Ricardo Orts, ensinaranos a empregar a intelixencia artificial para a creación de imaxes e vídeo, nun obradoiro práctico presencial, no que coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.
Este obradoiro da continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio, podedes acceder á gravación na seguinte ligazón:

[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo]

Obradoiro_Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo:

[+ matriculación e programa completo do curso]

Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante do 28% para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 5 de setembro ás 23:59.

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Técnico competente para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos edificios

Técnico competente para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos edificios

O pasado 23 de xullo publicouse no BOE o Real Decreto 659/2025, do 22 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, onde se adecúa a figura do técnico competente a un modelo baseado nos coñecementos e as cualificacións profesionais necesarias para a elaboración dos certificados de eficiencia enerxética.

O real decreto introduce como variables para acreditarse como técnico competente a formación e os coñecementos adquiridos, distinguindo entre persoas con titulación universitaria e persoas con titulación de Formación Profesional ou certificado profesional, requirindo a presentación dunha declaración responsable antes do inicio da actividade. Así mesmo, este real decreto introduce o requisito de complementar os coñecementos adquiridos, en función da titulación obtida, mediante un curso de formación composto de dous módulos (módulo 1, de coñecementos técnicos básicos necesarios, e módulo 2, de coñecementos específicos e administrativos relacionados coa certificación da eficiencia enerxética nos edificios). Esta división en módulos permite cursar unicamente un dos módulos, se a titulación ou certificado profesional permite acreditar os coñecementos do outro módulo.

Así mesmo, créase o Rexistro Administrativo Centralizado de Técnicos Competentes, onde estarán rexistrados todos os técnicos competentes acreditados para a certificación da eficiencia enerxética nos edificios. O órgano competente de cada comunidade autónoma que decida utilizalo será o encargado de inscribir a cada técnico competente dándolle de alta e borrar aos que causen baixa, mentres que o órgano competente que decida non utilizalo deberá poñer, mensualmente, ao dispor da Dirección Xeral de Planificación e Coordinación Enerxética do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o rexistro autonómico actualizado de técnicos competentes. 

Por último, este real decreto deroga o Real Decreto 891/1980, do 14 de abril, sobre homologación dos paneis solares, como consecuencia da aplicación das políticas de Novo Enfoque, Enfoque Global e finalmente, o Novo Marco Lexislativo que desenvolveron a libre circulación de mercadorías dentro do territorio da Unión Europea.

Ligazón ao Decreto

Ligazóns de interese en materia de urbanismo e contratación en Galicia

Ligazóns de interese en materia de urbanismo e contratación en Galicia

Ligazóns de interese de ditames, recomendacións, instrucións e acordos emitidos pola Xunta Consultiva en materia de Urbanismo e de Contratación da Xunta de Galicia, así como ligazón ao buscador de Textos Consolidados da Lexislación aprobada polo goberno de Galicia.

Axudas do programa Fogar Vivo para 2025

Axudas do programa Fogar Vivo para 2025

O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufructuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de aluguer a través dunha renda asequible.

O Programa establece as seguintes axudas:

a) Unha axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de falta de pagamento de rendas e/o seguros multirrisco de fogar.
b) Unha axuda para a adecuación e reparación da vivenda.
c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillos/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grao de discapacidade recoñecida.

Na execución de obras de adecuación e reparación das vivendas considéranse subvencionables as seguintes actuacións:

a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/o para a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda.
d) Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno, lavalouzas e campá extractora.
e) Cambio de sanitarios, lavadoras, bañeira e biombos.

A contía máxima das axudas non poderá superar o límite de 16.000 euros por vivenda, consonte a seguinte distribución:

a) Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de falta de pagamento de rendas e/o seguros multirrisco de fogar: de ata 3.000 euros, desagregados en importes anuais de ata 600 euros, no caso de que a persoa arrendadora sexa unha persoa física, ou de ata 428 euros, no caso de que sexa unha persoa xurídica.
b) Axudas para a adecuación e reparación das vivendas: en función do investimento realizado, terá os seguintes importes:
   – Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80 % do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.
   – Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partir do investimento de 6.250 euros, ou a parte proporcional, en función do investimento realizado e dos gastos xustificados.
c) Axuda vinculada: 2.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14.00 horas do 30 de outubro de 2025.

INFO 
DOG 
VI426F 
VI426G 

Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie esixible da parcela á construción e uso autorizado

Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie esixible da parcela á construción e uso autorizado

Circular interpretativa ditada pola Dirección Xeral de Urbanismo en colaboración co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie da parcela á construción e uso autorizados esixida no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, relativo ás condicións xerais das edificacións no solo rústico.

Lembramos que todos os informes sobre aplicación e interpretación da normativa urbanística emitidos pola Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, están publicados no Portal de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia e poden consultarse na seguinte ligazón:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es/xunta-consultiva/informes-instrucions-estudos/relacion-informes-publicados

Acceso á circular

Informe sobre a evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024

Informe sobre a evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou o pasado 8 de xullo o informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024’, nun acto celebrado na sede colexial da Praza da Quintana en Santiago, presentado polo decano e pola secretaria.

O decano explicou que, coa presentación deste informe, o COAG recupera unha das súas liñas de información máis recoñecidas socialmente e con maior tradición, e reivindica o seu papel como fonte principal e fiable de información sobre a actividade construtiva e urbanística de Galicia que afecta ao conxunto da sociedade, coa finalidade de que a cidadanía, as administración públicas e os sectores produtivos poidan opinar e forxar un criterio para planificar, a partir da súa análise, estratexias a medio e longo prazo.

No período 2019-2024 visáronse en Galicia 8.415 vivendas colectivas e 9.518 vivendas unifmiliares, sumando entre as dúas tipoloxías 17.933 vivendas de nova planta nos seis últimos anos (Por provincias: A Coruña: 4.072 colectiva e 4.460 unifamiliar, total: 8.532; Lugo: 619 colectiva e 671 unifamiliar, total: 1.290; Ourense: 386 colectiva e 911unifamiliar, total: 1.297; e Pontevedra: 3.338 colectiva e 3.476 unifamiliar, total: 6.814). 

En concreto, o decano sinalou que estes datos marcan unha certa tendencia á estabilización, alcanzando en 2024 o máximo dos últimos dez anos ao visar 3.484 vivendas de nova planta. 

As vivendas visadas en 2024 son un 164 % máis que as de 2014, pero só representan un 10 % das visadas en 2004 e un 20 % das visadas en 1994. O decano indicou que, trala burbulla inmobiliaria, non se albiscan trazas de recuperación, pois no mellor dos casos estanse a crear nestes anos en torno ao 15 % da vivendas que se promovían nos peores anos previos á crise. A pesar do incremento dos últimos anos, en Galicia só se constrúe o 10 % das vivendas de fai 20 anos.

Na presentación do informe, o decano asegurou que o período 2019-2024 vén marcado por unha serie de eventos internacionais que alteran directamente as canles de subministro, os mercados financeiros e a economía global, reflectindo a economía local as súas consecuencias.

Así, o decano sinalou que, fronte á situación previa á pandemia, houbo un crecemento dos visados nos anos 2021 e 2022, e xa no 2023 produciuse unha baixada da vivenda colectiva, coa perda do 31 % do aumento das vivendas visadas dos dous anos anteriores, seguramente polo efecto diferido non tempo do sucedido nos meses da pandemia, con retrasos administrativos e a contención do investimento. Seguindo coa vivenda colectiva, indicou que esta tipoloxía volveu repuntar en 2024 un 40 % respecto ao promedio do 2019-2023, un efecto máis pronunciado debido a desenvolvementos concretos, a pesares do incremento substancial que sufriu o prezo dos materiais de construción desde 2021, cun promedio agregado da suba en 2024 do 29 %, con picos de aumento do 70 %

En canto á vivenda unifamiliar, o decano atribuíu a súa suba entre 2020 e 2022 ao “efecto pandemia” na poboación, e o seu descenso nestes dous últimos anos pola suba dos custos dos materiais de construción.

A pesar do incremento do número de vivendas iniciadas en Galicia nos últimos anos, segundo datos do Observatorio da Vivenda de Galicia, que a vivenda protexida representa menos do 5 % do total do construído.

Ademais dos datos correspondentes aos últimos seis anos, organizados por provincias e comarcas, o informe ofrece unha análise da evolución do visado de vivenda de nova planta no primeiro semestre de 2025, cun aumento do visado do 19 % da vivenda total de nova planta, un 26 % correspondente á vivenda colectiva e un 6 % á vivenda unifamiliar. Os datos reflicten o pulo do eixo atlántico e un crecemento dos concellos limítrofes, liderado polas sete cidades e as cabezas de comarca.

Outro aspecto que analizou o decano foron os prazos de terminación das obras que impiden dar unha resposta áxil á demanda de vivendas. Segundo matizou, o avultado número de vivendas con visado e sen Certificado Final de Obra pode ser unha oportunidade para completar o parque edificatorio de Galicia, a pesar de que a media entre o visado dunha vivenda e o remate da mesma e de máis de tres anos. Pero salientou que, actualmente en Galicia, hai máis de 50.000 vivendas que teñen o visado, pero non se chegaron a rematar, na maioría dos casos, pola crise, en concreto unhas 35.000 vivendas.

O informe completo pode consultarse no seguinte ENLACE

#COAGconta: Programa segundo semestre 2025

#COAGconta: Programa segundo semestre 2025

Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo – decembro], á que iremos engadindo novidades.

Como sabedes, #COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter a información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.

Nesta [+ligazón] podes consultar a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.

Recordámosvos así mesmo que as gravacións dos @COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web, á que tamén se pode acceder a través do panel de servizos colexial (sección de formación).

Convocatoria do programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos en edificios. 2025

Convocatoria do programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos en edificios. 2025

No DOG do 30 de xuño de 2025, apareceu a RESOLUCIÓN da Axencia Instituto Enerxético de Galicia do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) que inclúe o programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Seguindo a líña de edicións anteriores do Programa MOVES, apróbanse dous programas de incentivos destinados a promover a movilidade eléctrica:

Programa de incentivos 1: Programa para o fomento de adquisición de vehículos eléctricos.

Programa de incentivos 2: Programa de apoio ao despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.


 

Programa de implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos.

Las ayudas del programa 2 para implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos se podrán solicitar hasta el 31 de diciembre de 2025, o hasta agotamiento del crédito; la tramitación será electrónica por procedimiento de concurrencia no competitiva.

Podrán ser beneficiarios de las ayudas:

– Los propietarios o usufructuarios.
– Las personas físicas que desarrollen actividades económicas (autónomos).
– Las personas físicas mayores de edad (particulares), a excepción de los casos de discapacidad, que podrán ser menores de edad.
– Las comunidades de propietarios.
– Las personas jurídicas y otras entidades, con o sin personalidad jurídica, cuyo NIF comience por las letras A, B, C, D, E, F, G, J, R o W. También las entidades de conservación de polígonos o sociedades agrarias de transformación cuyo NIF comience por V.
– Las entidades locales.

Las ayudas son para los siguientes usos:

– Uso residencial vivienda, incluidas las viviendas unifamiliares.
– Uso público en otros sectores: aparcamientos públicos, hoteles, centros comerciales, universidades, hospitales, polígonos industriales, centros deportivos, etc.
– Uso privado y público en zonas de estacionamiento de empresas privadas y públicas, para dar servicio a trabajadores, clientes y a su propia flota.
– Uso público en vía pública, ejes viarios urbanos e interurbanos.
– Uso público en red de carreteras, siendo de especial interés la infraestructura de recarga en estaciones de servicio y gasolineras.

Las actuaciones para la mejora de la accesibilidad que se subvencionan son las siguientes:

– Los sistemas de recarga de baterías para vehículos eléctricos en la modalidad de adquisición directa.
– Las canalizaciones necesarias para disponer de la preinstalación eléctrica y de servicio de comunicaciones para dotar de recarga inteligente a la recarga vinculada de vehículo eléctrico, en el caso de comunidades de propietarios.

La cuantía máxima de las ayudas no podrá superar los siguientes límites:

Para administración con actividad económica se aplicarán las intensidades de ayuda que correspondan según se asimilen a pequeñas, medianas o grandes empresas.

El coste subvencionable podrá incluir:

– Coste de ejecución de las obras
– La infraestructura de recarga
– Trabajos de conexión de la instalación
– La adecuación de terrenos o carreteras
– Los costes de instalación
– Los costes por permisos
– La unidad de producción renovable o almacenamiento local
– Coste de ingeniería, incluyendo el proyecto y la dirección de obra
– El sistema de pago integrado, la señalización de las estaciones de recarga y el sistema de gestión, control y seguridad
– La preinstalación eléctrica, en el caso de aparcamientos colectivos en edificios existentes de régimen de propiedad horizontal
– Los sistemas de gestión de la carga de los vehículos eléctricos

No estando incluidas las unidades de producción de energía renovable conectadas a la red, ni la instalación de contadores inteligentes.

El plazo de ejecución de las actuaciones en ningún caso podrá exceder del 31 de diciembre de 2026.


NOTA: La información que se considerará oficial a todos los efectos será la publicada en los boletines oficiales indicados a continuación.

Bases reguladoras: Real Decreto-ley 3/2025
                                   Real Decreto 266/2021
Convocatoria: Resolución de 26 de junio
                          Resolución de 26 de julio
Página de información del INEGA: Página web
Página de información del IDAE: Página web
Sede electrónica para solicitar la ayuda: Sede

Información a los interesados:
www.inega.gal
inega.info@xunta.gal
981 54 15 00