Presentación da Área de Concursos COAG
Nesta sección accédese ao servizo da «Oficina de concursos», que se pon a disposición dos colexiados para informar, apoiar e defender os intereses do arquitecto nos concursos de proxectos, así coma noutros procedementos de contratación de servizos de Arquitectura que se convocan polas Administracións Públicas e por promotores privados.
O servizo consiste, dun xeito resumido, en:
- Ofrecer información de procedementos de contratación de entidades públicas, así como de concursos e premios convocados por entidades privadas e asesoramento técnico e xurídico ao arquitecto nesta materia, a través da Plataforma de Concursos do «Consejo Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE)».
- Realizar a labor de seguemento e control dos concursos convocados polas Administracións Públicas no ámbito galego e publicados na Plataforma de Concursos do CSCAE.
- Colaborar, no ámbito autonómico, coas Administracións Públicas e entidades privadas na convocatoria de concursos de arquitectura, coa vocación de servir de plataforma permanente de diálogo, traballo e intercambio de propostas que contribúan a garantir os dereitos dos arquitectos nestes procedementos.
- Ofrecer un servizo telemático de consultas para asesorar ao arquitecto dun xeito personalizado. As consultas e/ou observacións máis frecuentes e as súas respostas serán publicadas de forma anónima neste espazo en beneficio de todos os colexiados.
Pode contactar coa oficina de concursos no enderezo: concursos@colexiodearquitectos.org
Servizos
Enlaces



Últimas novas de concursos
Últimos días_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta...
Ampliación do prazo_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta...
Visita de inspección aos terreos do concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
A teor da cláusula 6 das bases administrativas e técnicas para a convocatoria dun concurso de proxectos con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para levar a cabo a construción dun novo edificio de equipamento cultural, destinado principalmente á música e...
Concurso de proxectos, con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
Publicada na Plataforma de Contratación do Estado a Convocatoria do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para o...
Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) – Apertura de sobre nº 1
Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta "XEITO 8", dos arquitectos Rodrigo Martínez García e Arturo Menduiña Hernández da sociedade Baile Menduiña, S.L.P. Así, as...
Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)
Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 7 de maio, a Finalización da Fase 2 deste concurso de proxectos. Pode consultarse no seguinte enlace (no epígrafe "Mesas", dentro da sección "Datos da mesa 3", no documento Ditame das valoracións):...