O xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo e Ignacio Soto González, Arquitecto Municipal do Concello de Teo, continuarán a explicarnos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento.
Podes acceder a gravación da primeira parte, picando na seguinte [+ ligazón]
(Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento)
Para acceder á Lei de acompañamento, pica na seguinte [+ ligazón]
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
