Curso básico de inspección de instalacións en edificios existentes

20 Abr 2026

A inspección técnica é unha fase esencial dentro do proceso de conservación dos edificios. No caso das instalacións de edificios, ás veces as súas normativas específicas requiren, pola súa natureza, un control periódico especializado, pero noutras, como as instalacións eléctricas, de iluminación, de auga, evacuación, etc, non se regula dita inspección.

Ademais, a avaliación do estado de conservación das instalacións dos edificios (agás aquelas que requiran, segundo a súa propia normativa, unha inspección técnica específica) está incluída no ámbito legalmente definido polo Informe de Avaliación de Edificios [IAE].

Durante o curso abordaremos unha metodoloxía sinxela para a inspección técnica das instalacións, baseada principalmente na inspección visual dos seus compoñentes, dende ciriterios de seguridade e funcionalidade. Esta metodoloxía básica servirá para abordar a inspección técnica das instalacións, tanto con fins de mantemento como no contexto dos Informes de Avaliación de Edificios (IAE).

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 90 euros
  • Arquitectos colexiados: 40 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.

O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 29/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 29/04/2026 ata o luns 11/05/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]  

Coa colaboración de 

Compartir