Formación: presentación
O servizo de formación ten como obxectivo principal a actualización e especialización técnica dos arquitectos, ofrecéndolles a posibilidade de alcanzar un alto grao de cualificación para o desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, tanto se queres poñerte ao día sobre o teu exercicio profesional coma se queres acceder a novos ámbitos de traballo máis especializados, este servizo ofréceche a posibilidade de formarte cos mellores expertos en cada materia.
O programa das actividades de formación preséntase durante o mes de setembro e desenvólvese durante todo o ano lectivo. Este inclúe:
Cursos e xornadas presenciais: actividades formativas dirixidas á actualización e especialización profesional.
Cursos on-line: servizo de formación a distancia para cursos on-line a través da «plataforma moodle».
Outros cursos e colaboracións: accións de formación que o Colexio convenia ou co-organiza xunto con outras agrupacións, entidades ou organismos.
Charlas técnicas: actividades informativas orientadas á actualización e mellora da cualificación respecto aos produtos, sistemas, ferramentas e materiais existentes no mercado.
Visitas técnicas: percorrido guiado polas instalacións das empresas do sector da construción, co fin de aumentar o intercambio de coñecementos entre arquitectos e empresas a partir dos distintos materiais, procesos e solucións.
A calidade do noso servizo de Formación permitiunos:
- Ser operador oficial do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na «Escola en Rede»
- A homologación como provedores de formación profesional continua pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA).
Accede ao Programa actual de Actividades Formativas do Colexio de Arquitectos: