O Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG

9 Mar 2026

A partires do día 9 de marzo o Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 9 de marzo, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica visada/rexistrada para incorporala á tramitación municipal.

Como funciona este servizo?

Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo(s), para que se indique(n) na solicitude. A partires dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se produza.

Como autorizan a descarga os arquitectos redactores?

A autorización da descarga polos arquitectos pode activarse no COAGEstudio, desde a ficha do traballo-> enviar ao concello. Premendo na configuración de usuario pódese activar por defecto a autorización nos traballos que se tramiten nos concellos co servizo activo.

Como se realiza a autorización do promotor?

Só é preciso consignar nos formularios de solicitude de licencia e outras autorizacións (presenciais ou online) os traballos profesionais correspondentes (número de expediente COAG e número(s) dos traballo(s)). O proceso de autorización na sede do Concello de Ourense pódese visualizar neste vídeo.

É importante lembrar que, ademais do código de expediente, se deben autorizar e consignar todos os traballos para os que se autoriza a descarga. Por exemplo, si se atopan visados/rexistrados no COAG, dentro do expediente 200000, os traballos 2 (proxecto de execución), (3) folla de estatística, (4) oficio de dirección, consignaríanse na solicitude o número de expediente 200000 e os traballos 2,3,4.

En que concellos está dispoñible o servizo de interoperabilidade?

Actualmente, o servizo está dispoñible nos 86 concellos recollidos nesta listaxe.

Compartir