Fixemos un cambio na comunicación das xornadas de #COAGConta, co fin de facela máis eficiente. Así, en diante, non recibiredes correos individuais por cada COAGConta, senón un único correo a principios de cada mes coa programación mensual e as súas ligazóns de inscrición. Ademais, manteremos a publicación no boletín semanal, que pasará a enviarse os martes.
#COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Con estas novidades, Informámosvos a continuación das xornadas programadas para este mes de maio e un avance dos meses sucesivos, ás que poden irse engadindo actualizacións.
PROGRAMACIÓN MAIO
- 06/05 _ Patoloxía de forxados de formigón armado
- 19/05 _ Catastro (Formación no marco da semana da administración aberta)
- 20/05 _ Caso de éxito. Vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional. Cierto Estudio
SEGUINTES
- (pendente de confirmar) 03/06 _ A rexeneración urbana de territorios en crises
- 17/06 _ Caso de éxito. Prefabricación: 40 vivendas de VPA en Xuxán. VIER
- 08/07 _ Aplicación da IA con Fredy Fortich de MVRDV
- 22/07 _ Eficiencia enerxética. Análise de casos reais de amortización de implementación de paneis fotovoltaicos nunha nave industrial e unha residencia de anciáns.
A inscripción nas distintas xornadas pode facerse dende esta [+ligazón].
Aquí podes consultar a información completa relativa ós #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.
Lembrámosvos así mesmo que as gravacións dos @COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web, á que tamén se pode acceder a través do panel de servizos colexial (sección de formación).
Coa colaboración de ![]()
