Fallo do Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña)

19 Feb 2026

Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 19 de febreiro, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta “Beiras da Caramiña”, da arquitecta María Fandiño Iglesias e LANDLAB, laboratorio de paisaxes SLP.

O xurado valorou a delicadeza da actuación cunha aproximación moi coidada entre as distintas escalas de traballo nunha proposta mesurada e viable. Destaca pola integración do tecido existente mesturándoo a cada paso de xeito perpendicular coa linearidade da fronte marítima, conseguindo que esa fachada penetre no interior do tecido histórico. Mantén unha imaxe integradora da identidade da vila sen renunciar a potencia da actuación.

Este proceso foi promovido polo Concello da Pobra do Caramiñal, coa coordinación técnica da Fundación RIA, o apoio administrativo do COAG e o financiamento da Fundación MOP.

Así, as propostas gañadoras foron:

PREMIO LEMA IDENTIDADE E EQUIPO
Primeiro Premio
(20.000 €)
BEIRAS DA CARAMIÑA Autora: María Fandiño Iglesias.
Sociedade: LANDLAB, Laboratorio de paisaxes, SLP.
Dirección de proxecto: Miriam García García.
Colaborador: Jordi MIró Rábago.
Segundo Premio
(8.000 €)
ENMALLE E TRALLA Autor: Javier Rocamonde Lourido.
Sociedade: UNDER PROJECT LAB SCP.
Dirección de proxecto: Anna Gutiérrez Merín.
Colaboradores: María Fernanda Pierre Bellodi, Rocío Cejudo Fernández, Aurora Gil Méndez, Gloria Carolina Fiallo Cardona y María Alejandra Román Mantilla.
Terceiro Premio
(5.000 €)
A UN PASO DEL MAR Sociedade autora da proposta: Rodríguez + Pintos arquitectos SLP.
Dirección do proxecto: Santiago Pintos Pena.

PRIMEIRO PREMIO: BEIRAS DA CARAMIÑA

PANEL: Beiras da Caramiña_Paneis

SEGUNDO PREMIO: ENMALLE E TRALLA

PANEL: Enmalle e tralla_Paneis

TERCEIRO PREMIO: A UN PASO DEL MAR

PANEL: A un paso del mar_Paneis


 

FALLO DO XURADO

ENLACE PLATAFORMA DE CONTRATACIÍON DEL ESTADO

Compartir