O vindeiro martes 19 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG organiza con Catastro unha nova sesión formativa centrada no Catastro como infraestrutura básica de información territorial.
Esta xornada inscríbese dentro dos actos da Semana da Administración Aberta 2026, unha iniciativa internacional impulsada pola Alianza para o Goberno Aberto. No noso país, a organización corre a cargo da Dirección Xeral de Gobernanza Pública do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
[Ligazón de seguimento en directo]
Programa da sesión
1. Nocións básicas do Catastro
- Que é o Catastro?: Definición, contido, competencias e ámbito das mesmas. Os bens inmobles no Catastro.
- Cales son os fins do Catastro?: Orixe e propósitos iniciais. Fins e funcións actuais:
- Fiscalidade inmobiliaria: valor catastral e valor de referencia.
- Base de datos inmobiliaria: acceso á información catastral.
- Trascendencia dos datos catastrais no mundo inmobiliario.
2. Como se mantén o Catastro?
- Procedementos catastrais:
- Actualización permanente dos datos catastrais.
- Rectificación dos erros existentes.
- Trascendencia dos cambios na valoración.
- Trámites administrativos.
- Notarios e Rexistradores.
- Ferramentas da Sede Electrónica do Catastro.
3. Labor do técnico no tráfico inmobiliario e canles para a resolución de dúbidas.
Sobre a Semana da Administración Aberta (SAA)
O obxectivo primordial desta iniciativa, que este ano se celebra do 18 ao 24 de maio, é achegar a Administración á cidadanía. É unha oportunidade para coñecer de preto os recursos e ferramentas públicas dispoñibles para os profesionais e o público xeral. Como referencia do éxito desta convocatoria, na edición de 2025 celebráronse case 1.800 eventos en todo o territorio nacional.
Contido da formación
A sesión afondará na importancia estratéxica do Catastro para a xestión do territorio, ofrecendo aos colexiados as claves técnicas e administrativas para optimizar o uso desta infraestrutura de información na súa práctica profesional.
Detalles do evento
- Data: Martes, 19 de maio de 2026.
- Hora: 12:00 h (Duración aprox. 90 min).
- Formato: en liña
Ligazóns de interese:
- [Ligazón de seguimento en directo]
- Páxina oficial da Semana da Administración Aberta
- Presentación e balance da SAA 2025 (PDF)
Colabora 
