Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Axudas do programa Fogar Vivo para 2025

O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufructuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de aluguer a través dunha renda asequible. O Programa establece as seguintes axudas: a)...

Resultado eleccións AGAU

Resultado eleccións AGAU

Tal e como se informa na Circular 15 2024, publícase o Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG.

Inauguración da mostra Nova Arquitectura Galega na ETSAC

Inauguración da mostra Nova Arquitectura Galega na ETSAC

O vindeiro mércores 2 de outubro vaise inaugurar na Escola de Arquitectura de A Coruña a primeira itinerancia da mostra Nova Arquitectura Galega.

Será un acto sinxelo no que, en compañía do director da Escola, D. Miguel Abelleira Doldán, terá lugar un coloquio/presentación informal das persoas seleccionadas na mostra.

  • Lugar: Salón de Actos, planta 0. Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Campus da Zapateira, s/n. A Coruña
  • Hora: 13,00 horas.
Plan de formación último cuatrimestre 2024

Plan de formación último cuatrimestre 2024

En relación coas actividades formativas propias do COAG, atópanse dispoñible para os colexiados a información sobre as liñas temáticas e planificación de accións formativas para o último cuatrimestre do 2024.

A programación das xornadas de asesoramento, pola propia natureza dinámica destas actividades, non se inclúe neste documento e será trasladada puntualmente a través dos medios habituais.

Asinada a renovación do convenio do ProxectoTerra para 2024-2026

Asinada a renovación do convenio do ProxectoTerra para 2024-2026

O pasado 7 de setembro, a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia renovaron a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe.

O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€. read more…

Información sobre a Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ)

Información sobre a Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ)

Tal e como se indica na Circular 14 2024, ofrécese información sobre a Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ) e sobre o posicionamento do CSCAE respecto da eventual reforma do Réxime Xurídico das Mutualidades de Previsión Social

Entre as plataformas de profesionais creadas para reivindicar ante a administración unha pasarela ao RETA, que poida garantir unhas xubilacións dignas para cada unha das profesións, infórmase que o pasado mes de maio un grupo de mutualistas de HNA, crearon a Asociación Nacional de Arquitectos Mutualistas (ANMARQ).

ENLACE A LA CIRCULAR.

Resultado eleccións AGAU

Eleccións AGAU 2024: censo electoral

Conforme ao previsto na circular 11/2024, lémbrase que o vindeiro 17 de outubro de 2024 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG. 

Nesa mesma circular, indícase que son electores todas as persoas colexiadas inscritas na Agrupación na data da convocatoria e non suspendidas nos seus dereitos e que, convocada unha elección, as listas de electores poñeranse de manifesto, á disposición de tódolos agrupados, para a formulación de reclamacións sobre inclusións ou exclusións.  read more…

Convocatoria 2024 do programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios. PRAZO PECHADO

Convocatoria 2024 do programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios. PRAZO PECHADO

No DOG do 7 de agosto de 2024, aparece a RESOLUCIÓN da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 26 de julio de 2024 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a execución de actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) (código de procedemento AP400C).

read more…

#COAGconta: Programa segundo semestre  [actualización]

#COAGconta: Programa segundo semestre [actualización]

Actualizouse a programación do #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo-decembro], coa incorporación dunha nova sesión que terá lugar o 12 de setembro sobre “Criterios de accesibilidade”.

#COAGconta é unha canle a través do que os colexiados poden obter a información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.

Nas seguintes ligazóns podes consultar a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación. [+programación cas] [+programación gal] 

Curso “Acústica na arquitectura”

Curso “Acústica na arquitectura”

O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos e criterios prácticos necesarios para o acondicionamento acústico das edificacións. Para iso, desenvolverase tanto a definición proyectual, as solucións construtivas e o cumprimento das esixencias normativas como a execución das solucións e o control da obra executada, tanto en obra nova como en intervencións sobre edificacións existentes, rehabilitación acústica e actividades.

Por iso, durante o desenvolvemento do mesmo profundaremos nos fundamentos físicos do son, os diferentes sistemas construtivos e especialmente, a influencia dos illamentos e o seu comportamento fronte ao son e as vibracións. Ademais, analizaremos o marco normativo e a súa aplicación ás obras de construción, e expoñeremos os sistemas de ensaio dispoñibles e máis habituais para os distintos tipos de ruído.

Como conclusión de todo o anterior, estudaranse varios casos prácticos de execución de illamento acústico e de sistemas de control de ruído en edificación.

Prezos de matrícula

    • Matrícula ordinaria: 130 euros
    • Arquitectos colexiados: 65 euros
    • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

Metodoloxía

    • Flexibilidade para o alumno.
    • Enfoque práctico.
    • Fomento da participación.
    • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.
    • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 05/09/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
    • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 05/09/2024 ata o luns 16/09/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]

Fichas de inspección técnica de edificios de vivendas

Fichas de inspección técnica de edificios de vivendas

Actualizadas 23 | 07 | 2024   O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elaborou as presentes fichas co fin de proporcionar aos seus colexiados un protocolo de inspección visual que facilite a toma de datos in situ para a redacción do Informe de Avaliación de Edificios -IEE-, en función do esixido na súa normativa básica, e do Libro do Edificio Existente -LEE-, segundo os programas de axuda ás actuacións de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Fichas de inspección IEE aquí 

Fichas de inspección LEE aquí 

Concurso de proxecto, a nivel de anteproxecto para rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia

Concurso de proxecto, a nivel de anteproxecto para rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia

Publicada na Plataforma de Contratación do Estado a convocatoria para a rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia (provincia de Ourense) no que colaborou o COAG.

  • Orzo base de licitación sen impostos: 35.861,09 EUR.
  • Valor estimado do contrato: 35.861,09 EUR
  • Tipo de Contrato: Servizos
  • Código CPV: 71210000 – Servizos de asesoramento en arquitectura
  • Lugar de Execución: España – Ourense
  • Procedemento de contratación: Concurso de proxectos
  • Tipo de tramitación: Ordinaria
  • Tipo de concurso Aberto
  • Presentación da oferta Electrónica
  • Características do procedemento concurso a nivel de anteproxectos
  • Idioma de Presentación de Oferta: Español – Galego
  • Detalle da Licitación:

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/DcoxCoAwDADABzkEdBM6OOggjoKaRUJbJDatAUvR3-t4cICwAiYqfFDmK5H83pz3KpxC63wmEb8LW85k_wALICC7vghsjZY5LOF-z6LPOKw6YVV3xoDG2H0bPRHs/

Concederanse premios: Si

  • PREMIO. 1º Premio-gañador (a conta) (*) 8.000,00 € e adxudicación do contrato de servizos de redacción do Proxecto Básico e de Execución e Dirección de Obra de Arquitecto.
  • 2º Premio: 6.000,00 €
  • 3º Premio: 4.000,00 €

Data fin de presentación de oferta. 02/09/2024 23:59

Ligazón á Plataforma de Contratación do Estado.

Nova versión comentada do DB-SUA

Nova versión comentada do DB-SUA

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana acaba de publicar este 15 de xullo unha versión do Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade do Código Técnico da Edificación, acompañada de novos comentarios ao obxecto de servir de axuda na aplicación da normativa. Ademais, o pasado decembro, tamén se publicaron versións comentadas dos DB-HS Salubridade e DB-HE Aforro de Enerxía.

web CTE

Nova versión da Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores»

Nova versión da Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores»

Publicación BOE: 13 abril 2024. Sección I, Disposiciones Generales. Mº de Industria y Turismo
Texto aprobado: BOE
Entrada en vigor: 1 de julio de 2024

Los ascensores cuya introducción en el mercado se hubiera efectuado con anterioridad a la entrada en vigor de este real decreto, y no hayan sido registrados con anterioridad, seguirán rigiéndose por las prescripciones del reglamento que les haya sido de aplicación en la introducción en el mercado, y deberán hacer efectivo dicho registro, disponiendo para ello, desde la entrada en vigor del presente real decreto, de un año desde el día siguiente a la publicación del presente real decreto hasta un año después de su entrada en vigor.

En relación con el nuevo Real Decreto se resumen las novedades y cuestiones técnicas más destables:

1. Requisitos más estrictos para la puesta en servicio:
– Se ha actualizado y endurecido la regulación en lo que se refiere a los requisitos técnicos y administrativos necesarios para la instalación y puesta en funcionamiento de nuevos ascensores.
– Se incluyen nuevas especificaciones técnicas para garantizar una mayor seguridad desde el inicio de su operación.

2. Regulación de modificaciones:
– Se han definido claramente las condiciones bajo las cuales se pueden realizar modificaciones en ascensores ya instalados, incluyendo las mejoras de seguridad y adaptaciones tecnológicas.
– Se establecen procedimientos específicos para documentar y validar estas modificaciones.

3. Actualización de los procedimientos de mantenimiento:
– Se establece un plazo para la elaboración de un Plan de mantenimiento.
– Se da un plazo para disponer de instrucciones de uso del ascensor.
– Se han introducido nuevos protocolos de mantenimiento preventivo y correctivo.
– Se especifican las responsabilidades de los propietarios y las empresas mantenedoras con mayor detalle, asegurando una mayor diligencia en la conservación de los ascensores.

4. Inspecciones más frecuentes y detalladas:
– Se aumenta la frecuencia de las inspecciones periódicas obligatorias.
– Se introducen nuevos criterios de evaluación y se exige una mayor rigurosidad en las inspecciones para detectar posibles fallos y asegurar el cumplimiento normativo.

5. Transparencia y registro:
– Se establece la obligación de llevar un registro detallado de todas las actuaciones realizadas en los ascensores, incluyendo las operaciones de mantenimiento, inspecciones y modificaciones.
– Este registro debe estar disponible para las autoridades competentes y puede ser utilizado para mejorar la trazabilidad y el control de los ascensores.

6. Formación y certificación de técnicos:
– Se introducen nuevos requisitos de formación y certificación para los técnicos encargados de la instalación, mantenimiento e inspección de los ascensores. 
– Se busca asegurar que los profesionales del sector estén adecuadamente cualificados y actualizados en las últimas tecnologías y normativas.

7. Medidas específicas para incrementar la seguridad de los ascensores existentes:
– Se han implementado nuevas obligaciones para la actualización de ascensores antiguos, con el objetivo de mejorar su seguridad. (anexo VII).

7.1 Nivelación deficiente. Seguridad y accesibilidad.
a) En el plazo de seis meses, en caso de accidente por falta de nivelación, o cuando se cambie el grupo tractor, deberán realizarse las modificaciones necesarias para conseguir una precisión de parada de al menos ± 10 mm y una precisión de nivelación de ± 20 mm.
b) Cualquier ascensor dotado de accionamiento eléctrico de una velocidad, en el cual se midan durante su inspección periódica obligatoria valores de precisión de parada o de nivelación diferentes a los mencionados en el párrafo anterior, deberá incorporar en el plazo de un año las modificaciones necesarias para garantizar dichos valores.

7.2 Protección del o la usuario/a contra el cierre de puertas durante la entrada o salida de la cabina.
Todos los ascensores equipados con puertas de accionamiento automático deberán incorporar un dispositivo de protección que cubra la apertura desde al menos 25 mm y hasta 1.600 mm sobre la pisadera de cabina.
Siempre teniendo en consideración la condiciones, anteriores, en caso de accidente, el dispositivo se instalará a los 6 meses, y en caso de no existir tal protección, se instalará en el plazo de un año a partir de la primera inspección periódica en la que se detecte su ausencia.

7.3 Protección del o la usuario/a contra los movimientos ascendentes incontrolados de la cabina y los movimientos incontrolados de cabina en reposo y puertas abiertas.
Estarán obligados a incorporar estos dispositivos de seguridad todos los ascensores en el momento en que se cambien simultáneamente su grupo tractor (sea eléctrico o hidráulico) y su maniobra.

7.4 Comunicación bidireccional en cabina. Rescate de usuarios/as atrapados.
Todos los ascensores que no dispongan de un sistema de comunicación bidireccional deberán incorporar un dispositivo accesible de comunicación bidireccional que garantice que los/las usuarios/as atrapados puedan pedir auxilio en cualquier momento a un centro de rescate.
Se instalará en el plazo de un año a partir de la primera inspección periódica en la que se detecte su ausencia.

7.5 Sustitución de guías
Los ascensores existentes, salvo aquellos catalogados como patrimonio histórico artístico, no han de tener guías de cabina o contrapeso que incorporen dispositivos paracaídas de tipos cilíndrica, de rail o de madera.
Se dan diferentes plazos dependiendo si son anteriores a 1952, entre 1952 y1967, o posteriores a 1967. 

7.6 Dispositivos de control de carga
Los ascensores existentes que no dispongan de ningún dispositivo que impida la sobrecarga de la cabina, deberán instalar uno en el plazo de un año a partir de la primera inspección periódica en la que se detecte su ausencia.

7.7 Contrapeso
Los ascensores existentes, salvo aquellos con marcado CE o catalogados como patrimonio histórico artístico, han garantizar la seguridad del guiado del contrapeso y de las pesas que lo forman.
Se indican diferentes plazos, dependido si son anteriores a 1952, entre 1952 y 1967, o posteriores a 1967.

7.8. Medidas de incremento de la seguridad derivadas de legislaciones anteriores
Se recuerdan las medidas de seguridad, incluidas en el Real Decreto 57/2005, de 21 de enero, que siguen siendo de incorporación obligada en ascensores existentes en el momento de la entrada en vigor de este real decreto, entre las que se encuentran instalar en el foso un interruptor de parada, un interruptor de iluminación del hueco y una toma de corriente, dotar de puertas a las cabinas, instalar en la cabina iluminación y alarma de emergencia, dotar de protección a las poleas de reenvío de suspensión, de desvío, de compensación y de máquinas, instalar contacto de seguridad de aflojamiento de cable limitador o dotar de un dispositivo de parada que actúe cuando el ascensor no arranque o patinen los cables.

CSCAE

Descargar informe

 

 

Nova versión da norma UNE-EN 81-70:2022+A1:2022 “Accesibilidade de ascensores de persoas, incluíndo persoas con discapacidade”

Nova versión da norma UNE-EN 81-70:2022+A1:2022 “Accesibilidade de ascensores de persoas, incluíndo persoas con discapacidade”

O 12 de xaneiro foi publicada no Diario Oficial da Unión Europea esta versión da norma UNE-EN 81-70:2022+A1:2022 “Accesibilidade de ascensores de persoas, incluíndo persoas con discapacidade”, que será de aplicación obrigatoria a partir do 21 de febreiro de 2025.

A norma modifica as medidas mínimas de cabina, con independencia do que esixa o Decreto 35/2000 (regulamento autonómico de accesibilidade), pois o anexo de terminoloxía do DB SUA (que é normativa básica estatal) define como ascensor accesible o que cumpre ÚNEA-EN 81-70 na súa versión actualizada e ademais outras condicións.

A partir desa data, a táboa do anexo de terminoloxía do DB SUA de dimensións mínimas de ascensores será a seguinte:

 

A continuación, reproducimos a nota completa que inclúe a nova versión comentada do DB-SUA (15 de xullo de 2024):

Directiva europea sobre eficiencia enerxética dos edificios. EPBD

Directiva europea sobre eficiencia enerxética dos edificios. EPBD

DIRECTIVA (UE) 2024/1275 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 24 de abril de 2024 relativa á eficiencia enerxética dos edificios (EPBD: Energy Performance of Buildings Directive)

Recentemente, en maio de 2024, publicouse no DOUE a Directiva 2024/1275 Directiva sobre Eficiencia Enerxética dos Edificios (EPBD), que vén actualizar e refundir a anterior Directiva 2010/31/UE.

As directivas europeas son o primeiro paso lexislativo dando as pautas que posteriormente os Estados Membros teñen que transponer en determinados prazos. Por iso, é importante coñecer as directrices que vai ditando a Unión Europea xa que nos chegarán e influirán dunha ou outra forma. Unha vez que a directiva foi aprobada, os Estados que pertencen á Unión Europea dispoñen de dous anos para incorporala á súa lexislación nacional.

Entre os principais asuntos que trata este Directiva sobre eficiencia enerxética están:

  • Obxectivos de redución de emisións. A maior ambición en materia de clima e enerxía da Unión require unha nova visión de futuro para os edificios: o edificio de cero emisións, cunha demanda de enerxía moi baixa, cero emisións de carbono procedentes de combustibles fósiles in situ e cero ou unha cantidade moi baixa de emisións de gases de efecto invernadoiro operativas. Como moi tarde en 2030, todos os edificios novos deben ser edificios de cero emisións, e os edificios existentes deben transformarse en edificios de cero emisións como moi tarde en 2050. Parece claro, que esta esixencia e a necesidade de descarbonización do sector da construción, poderían levar nun futuro a cambios na normativa sobre aforro enerxético. Estas medidas non só transformarán a forma en que se deseñan e constrúen os edificios, senón que tamén influirán no seu mantemento e xestión ao longo de todo o seu ciclo de vida.

  • Respecto á eficiencia enerxética de 2020, de media haberá que mellorar para rehabilitación un 16% para 2030 e un 20-22% para 2035. Os Países da UE terán que adoptar medidas para chegar a eses obxectivos.

  • Pasaportes de renovación. Como moi tarde o 29 de maio de 2026, os Estados membros introducirán un sistema para pasaportes de renovación. Estes documentos serán a folla de roteiro adaptado para a renovación en profundidade dun edificio concreto por fases que mellorará significativamente a súa eficiencia enerxética. O pasaporte de renovación deberá ser expedido nun formato dixital adecuado para a impresión por un experto cualificado ou certificado tras unha visita in situ.

  • Eliminación progresiva das caldeiras de combustibles fósiles. A partir do 1 de xaneiro de 2025, os Estados membros non concederán ningún incentivo financeiro para a instalación de caldeiras independentes alimentadas con combustibles fósiles.

  • CEE: Como moi tarde o 29 de maio de 2026, o certificado de eficiencia enerxética deberá ser conforme co modelo establecido na Directiva. Preténdese homoxeneizar o CEE en toda a UE. Os Estados membros que reaxustasen as súas clases de eficiencia enerxética a partir do 1 de xaneiro de 2019 e antes do 28 de maio de 2024 poderán aprazar o reaxuste das súas clases de eficiencia enerxética ata o 31 de decembro de 2029.

  • Estimúlase a creación de “portelos únicos” para obter asesoramento en materia de renovación, similares ás oficinas de rehabilitación actuais. Os Estados membros velarán polo establecemento e funcionamento de servizos de asistencia técnica, por exemplo, a través de portelos únicos inclusivos para a eficiencia enerxética dos edificios, dirixidos a todos os axentes implicados nas renovacións de edificios, entre outros, os propietarios de vivendas e os axentes administrativos, financeiros e económicos, como as pemes, incluídas as microempresas.

Oficina de Asesoramento e Impulso á Rehabilitación do COADE.

RehabilitaAcción Cidadá: Propostas ás Administracións Públicas

RehabilitaAcción Cidadá: Propostas ás Administracións Públicas

Un informe elaborado por colectivos veciñais e arquitectos propón ás Administracións Públicas como impulsar a cultura da rehabilitación de edificios en España

• A Confederación Estatal de Asociacións Veciñais e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) presentan o informe RehabilitAcción Cidadá. Propostas ás Administracións Públicas.
• Identifícanse 6 grandes barreiras á rehabilitación: descoñecemento da cidadanía e das propias Administracións Públicas do parque edificado nos seus territorios, complexidade dos procesos, multiplicidade de actores con roles confusos, temporalidade das axudas, o sistema de propiedade e o destino da vivenda e a abordaxe das situacións de vulnerabilidade. Isto provoca que España teña un dos parques edificados máis envellecidos e ineficientes de Europa.
• O documento recolle as claves debatidas nos espazos de diálogo que se xeraron, desde 2023, en Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Catalunya, Galicia, Madrid, Murcia e Valencia, dando voz a máis de 400 persoas.
• O informe complementa outros materiais, como a Guía veciñal de rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso, nun proxecto promovido pola European Climate Foundation (ECF).
Para máis información  Pica aquí
Para ver a presentación   Pica aquí
Para descargar o informe  Pica aquí
Programas de axuda á rehabilitación 2024

Programas de axuda á rehabilitación 2024

No DOG do 11 de xullo, aparecen as RESOLUCIÓNS do Instituto Galego dá Vivenda e Solo do 3 de xullo de 2024 polas que se convocan os Programas de axuda ás actuacións de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea Next Generation, para o ano 2024, con carácter plurianual.

read more…

Informe técnico: Cumprimento normativo en aloxamentos turísticos

Informe técnico: Cumprimento normativo en aloxamentos turísticos

Actualizado 09 I 07 I 24  Polo seu interese, e polos erros de interpretación detectados nos servizos de visado e asesoramento, e para evitar atrasos na tramitación dos proxectos, desde a área técnica preténdese lembrar o alcance da obrigación de cumprimento normativo nos 3 tipos de aloxamentos turísticos.

read more…

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Infórmase da publicacion, no DOG nº 111 de 10 de xuño, da RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 30 de maio de 2024 pola que se convoca, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. read more…

Asesoramento sobre as Normas de Habitabilidade de Vivendas

Asesoramento sobre as Normas de Habitabilidade de Vivendas

A revisión normativa que se ven producindo no ámbito da vivenda dende o ano 2007, xunto cos recentes programas de axuda á rehabilitación residencial, xustifican que o asesoramento sexa un servizo imprescindible para exercer a profesión con garantías e enfrontarse con seguridade ao deseño das vivendas e dos edificios de vivendas.

Por elo, froito do convenio de colaboración IGVS-COAG, xurde esta nova liña dixital de asesoramento, onde redactores das normas e expertos en habitabilidade pretenden dar soporte a todas as consultas sobre a aplicación das normas de habitabilidade de vivendas en Galicia, especialmente a aquelas que están a xurdir trala recente modificación das normas.

E as respostas deste servizo contan coa validación dos servizos técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Para acceder, pica aquí