O obxectivo deste curso é facer unha revisión xeral das Normas de Habitabilidade de Galicia (NHV) e a súa modificación introducida polo Decreto 128/2023, do 7 de setembro, recompilando os seus principios de igualdade, accesibilidade, seguridade e sustentabilidade. Esta revisión pretende simplificar e eliminar redundancias con outras normativas, dotándoas dunha maior claridade de interpretación técnica e corrixindo criterios de aplicación mal entendidos.
Repasaremos os criterios de excepcionalidade que permiten a rehabilitación de edificios e vivendas, compatibilizando os requirimentos de habitabilidade cos de protección do patrimonio, co obxecto de facilitar a renovación e protección do patrimonio xa construído. Tamén revisaremos a excepcionalidade no caso de aplicar posibles cambios e innovacións tecnolóxicas, reflexo da evolución da sociedade e as novas formas de habitar e de vivir das persoas. Nesta análise recolleremos tamén as necesidades derivadas do contexto actual do sector inmobiliario, especialmente no referente ao progresivo abandono dos locais comerciais, que motiva os cambios de uso destes locais a vivenda, pero sen menoscabar as mínimas condicións de calidade, seguridade e intimidade desas “novas” vivendas.
Todo iso, desde o punto de vista de que garantir a calidade e habitabilidade dos espazos habitados que compoñen as vivendas galegas mellorará o confort, o benestar e a saúde dos seus moradores.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 80 euros
- Arquitectos colexiados: 50 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 07/01/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 07/01/2025 ata o luns 13/01/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explicanse as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]