Curso “BIM aplicado á contratación pública. Do papel á nube; do bosquexo á xestión”

24 Feb 2025

Este curso, organizado polo CSCAE, ten un especial énfasis no uso da Intelixencia Artificial como ferramenta ao servizo do profesional e tamén o coñecemento dos xemelos dixitais, representacións virtuais dun edificio para o seu análise, estudo e monitorización.

Ter o máximo coñecemento do seu uso permite aos arquitectos/as coñecer como se comportará o modelo e, con iso, aplicar solucións de forma moito máis eficiente.

O curso despregase en modalidade completamente en liña, mediante un sistema de aprendizaxe totalmente autónomo. Como novidade, impartiranse 6 sesións formativas en streaming, que se celebrarán todos os venres de marzo e os dous primeiros venres de abril, ás 12:00 horas. Na plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es), incorpórase toda a documentación e os recursos dispoñibles proporcionados polo CSCAE.

Este curso está composto por 12 temas que se estruturán en 4 módulos, cunha duración de 90 horas, e será de acceso exclusivo para colegiados:

  • Módulo 1. BIM e tecnoloxía | APLICACIÓN XERAL..
  • Módulo 2. BIM | USOS ESPECÍFICOS NA FASE DE DESEÑO.
  • Módulo 3. BIM | USOS NA FASE DE OBRA E MANTEMENTO.
  • Módulo 4. BIM | ENFOQUE METODOLÓGXICO.

[+ programa ]

Este curso encádrase na FORMACIÓN EN METODOLOXÍA BIM APLICADA Á CONTRATACIÓN PÚBLICA, que se leva a cabo grazas a subvención pública (Resolución do 20 de xuño de 2024, da Subsecretaría de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, pola que se convocan subvencións en régimen de concorrencia competitiva para a formación en metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) aplicada á contratación pública para 2024. «BOE» núm. 151, do 22 de xuño de 2024 – Orde TMA/94/2021, do 22 de xaneiro).

Prezo e prazo de matrícula
O prezo de formalización de matrícula é de 10€ para subscritos e de 20€ para non subscritos.
O prazo de matriculación estará dispoñible ata as 23:59h do 15 de abril. Para a obtención do certificado de aproveitamento, deben ter superado todos os test de autoavaliación antes das 23:59 h do martes 15 de abril.

[+ matriculación ]

Colabora

Compartir