O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados segundo o CTE é clave para un deseño axeitado e a súa adaptación á obra real.
O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades.
Este curso ten unha duración de 6 meses cunha dedicación estimada de 95 horas. O curso divídese en dous períodos, o de formación e o de seguimento:
- Período de formación: desenvólvese durante os primeiros tres meses e inclúe 39 horas de clases formativas. As sesións emitiránse en directo os venres, serán gravadas e estarán dispoñibles na plataforma para velas en diferido.
- Período de seguimento: durante este período pódese entregar a práctica do curso e haberá unha titoría ao mes.
Para este curso están dispoñibles dous tipos de certificados, o certificado de aproveitamento do COAG e o certificado emitido por CYPE. Para a súa emisión requírese:
- Unha cualificación mínima de 5 para o certificado de aproveitamento do COAG.
- Unha cualificación mínima de 7 para o certificado oficial de CYPE.
Este curso está composto por 17 temas:
- Tema 1: Bases normativas. Código Técnico da Edificación
- Tema 2: Bases teóricas da eficiencia enerxética na edificación
- Tema 3: Instalación e carga de planos
- Tema 4: Definicións xeométricas. Elementos construtivos
- Tema 5: Salubridade
- Tema 6: Fontanaría, saneamento e pluviais
- Tema 7: Definición de cargas térmicas. Climatización
- Tema 8: Seguridade en caso de incendios. Propagación interior e exterior
- Tema 9: Evacuación dos ocupantes
- Tema 10: Instalacións de protección contra incendios
- Tema 11: Iluminación e pararraios
- Tema 12: DB HR
- Tema 13: Instalacións de gas (gas natural / propano)
- Tema 14: Infraestrutura Común de Telecomunicacións
- Tema 15: Contribución solar ACS
- Tema 16: Instalación eléctrica
- Tema 17: Extracción de planos / memorias
[+ programa ]
Matriculación (*)
Existen catro modalidades de matrícula, para os cales se establecen os seguintes prezos:
- Matrícula ordinaria: 560 euros
- Arquitectos colexiados: 400 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 280 euros
- Estudantes de arquitectura: 280 euros
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 12/03/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 00:00 h do xoves 13/03/2025 ata o mércores 19/03/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento en que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación en 2025, podedes solicitalo nunha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas sobre este curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: mediante o apartado «Realizar consultas», na sección de Formación do panel de servizos do COAG, na seguinte ligazón.
- Non colexiados: a través do correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se acade o número mínimo de alumnos matriculados para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Colabora