O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos, análise paisaxística, xeración de cartografía, etc. Para iso, traballaremos con modelos de datos, procederemos á descarga de información xeográfica en liña, obteremos a cartografía e analizaremos os datos obtidos.
O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades.
Este curso ten unha duración de 6 meses cunha dedicación estimada de 90 horas. O curso divídese en dous períodos, o de formación e o de seguimento:
- O período de formación desenvólvese durante os primeiros dous meses e inclúe 20 horas de vídeo. Emitiranse 7 clases dunha hora en directo os venres, que serán gravadas e estarán dispoñibles na plataforma para velas en diferido.
- No período de seguimento poderase entregar a práctica do curso e haberá unha titoría ao mes.
Para a obtención do certificado de aproveitamento deste curso será necesaria unha cualificación mínima de 5.
Este curso está composto por 8 temas:
- Tema 1: Introdución aos Sistemas de Información xeográfica (SIG)
- Tema 2: Introdución a QGIS
- Tema 3: Os datos e a información xeográfica.
- Tema 4: Representación da información xeográfica en QGIS
- Tema 5: Creación e edición de información xeográfica mediante QGIS
- Tema 6: Creación e edición de atributos de capa mediante QGIS
- Tema 7: análise de datos xeográficos
- Tema 8: Xeración de planos e coleccións de mapas (Atlas)
[+ programa ]
Prezo e prazo de matrícula (*)
Existen catro modalidades de matrícula, para os cales se establecen os seguintes prezos:
- Matrícula ordinaria: 380 euros
- Arquitectos colexiados: 270 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 190 euros
- Estudantes de arquitectura: 190 euros
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 12/03/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 00:00 h do xoves 13/03/2025 ata o mércores 19/03/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento en que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación en 2025, podedes solicitalo nunha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas sobre este curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: mediante o apartado «Realizar consultas», na sección de Formación do panel de servizos do COAG, na seguinte ligazón.
- Non colexiados: a través do correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se acade o número mínimo de alumnos matriculados para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Colabora