O Concello de Sanxenxo incorpórase á interoperabilidade co COAG

10 Mar 2025

A partires do día 10 de marzo o Concello de Sanxexo incorporarase á interoperabilidade co COAG a través da plataforma “pasaxe”. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e a Xunta de Galicia. Así, a partires do día 10 de marzo, consignando o código de expediente/traballos do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.

Compartir