O Concello de Ferrol concede ao COAG a insignia de ouro de San Xiao

3 Xan 2025

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e recoñecido coa Insignia de Ouro de Ferrol.

O pleno da corporación aprobou por unanimidade na tarde do 26 de decembro o outorgamento das distincións de Ferrolán do ano 2024 e as insignias de ouro de San Xiao.

O Colexio de Arquitectos de Galicia é merecedor desta insignia tras o 50 aniversario da súa creación. A conmemoración deste fito tivo lugar nas cidades máis importantes de Galicia, sendo Ferrol unha delas, na que se organizaron actividades dentro da Semana da Arquitectura, dedicada nesta edición ao arquitecto Alfredo Alcalá Navarro.

Os galardóns entregáronse o martes 7 de xaneiro, con motivo da festividade de San Xiao, patrón da cidade, nun acto celebrado no teatro Jofre.

Compartir