Enquisa Preinscrición Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP

3 Feb 2025

Dende o COAG estamos a organizar a oferta formativa relacionada cas TIC deste ano 2025. Dentro dos cursos propostos pódense atopar os seguintes:

No caso de que esteas interesado en matricularte nalgún destes cursos, é importante que te inscribas no seguinte formulario, xa que a decisión sobre a organización dos cursos dependerá dos resultados obtidos nesta preinscrición (se non estiveras interesado nesta edición, pedímosche que por favor non cubras o formulario).

Enlace ao formulario

A data límite para cubrir o formulario de preinscripción será o próximo domingo 16 febrero, ás 23:59 h.

Unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais nestes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias cunha marcada compoñente práctica, a adicación requerida, axustando a duración do curso ao calendario lectivo, pode resultar excesiva.
Para tentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade.

O resume dos contidos dos cursos abaixo:

 

QGIS_ nivel iniciación

Este curso aborda o uso de Sistemas de Información Xeográfica (GIS) cun enfoque práctico mediante a ferramenta QGIS. Iníciase explicando os conceptos básicos de GIS, a súa importancia, compoñentes, modelos de datos e análise espacial. Logo, profundízase na interface de QGIS, configuración xeral, administración de capas e creación de proxectos. Tamén se detalla a obtención de datos xeográficos, formatos de almacenamento e o manexo de proxeccións. Posteriormente, abórdanse a representación, simbolización e edición de información xeográfica, tanto de atributos como de capas, destacando ferramentas de cálculo xeométrico. Analízanse operacións espaciais avanzadas, selección de obxectos por localización e procesos de solape. Finalmente, ensínase a creación de deseños de impresión e a automatización de coleccións de mapas. Ao longo do curso, intégranse exercicios titorizados e avaliacións para consolidar os coñecementos adquiridos.

QGIS_ nivel intermedio

Este módulo avanzado de QGIS abarca ferramentas esenciais para a análise e manexo de información geoespacial. Inicia coa edición avanzada e corrección de erros topolóxicos, permitindo mellorar a precisión de datos vectoriais. Abordase a xeorreferenciación de imaxes e capas vectoriais, indispensable para posicionar información no espazo xeográfico. A análise do terreo céntrase en pendentes, orientacións e xeración de curvas de nivel. Preséntanse as capacidades de SAGA e a súa integración con QGIS, destacando o cálculo do índice NDVI. A calculadora ráster permite operacións matemáticas complexas e análises multivariantes. Explórase o manexo de datos LIDAR para modelos de elevación. Tamén se destacan o modelador gráfico e Data Plotly para a creación de gráficos e diagramas. Finalmente, introdúcense atlas dinámicos, automatización de procesos e filtrado avanzado de capas, proporcionando ferramentas para a creación de informes dinámicos e visualizacións geoespaciais.

Curso Revit_ nivel iniciación

Este temario abrangue de forma detallada os principais aspectos do traballo con Revit BIM, unha ferramenta fundamental para desenrolar un proxecto básico.. A formación estrutúrase desde unha introdución básica á interface e ás funcionalidades do software ata a creación avanzada de elementos construtivos, visualización 3D, planificación e xeración de documentación. A través de exercicios tutorizados e prácticas de avaliación, o alumnado poderá consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver proxectos de maneira eficiente e profesional.

Curso Revit_ nivel intermedio

O temario aborda de maneira progresiva o manexo de Revit para o deseño BIM, co obxectivo de capacitar ao alumnado para desenvolver un proxecto de execución completo en Revit. Comeza cunha introdución sobre os elementos básicos, navegación e axustes previos do proxecto. Trátanse aspectos como a creación de filtros de visualización, modificación e configuración de emprazamentos, así como a xeración de masas conceptuais para desenvolver formas complexas. Inclúe contidos estruturais sobre a creación de pilares, vigas e cimentacións, e elementos construtivos como muros por capas, apilados e incrustados. Tamén se exploran detalles construtivos, familias 2D e 3D, e técnicas avanzadas de modelizado, renderización e planificación. Finalmente, aborda a xeración de documentación con ferramentas para cotas, etiquetas e esquemas de color, asegurando un enfoque integral e práctico.

Curso Revit_ familias

O curso aborda a creación e xestión de familias en Revit, desde a súa definición ata a súa aplicación en diversas disciplinas. Comeza coa introdución ás familias, os seus tipos e estándares BIM. Profundiza nas familias cargables, a súa parametrización e modelado, incluíndo o uso de familias anidadas e adaptativas. Explora os compoñentes de anotación e a auditoría de familias segundo estándares internacionais. Tamén trata a creación de familias específicas para arquitectura, MEP e estruturas, abarcando mobiliario, carpintería, conexións MEP e elementos estruturais.

Curso Archicad_ nivel iniciación

Este temario abarca a introdución á metodoloxía BIM e o uso de ArchiCAD como ferramenta BIM, proporcionando unha formación progresiva para desenrolar un proxecto básico. Comeza coa explicación de BIM, a transición desde CAD e os perfís profesionais asociados, así como os estándares e fluxos de traballo. Inclúe a configuración inicial dun proxecto en ArchiCAD, importación de emprazamentos, modelado de elementos construtivos como muros, forxados e escaleiras, e a inserción de obxectos e información no modelo. Tamén aborda a creación de vistas en planta, seccións, alzados, visualización 3D e renderizado, así como o recuento de información mediante esquemas e táboas. Finalmente, cobre a xeración de documentación técnica e a publicación de proxectos, garantindo un enfoque integral para a elaboración de proxectos arquitectónicos eficaces.

Curso Archicad_ nivel intermedio

O curso abarca desde os materiais de construción ata a interoperabilidade no traballo colaborativo en ArchiCAD, co obxectivo de capacitar ao alumnado para xerar a documentación necesaria para a elaboración dun proxecto de execución. Iníciase co estudo dos materiais e a súa aplicación en detalles e medicións. Prosegue co modelado avanzado, incluíndo terreos, muros cortina e estruturas complexas. Abórdanse os elementos estruturais, como piares, vigas e cimentacións. A xestión do modelo BIM trata visualizacións, fases de rehabilitación e parametrización da información. Explórase o nivel de desenvolvemento (LOD) e o modelado conceptual. Finalmente, trabállase a interoperabilidade con IFC e Teamwork, pechando co renderizado mediante CineRender.

Curso Cypecad MEP_ instalacións

O contido aborda a normativa e requisitos técnicos para a edificación en España, centrándose no Código Técnico da Edificación (CTE) e outras regulacións complementarias. Analiza aspectos fundamentais como protección contra incendios, eficiencia enerxética, salubridade, illamento acústico e seguridade fronte a raios. Tamén trata infraestruturas de telecomunicacións, instalacións térmicas, distribución de combustibles gaseosos, climatización, iluminación e instalacións eléctricas. Inclúe a metodoloxía para o deseño, modelado e verificación de proxectos mediante o software CYPECAD MEP, con exercicios e prácticas tutorizadas para aplicar os conceptos aprendidos.

 

Máis información e consultas:

Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Compartir