Tal e como se indica na Circular 3 2025, e conforme ao previsto no Regulamento da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, mediante a circular 28/2024 procedeuse á convocatoria das eleccións da Xunta Directiva da devandita Agrupación, previstas para o 13 de marzo de 2025.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas o pasado 13 de febreiro (ás 14:00 horas), só se recibiu unha candidatura, polo que se declaran directamente electos, sen necesidade de elección, ás seguintes persoas colexiadas:
– Presidente: Daniel Beiras García-Sabell, colexiado nº 2127.
– Secretaria: Lorena González García, colexiada nº 4465.
– Tesoureira: Marián Juárez Pérez, colexiada nº 2125.
– Vogal: Ignacio Soto González, colexiado nº 2129.
Así mesmo, a Xunta de Goberno designou como representante da mesma na Agrupación a Dona Natalia Alvaredo López, vogal de Xunta de Goberno.