ASESORAMENTO TÉCNICO
A revisión normativa que se ven producindo no ámbito da vivenda dende o ano 2007, xunto cos recentes programas de axuda para a rehabilitación residencial, xustifican que o asesoramento sexa un servizo imprescindible para afrontar o exercicio da profesión con garantías e enfrontarse con seguridade ao deseño das vivendas e dos edificios de vivendas.
Por iso, nesta nova liña dixital de asesoramento, froito do convenio de colaboración IGVS-COAG, redactores das normas e expertos en habitabilidade pretenden dar soporte a todas as consultas sobre a aplicación das normas de habitabilidade de vivendas en Galicia, especialmente a aquelas que están a xurdir trala recente modificación das normas.
CONSULTA SOBRE ESTAS NORMAS