Atópase aberto o prazo de matrícula para o curso “Procedemento administrativo e contratación”, o primeiro dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio.
Nesta convocatoria celebraranse 3 cursos entre decembro de 2024 e febreiro do 2025, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso de Técnico Superior en Urbanismo:
- Procedemento administrativo e contratación
- Taller de renovación urbana e rexeneración urbanística (apertura de matrícula nas próximas semanas)
- Servidumes e limitacións sectoriais (apertura de matrícula nas próximas semanas)
Estes cursos terán unha duración de 32 horas, en formato presencial, e actualmente atópase dispoñible a matrícula para o primeiro, de Procedemento administrativo e contratación.
Formato
Este curso celebrarase en formato presencial nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública:
C/ Madrid, 2-4 – Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela.
Prezos
- Alumnos que cursen o Curso Superior de Urbanismo en edicións anteriores: 120 euros.
- Colexiados COAG subscritos ao servizo de formación e empregados públicos con dereito a bonificación: 140 euros.
- Colexiados COAG: 180 euros.
- Ordinaria: 225 euros.
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado, e as prazas asignaranse por rigoroso orde de matriculación.
-
Prazo preferente de matrícula: (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 04/12/2024 ás 15:00 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
-
Todas as modalidades: dende as 15:00 h do mércores 04/12/2024 ata o martes 10/12/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa detallado
Na seguinte ligazón pode consultarse o programa completo, onde se describe a metodoloxía e se explican as actividades que integran o curso e a súa temporización.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Recoñecementos oficiais
Os tres cursos contan coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forman parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.
Colabora