Eleccións AGAAP 2025: censo electoral

22 Xan 2025

Conforme ao previsto na circular 28/2024, lémbrase que o vindeiro 13 de marzo de 2025 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG.

Nesa mesma circular, indícase que son electores todas as persoas colexiadas inscritas na Agrupación na data da convocatoria e non suspendidas nos seus dereitos e que, convocada unha elección, as listas de electores poñeranse de manifesto, á disposición de tódolos agrupados, para a formulación de reclamacións sobre inclusións ou exclusións.

O censo pódese consultar no seguinte enlace:

CENSO AGAAP

O prazo para formular reclamacións será de oito días, a contar desde a data desta publicación, remitindo un correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org

As reclamacións que serán resoltas; pola Xunta de Goberno na mesma sesión na que se acorde a admisión de candidaturas e, en todo caso, no prazo de trinta días. As listas definitivas de electores poñeranse á disposición das candidaturas proclamadas.

Compartir