Asinado Convenio de Interoperabilidade coa Xunta de Galicia

8 Xul 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, a directora da Axencia para a Modernización Técnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mª Mar Pereira Álvarez, e a decana do COAG, Elena Ampudia Aixendri, asinaron este convenio de tramitación de traballos profesionais do COAG, tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das administracións públicas a través do nodo de interoperabilidade da Xunta de Galicia.

Por medio deste Convenio establecerase unha conexión entre os sistemas de tramitación do COAG e os sistemas de interoperabilidade da Xunta de Galicia, a fin de que a documentación relativa a traballos profesionais tramitada no Colexio de Arquitectos poda ser fornecida desde á Xunta de Galicia ás distintas administracións públicas galegas interesadas na súa incorporación aos procedementos propios de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas, previa autorización dos axentes implicados.

O establecemento destes mecanismos de interoperabilidade persegue posibilitar a normalización, axilización e simplificación da tramitación administrativa, así como o aforro de custos. A estes beneficios súmanse aqueles relativos ao medio ambiente e á transparencia na xestión.

Compartir