O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración co Concello de A Cañiza, dentro das accións de implementación do Plan de Igualdade do CSCAE , levará a cabo un acto público de posta en valor e visibilización dunha das pioneiras da arquitectura galega, Dona Rita Fernández Queimadelos.
Así, o vindeiro día mércores 5 de marzo ás 12:00h nun acto conxunto entre o Concello e o COAG, otorgará o nome da actual praza do Mercado desta localidade o nome de “Praza arquitecta Rita Queimadelos”.
A arquitecta, nada no ano 1911, e orixinaria de A Cañiza, foi a terceira muller titulada en Arquitectura de España, convertíndose así no ano 1940, ano da súa titulación, nun referente para moitas mulleres que seguirían o seu exemplo contribuindo a mudar os estereotipos de xénero tan marcados neses anos .
O acto será de carácter público, convidando a todas as colexiadas e colexiados a participar do mesmo.