O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o Instituto Galego de Vivenda e Solo poñen a vosa disposición todas as Utilidades NHV:
– Versión consolidada comentada ENLACE
– Cadros comparados de cumprimento ENLACE
– Fichas gráficas de deseño de edificios de vivendas ENLACE
– Xornada de asesoramento online ENLACE
– Xornada de resolución de consultas ENLACE
– Asesoramento telemático oficial ENLACE
– CAD con moblaxe ENLACE
O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.
Esta modificación das NHV, que entrou en vigor o 15 de outubro, non é de aplicación obrigatoria aos proxectos visados de acordo ca normativa anterior, nin a aqueles cos que se solicitou licenza nun prazo máximo de tres meses dende a súa entrada en vigor. Pero, a aqueles proxectos que soliciten licenza dende o 15 de xaneiro de 2024 esta modificación xa lles resulta de aplicación obrigatoria.
NOTA: De detectarse algún erro, rogamos poñádelo en coñecemento do colexio a través do panel de consultas no apartado de edificación.