Aberto prazo de matrícula para o Curso “Servidumes e limitacións sectoriais”_COAG-EGAP

23 Xan 2025

Atópase aberto o prazo de matrícula para o curso “Servidumes e limitacións sectoriais“, o terceiro dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP, que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio.

Este curso ten como obxectivo que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa e os procedementos de tramitación que regulan as diferentes afeccións sectoriais, as interaccións entre elas e a súa compatibilidade co planeamento.

Exporanse os aspectos fundamentais relacionados coa normativa e esixencias derivadas das diferentes afeccións sectoriais, que se complementarán con diversos exemplos prácticos de aplicación real dos aspectos estudados, prestando especial atención á aplicación da normativa e aos procedementos de tramitación das autorizacións vinculadas ás distintas autorizacións de obras e actividades.

NOTA: este curso forma parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. A normativa sectorial relacionada con estradas e augas ,xa desenvolvidas no percorrido anterior do Curso Superior, non se repetirá mais proporcionarase a documentación correspondente a través da plataforma moodle para a súa consulta.

Formato : Presencial

Duración: 32 horas

Lugar de celebración:

Este curso celebrarase en formato presencial na Aula 11 da Escola Galega de Administración Pública.
C/ Madrid, 2-4 – Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela.

Prezos

  • Alumnos que cursen o Curso Superior de Urbanismo en edicións anteriores: 120 euros.
  • Colexiados COAG subscritos ao servizo de formación e empregados públicos con dereito a bonificación: 140 euros.
  • Colexiados COAG: 180 euros.
  • Ordinaria: 225 euros.

Aforo e prazos de matrícula

O aforo é especialmente limitado, e as prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

  • Todas as modalidades: ata o mércores 29/01/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa detallado

Na seguinte ligazón pode consultarse o programa completo, onde se describe a metodoloxía e se explican as actividades que integran o curso e a súa temporización.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Recoñecementos oficiais

Os tres cursos contan coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forman parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.

Na convocatoria 2024-2025, o Curso de Técnico Superior de Urbanismo inclúe, entre decembro de 2024 e febreiro de 2025, tres módulos optativos. Poden acceder a estes módulos optativos o alumnado que non estea matriculado na presente edición do Curso Superior de Urbanismo, considerándoos cursos independentes. Os módulos opcionais da edición 2024-2025 son os seguintes:

Colabora

Compartir