Categoría
Axudas do programa Fogar Vivo para 2025
O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufructuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de aluguer a través dunha renda asequible.
O Programa establece as seguintes axudas:
a) Unha axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de falta de pagamento de rendas e/o seguros multirrisco de fogar.
b) Unha axuda para a adecuación e reparación da vivenda.
c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillos/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grao de discapacidade recoñecida.
Na execución de obras de adecuación e reparación das vivendas considéranse subvencionables as seguintes actuacións:
a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/o para a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda.
d) Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno, lavalouzas e campá extractora.
e) Cambio de sanitarios, lavadoras, bañeira e biombos.
A contía máxima das axudas non poderá superar o límite de 16.000 euros por vivenda, consonte a seguinte distribución:
a) Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de falta de pagamento de rendas e/o seguros multirrisco de fogar: de ata 3.000 euros, desagregados en importes anuais de ata 600 euros, no caso de que a persoa arrendadora sexa unha persoa física, ou de ata 428 euros, no caso de que sexa unha persoa xurídica.
b) Axudas para a adecuación e reparación das vivendas: en función do investimento realizado, terá os seguintes importes:
– Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80 % do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.
– Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partir do investimento de 6.250 euros, ou a parte proporcional, en función do investimento realizado e dos gastos xustificados.
c) Axuda vinculada: 2.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14.00 horas do 30 de outubro de 2025.
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia estima o recurso especial en materia de contratación que fora presentado polo COAG en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo (resolución nº 128/2025, do 16 de xullo)
O Tribunal estima as alegacións do COAG e na súa resolución indica que “En definitiva, con independencia de que nos atopemos ante un procedemento simplificado, nos contratos que teñan por obxecto prestacións de carácter intelectual os criterios de calidade deben respectar o 51% do total, e ademais tamén é preciso que a avaliación dos criterios suxeitos xuízo de valor non supere o 45%, algo que non é contraditorio, tal e como explica a anterior sentenza”.
Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie esixible da parcela á construción e uso autorizado
Circular interpretativa ditada pola Dirección Xeral de Urbanismo en colaboración co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie da parcela á construción e uso autorizados esixida no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, relativo ás condicións xerais das edificacións no solo rústico.
Lembramos que todos os informes sobre aplicación e interpretación da normativa urbanística emitidos pola Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, están publicados no Portal de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia e poden consultarse na seguinte ligazón:
Oferta de Emprego Público 2025 | 43 prazas de arquitecto/a
No BOE de 16 de julio, publícase o Real Decreto 51/2025, de 15 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2025. onde figuran, entre outras, 43 prazas de arquitecto.
Concurso A Pobra do Caramiñal: corrección de erratas, ampliación de prazo e visita
En relación co Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) infórmase das seguintes cuestións:
- Corrección de erratas e ampliación de prazo: publicado o 15_07_2025 la corrección de erratas do Prego, así como a ampliación de prazo, de acuerdo al siguiente ENLACE publicado na plataforma do concurso
- Visita: a visita ao ámbito de proxecto para o concurso de proxectos, anónimo e con xurado a nivel de anteproxectos, para reformular e planificar a fachada marítima da Pobra do Caramiñal, para encargar ao gañador o plan director do ámbito delimitado, levará a cabo o día 23 de xullo de 2025. A continuación, detállanse os eventos programados para a xornada:10h00: Recepción no lugar de encontro
10h00 – 10h30: Presentación
10h30 – 13h00: Visita ao ámbito de proxecto
Máis información no seguinte ENLACE da plataforma do concurso.
Lugar de encontro: https://maps.app.goo.gl/yukWMB4VKjjdaeE98
Premios Gran de Area 2025
Infórmase da convocatoria da edición 2025 dos premios Gran de Area de Arquitectura.
O prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2025.
As bases e o enlace para consultar candidaturas poden consultarse na circular nº 11/2025
Enquisa para elaboración do Mapa de Capacidades da Construción Industrializada en Galicia
O Cluster da Construcción – Fundación Galicia Constrúe, xunto co Observatorio da Vivienda da Xunta de Galicia, pon a disposición dos estudos de arquitectura, arquitectura técnica e consultoría a enquisa para elaboración do Mapa de Capacidades da Construción Industrializada en Galicia. O obxeto desta enquisa é a recompilación de información realtiva ás capacidades produtivas da construción industrializada en Galicia para, a partires de dita información, propoñer medidas encamiñadas a eliminar as barreiras detectadas.
Podes acceder á enquisa no seguinte `[+ENLACE]
Informe sobre a evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou o pasado 8 de xullo o informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024’, nun acto celebrado na sede colexial da Praza da Quintana en Santiago, presentado polo decano e pola secretaria.
O decano explicou que, coa presentación deste informe, o COAG recupera unha das súas liñas de información máis recoñecidas socialmente e con maior tradición, e reivindica o seu papel como fonte principal e fiable de información sobre a actividade construtiva e urbanística de Galicia que afecta ao conxunto da sociedade, coa finalidade de que a cidadanía, as administración públicas e os sectores produtivos poidan opinar e forxar un criterio para planificar, a partir da súa análise, estratexias a medio e longo prazo.
No período 2019-2024 visáronse en Galicia 8.415 vivendas colectivas e 9.518 vivendas unifmiliares, sumando entre as dúas tipoloxías 17.933 vivendas de nova planta nos seis últimos anos (Por provincias: A Coruña: 4.072 colectiva e 4.460 unifamiliar, total: 8.532; Lugo: 619 colectiva e 671 unifamiliar, total: 1.290; Ourense: 386 colectiva e 911unifamiliar, total: 1.297; e Pontevedra: 3.338 colectiva e 3.476 unifamiliar, total: 6.814).
En concreto, o decano sinalou que estes datos marcan unha certa tendencia á estabilización, alcanzando en 2024 o máximo dos últimos dez anos ao visar 3.484 vivendas de nova planta.
As vivendas visadas en 2024 son un 164 % máis que as de 2014, pero só representan un 10 % das visadas en 2004 e un 20 % das visadas en 1994. O decano indicou que, trala burbulla inmobiliaria, non se albiscan trazas de recuperación, pois no mellor dos casos estanse a crear nestes anos en torno ao 15 % da vivendas que se promovían nos peores anos previos á crise. A pesar do incremento dos últimos anos, en Galicia só se constrúe o 10 % das vivendas de fai 20 anos.
Na presentación do informe, o decano asegurou que o período 2019-2024 vén marcado por unha serie de eventos internacionais que alteran directamente as canles de subministro, os mercados financeiros e a economía global, reflectindo a economía local as súas consecuencias.
Así, o decano sinalou que, fronte á situación previa á pandemia, houbo un crecemento dos visados nos anos 2021 e 2022, e xa no 2023 produciuse unha baixada da vivenda colectiva, coa perda do 31 % do aumento das vivendas visadas dos dous anos anteriores, seguramente polo efecto diferido non tempo do sucedido nos meses da pandemia, con retrasos administrativos e a contención do investimento. Seguindo coa vivenda colectiva, indicou que esta tipoloxía volveu repuntar en 2024 un 40 % respecto ao promedio do 2019-2023, un efecto máis pronunciado debido a desenvolvementos concretos, a pesares do incremento substancial que sufriu o prezo dos materiais de construción desde 2021, cun promedio agregado da suba en 2024 do 29 %, con picos de aumento do 70 %
En canto á vivenda unifamiliar, o decano atribuíu a súa suba entre 2020 e 2022 ao “efecto pandemia” na poboación, e o seu descenso nestes dous últimos anos pola suba dos custos dos materiais de construción.
A pesar do incremento do número de vivendas iniciadas en Galicia nos últimos anos, segundo datos do Observatorio da Vivenda de Galicia, que a vivenda protexida representa menos do 5 % do total do construído.
Ademais dos datos correspondentes aos últimos seis anos, organizados por provincias e comarcas, o informe ofrece unha análise da evolución do visado de vivenda de nova planta no primeiro semestre de 2025, cun aumento do visado do 19 % da vivenda total de nova planta, un 26 % correspondente á vivenda colectiva e un 6 % á vivenda unifamiliar. Os datos reflicten o pulo do eixo atlántico e un crecemento dos concellos limítrofes, liderado polas sete cidades e as cabezas de comarca.
Outro aspecto que analizou o decano foron os prazos de terminación das obras que impiden dar unha resposta áxil á demanda de vivendas. Segundo matizou, o avultado número de vivendas con visado e sen Certificado Final de Obra pode ser unha oportunidade para completar o parque edificatorio de Galicia, a pesar de que a media entre o visado dunha vivenda e o remate da mesma e de máis de tres anos. Pero salientou que, actualmente en Galicia, hai máis de 50.000 vivendas que teñen o visado, pero non se chegaron a rematar, na maioría dos casos, pola crise, en concreto unhas 35.000 vivendas.
O informe completo pode consultarse no seguinte ENLACE
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura, con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariado.
#COAGconta: Programa segundo semestre 2025
Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo – decembro], á que iremos engadindo novidades.
Como sabedes, #COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter a información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Nesta [+ligazón] podes consultar a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación.
Recordámosvos así mesmo que as gravacións dos @COAGconta están dispoñibles na sección de vídeos para colexiados da nosa páxina web, á que tamén se pode acceder a través do panel de servizos colexial (sección de formación).
Axudas do programa Fogar Vivo para 2025
O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufructuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de aluguer a través dunha renda asequible. O Programa establece as seguintes axudas: a)...
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia estima o recurso especial en materia de contratación que fora presentado polo COAG en impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Igualdade para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras para as obras de reforma para a creación dun Centro de Dependentes con Discapacidade de Lugo (resolución nº 128/2025, do 16 de xullo)
O Tribunal estima as alegacións do COAG e na súa resolución indica que "En definitiva, con independencia de que nos atopemos ante un procedemento simplificado, nos contratos que teñan por obxecto prestacións de carácter intelectual os criterios de calidade deben...
Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie esixible da parcela á construción e uso autorizado
Circular interpretativa ditada pola Dirección Xeral de Urbanismo en colaboración co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, sobre a constancia rexistral da vinculación da superficie da parcela á construción e uso autorizados...
Oferta de Emprego Público 2025 | 43 prazas de arquitecto/a
No BOE de 16 de julio, publícase o Real Decreto 51/2025, de 15 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2025. onde figuran, entre outras, 43 prazas de arquitecto. Acceso ao BOE.
Concurso A Pobra do Caramiñal: corrección de erratas, ampliación de prazo e visita
En relación co Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) infórmase das seguintes cuestións: Corrección de erratas e ampliación de prazo: publicado o 15_07_2025 la corrección de erratas do Prego, así...
Premios Gran de Area 2025
Infórmase da convocatoria da edición 2025 dos premios Gran de Area de Arquitectura. O prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2025. As bases e o enlace para consultar candidaturas poden consultarse na circular nº...
Enquisa para elaboración do Mapa de Capacidades da Construción Industrializada en Galicia
O Cluster da Construcción - Fundación Galicia Constrúe, xunto co Observatorio da Vivienda da Xunta de Galicia, pon a disposición dos estudos de arquitectura, arquitectura técnica e consultoría a enquisa para elaboración do Mapa de Capacidades da Construción...
Informe sobre a evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou o pasado 8 de xullo o informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2019-2024’, nun acto celebrado na sede colexial da Praza da Quintana en Santiago, presentado polo decano e pola...
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura, con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Apoio a proxectos de arquitectura, urbanismo e planificación, aportando en tódalas fases de deseño e implementación. Coñecementos: CYPE MED, THERM, CE3X, SKETCHUP, programas de...
#COAGconta: Programa segundo semestre 2025
Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo - decembro], á que iremos engadindo novidades. Como sabedes, #COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter a...