O obxecto do concurso de ideas a nivel de anteproxectos, aberto e con intervención de xurado, consiste en definir as estratexias de ordenación do espazo público da fronte marítima da Pobra do Caramiñal, prestando especial atención á zona do mercado semanal. Concurso participado polo COAG.
A finalidade do concurso tamén é seleccionar a proposta gañadora para, posteriormente, adxudicar ao seu autor/ores a contratación da redacción do PLAN DIRECTOR, segundo a delimitación e os criterios establecidos nas bases.
Este concurso de ideas pretende, ademais de mellorar as condicións de urbanización e as infraestruturas da fronte marítima, fomentar unha reflexión profunda sobre a relación entre os distintos espazos da vila. Entre estes, inclúense as zonas destinadas a equipamentos públicos, parques, áreas de recreo, o porto pesqueiro e deportivo, e outros espazos crave, así como a súa conexión co centro histórico e cos núcleos de poboación próximos, a través das distintas comunicacións viarias.
Valor estimado do contrato 63.000 EUR.
Importe 33.000 EUR.
Importe (sen impostos) 33.000 EUR.
Prazo de Execución: 4 Mes(es)
Observacións: Por tratarse dun concurso de ideas non ten prazo de execución. Este prazo é orientativo
Tipo de Contrato: Servizos
Subtipo: Servizos de arquitectura; servizos de enxeñería e servizos integrados de enxeñería; servizos de planificación urbana e servizos de arquitectura paisaxista. Servizos conexos de consultores en ciencia e tecnoloxía. Servizos de ensaios e análises técnicos
Contrato Mixto: Non
Lugar de execución: ES111 A Coruña Casa do Concello da Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal
Clasificación CPV:
71240000 – Servizos de arquitectura, enxeñería e planificación.
71400000 – Servizos de planificación urbana e de arquitectura paisaxística.
Premios
Valor total: 33.000,00 €, de acordo coa seguinte desagregación:
Premio | Total |
1º Premio – gañador (a conta) | (*) 20.000,00 € e adxudicación do contrato de servizos. |
2º Premio | 8.000,00€ |
3º Premio | 5.000,00€ |
Total premios | 33.000,00€ |
(*) o importe do primeiro premio ten o carácter de pago a conta e se deducirá dos honorarios totais do proxecto e dirección de obra do arquitecto.
Prazo de Presentación de Oferta
-
Ate o 25/08/2025 ás 13:00 h.
-
Observacións: As proposicións presentaranse nun sobre ou paquete pechado no que se consignará no seu exterior o seguinte título: “CONCURSO DE PROXECTOS, ANÓNIMO E CON XURADO A NIVEL DE ANTEPROXECTOS, PARA REFORMULAR E PLANIFICAR A FACHADA MARÍTIMA DA POBRA DO CARAMIÑAL, PARA ENCARGAR AO GAÑADOR O PLAN DIRECTOR DO ÁMBITO DELIMITADO”, identificando no seu exterior exclusivamente o LEMA elixido polos concursantes para preservar o anonimato. Ver PCAP.
-