Recursos

O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello.

O proceso selectivo pode  consultarse nos seguintes ENLACES: https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/2fa7879b-0aa9-466a-9a27-42f32308b8fd/  https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/a7541b62-2b0b-4129-86f6-b43fe438a586/  Os principais...

read more
#COAGconta: Programación xullo 2026

#COAGconta: Programación xullo 2026

#COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves,...

read more
#COAGconta: Programación xuño 2026

#COAGconta: Programación xuño 2026

#COAGconta é unha canle a través da cal os colexiados poden obter información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves,...

read more

O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de “Arquitecto Superior ou Técnico”.

O motivo do recurso é que, á vista das funcións do posto, o colexio entende que a titulación profesional precisa é a de Arquitecto. (Bases publicadas no BOP DA CORUÑA Nº56 DE 25 DE MARZO DE 2026 ).

read more
#COAGconta: Programación maio 2026

#COAGconta: Programación maio 2026

ACTUALIZADO A 19/05/2026 Fixemos un cambio na comunicación das xornadas de #COAGConta, co fin de facela máis eficiente. Así, en diante, non recibiredes correos individuais por cada COAGConta, senón un único correo a principios de cada mes coa programación mensual e as...

read more

O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de “servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.

A orixe deste procedemento xudicial foi a impugnación por parte do COAG dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación...

read more

O COAG recorre en apelación a sentenza nº 00021/2026, de 5 de febreiro de 2026 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña que desestima o recurso contencioso administrativo presentado polo COAG en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.

Relacionado: 14-05-2025 O COAG presenta recurso de reposición en impugnación das bases do proceso selectivo da Deputación da Coruña para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes....

read more

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra, mediante sentenza 43/2026, de 23 de febreiro, de estimación parcial do recurso contencioso administrativo interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Concello de Meaño para a contratación do servizo de redacción do proxecto de “execución dun acceso de mobilidade peonil, próximo ao bordo costeiro en sexiños”.

Os principais motivos do recurso foron algúns dos criterios de adxudicación: Por unha banda o feito de valorar a titulación de "Técnico Ágora" da Diputación de Pontevedra como criterio de axjudicación e non valorar outras formacións análogas impartidas por outras...

read more

O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (SEAGA), para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central de SEAGA (Expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), publicada no Perfil do Contratante o 19-12-2025).

O principal motivo do recurso radica nas titulacións recollidas nos pregos da licitación para a composición do equipo técnico esixido, no entendemento de que á vista do uso do edificio, o proxectista debe ser arquitecto/a e, por outra banda, porque para as outras...

read more