O Tribunal estima as alegacións do COAG e na súa resolución indica que “En definitiva, con independencia de que nos atopemos ante un procedemento simplificado, nos contratos que teñan por obxecto prestacións de carácter intelectual os criterios de calidade deben respectar o 51% do total, e ademais tamén é preciso que a avaliación dos criterios suxeitos xuízo de valor non supere o 45%, algo que non é contraditorio, tal e como explica a anterior sentenza”.