Categoría
O Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG
A partires do día 9 de marzo o Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 9 de marzo, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica visada/rexistrada para incorporala á tramitación municipal.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2026
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura con sede en Vigo, selecciona arquitecto/a asalariado. read more…
#COAGconta: Tramitación municipal con ECCOM
O mércores 11 de marzo ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Técnico de Administración Xeral e Xefe do Servizo de Disciplina e Conservación Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, analizará o Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro (publicado o 28 de xullo de 2025 no Diario Oficial de Galicia).
- Requisitos e réxime de funcionamento das ECCOM.
- Funcións das ECCOM, con especial referencia ás actuacións de certificación, comprobación verificación e control.
- Carácter das certificacións e a súa incidencia na tramitación dos títulos habilitantes.
- O exercicio de colaboración público privada das ECCOM e a Administración Local. Análise das funcións que conlevan exercicio de autoridade.
- Responsabilidade pola intervención ECCOM e réxime sancionador.
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura STGO con sede en Ferrol, selecciona arquitecto/a para cubrir 2 postos de traballo asalariado. read more…
Concurso de proxecto de reforma da terceira pranta do edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña
Publicado na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio para a Asistencia técnica para a redación do proxecto de execución e asistencia técnica á dirección de obra da reforma da terceira pranta do edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña. read more…
Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA: conceptos, estado actual da situación e dúbidas
O mércores 11 de marzo, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA.
Esta Xornada, que é posible grazas á colaboración de ANMARQ, abordará os principais conceptos desta pasarela, o seu estado actual, así como as posibles dúbidas relativas á mesma. read more…
Composición do xurado dos Premios PRÓXIMOS 2026
A Xunta Directiva da Delegación de Santiago acordou nomear aos seguintes membros do xurado que avaliará os proxectos presentados nos Premios PRÓXIMOS 2026, que organiza a Delegación. read more…
Espazo de lectura no Marco do Día Internacional da muller
No marco do Día Internacional da Muller, o COAG sumase á acción coordinada polo CSCAE da posta en marcha do Espazo de Lectura “A de Arquitectas”, unha iniciativa que ten como obxectivos recuperar, visibilizar e recoñecer a influencia das mulleres na Arquitectura, a partir da lectura de libros escritos ou editados por arquitectas ou sobre arquitectas. read more…
Curso sobre a Normativa de funcionalidade en vivenda: NHV, DB SUA, DB SI
O obxectivo deste curso é facer un percorrido polas esixencias básicas que teñen incidencia directa nos aspectos dimensionais e de deseño dos edificios de uso residencial vivenda, nas súas diferentes tipoloxías.
Para iso, analizaremos as prestacións que deben satisfacer as tipoloxías máis frecuentes deste uso (vivenda unifamiliar illada, adosada, vivenda colectiva) no relativo á aplicación das esixencias básicas que condicionan os aspectos dimensionais e de deseño, centrándonos, fundamentalmente, nas Normas de habitabilidade de vivendas en Galicia [NHV] e nos documentos básicos de Seguridade de Utilización e Accesibilidade [DB-SUA] e de Seguridade en caso de Incendio [DB-SI].
Analizaremos tamén, e sobre todo no caso dos edificios de vivenda colectiva, as prestacións derivadas da implantación doutros usos (comercial, administrativo, aloxamentos turísticos) nos edificios cuxo uso principal é residencial vivenda.
Repasaremos os criterios de excepcionalidade que permiten a rehabilitación de edificios e vivendas, compatibilizando os requirimentos de habitabilidade cos de protección do patrimonio, co obxecto de facilitar a renovación e protección do patrimonio xa construído. Tamén revisaremos a excepcionalidade no caso de aplicar posibles cambios e innovacións tecnolóxicas, reflexo da evolución da sociedade e das novas formas de habitar e vivir das persoas.
Nesta análise recolleremos tamén as necesidades derivadas do contexto actual do sector inmobiliario, especialmente no referente ao progresivo abandono dos locais comerciais, que motiva os cambios de uso destes locais a vivenda, pero sen menoscabo das condicións mínimas de calidade, seguridade e intimidade desas “novas” vivendas.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 8/03/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 8/03/2026 ata o luns 15/03/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
O Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG
A partires do día 9 de marzo o Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 9 de marzo, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2026
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais,...
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura con sede en Vigo, selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Desenvolvemento de proxectos de arquitectura en todas as súas fases. Requisitos: Coñecementos técnicos propios da redacción de proyectos de edificación, normativa vixente e...
#COAGconta: Tramitación municipal con ECCOM
O mércores 11 de marzo ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Técnico de Administración Xeral e Xefe do Servizo de Disciplina e Conservación Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, analizará o Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que...
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura STGO con sede en Ferrol, selecciona arquitecto/a para cubrir 2 postos de traballo asalariado. Funcións: Desenvolvemento de proxectos de arquitectura en todas as súas fases. Requisitos: Valorase experiencia en entorno BIM. CAD, SKETCHUP, CYPE....
Concurso de proxecto de reforma da terceira pranta do edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña
Publicado na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio para a Asistencia técnica para a redación do proxecto de execución e asistencia técnica á dirección de obra da reforma da terceira pranta do edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña. Valor estimado del...
Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA: conceptos, estado actual da situación e dúbidas
O mércores 11 de marzo, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA. Esta Xornada, que é posible grazas á colaboración de ANMARQ, abordará os principais conceptos...
Composición do xurado dos Premios PRÓXIMOS 2026
A Xunta Directiva da Delegación de Santiago acordou nomear aos seguintes membros do xurado que avaliará os proxectos presentados nos Premios PRÓXIMOS 2026, que organiza a Delegación. Sergio Sebastián Franco é arquitecto (2002) e doutor arquitecto (2016) pola ETSAM e...
Espazo de lectura no Marco do Día Internacional da muller
No marco do Día Internacional da Muller, o COAG sumase á acción coordinada polo CSCAE da posta en marcha do Espazo de Lectura “A de Arquitectas”, unha iniciativa que ten como obxectivos recuperar, visibilizar e recoñecer a influencia das mulleres na Arquitectura, a...
Curso sobre a Normativa de funcionalidade en vivenda: NHV, DB SUA, DB SI
O obxectivo deste curso é facer un percorrido polas esixencias básicas que teñen incidencia directa nos aspectos dimensionais e de deseño dos edificios de uso residencial vivenda, nas súas diferentes tipoloxías. Para iso, analizaremos as prestacións que deben...