Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA: conceptos, estado actual da situación e dúbidas

4 Mar 2026

O mércores 11 de marzo, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA.

Esta Xornada, que é posible grazas á colaboración de ANMARQ, abordará os principais conceptos desta pasarela, o seu estado actual, así como as posibles dúbidas relativas á mesma.

A xornada contará coa participación dos seguintes relatores:

  • José Javier Mancilla Millón, Arquitecto, Presidente de ANMARQ e delegado en Murcia. Compromisario de hna.
  • Ana Rodríguez Luaces, Arquitecta, Vicepresidenta de ANMARQ e delegada en Galicia.
  • María Luisa Saavedra Cervantes, Arquitecta, Vicepresidenta de ANMARQ e delegada en Madrid.

Conscientes da importancia, tanto económica como legal, das consecuencias ás que os arquitectos e demais colectivos de mutualistas alternativos e complementarios se enfrontan, ante os posibles cambios relativos á súa previsión social, esta xornada quere dar un paso máis para facilitar o acceso á información sobre esta problemática, a resolución de dúbidas e a toma de decisións.

Os temas a abordar serán:

  • Breve introdución ao mutualismo alternativo e á súa transformación no tempo.
  • Información sobre o estado da problemática e sobre o trámite dunha Pasarela ao RETA a día de hoxe.
  • Aclaración das dúbidas máis habituais –dende o punto de vista da PL do goberno e dende o punto de vista de ANMARQ–
  • Debate

Como documentación complementaria á xornada, facilítase aquí o enlace aos dous vídeos da anterior xornada de ANMARQ, celebrada en Lleida o 19 de febreiro de 2026:

Primeira parte, exposición do estado da cuestión, en COAC Lleida https://youtu.be/UqchCIS4Y88

Segunda parte, coloquio, en COAC Lleida https://youtu.be/3yLiQFU31Lw

DATA
Mércores 11 de marzo de 2026 – 17:00-20:30 horas

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
ANMARQ, Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos

Compartir