#COAGconta: Tramitación municipal con ECCOM

5 Mar 2026

O mércores 11 de marzo ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Técnico de Administración Xeral e Xefe do Servizo de Disciplina e Conservación Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, analizará o Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro (publicado o 28 de xullo de 2025 no Diario Oficial de Galicia).

 

Neste seminario analizaremos:
  1. Requisitos e réxime de funcionamento das ECCOM.
  2. Funcións das ECCOM, con especial referencia ás actuacións de certificación, comprobación verificación e control.
  3. Carácter das certificacións e a súa incidencia na tramitación dos títulos habilitantes.
  4. O exercicio de colaboración público privada das ECCOM e a Administración Local. Análise das funcións que conlevan exercicio de autoridade.
  5. Responsabilidade pola intervención ECCOM e réxime sancionador.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
Colabora   

Compartir