Espazo de lectura no Marco do Día Internacional da muller

3 Mar 2026

No marco do Día Internacional da Muller, o COAG sumase á acción coordinada polo CSCAE  da posta en marcha do Espazo de Lectura “A de Arquitectas”, unha iniciativa que ten como obxectivos recuperar, visibilizar e recoñecer a influencia das mulleres na Arquitectura, a partir da lectura de libros escritos ou editados por arquitectas ou sobre arquitectas.

Este Espazo de Lectura será itinerante por todo o Estado e arrincará, o vindeiro luns 16 de marzo, ás 11 da mañá en Madrid. A primeira convidada será a arquitecta  Zaida Muxí, para reflexionar sobre o seu libro Lilly Reich: a creatividade ao servizo da máxima eficiencia e o mínimo mantemento. A xornada terá formato híbrido (presencial, no CSCAE, e en liña).

A estrea estará dedicada á lectura Mujeres, casas e cidades: Máis aló do limiar, e contaremos coa participación de Zaida Muxí, arquitecta, autora do libro, e Elia Gutiérrez Mozo, catedrática de Composición Arquitectónica na Universidade de Alacante. A benvida daraa a presidenta do CSCAE, Marta Vall-llossera, e moderará a secretaria xeral, María José Peñalver.

Ligazón para asistencia en liña: https://www.youtube.com/live/0PJwBIZx2JI?si=Hn_R3norg7k77T_H.

O COAG acollerá unha destas “lecturas” durante o ano, cuxo contido e data será anunciado con suficiente antelación.

Compartir