A Xunta Directiva da Delegación de Santiago acordou nomear aos seguintes membros do xurado que avaliará os proxectos presentados nos Premios PRÓXIMOS 2026, que organiza a Delegación.
- Sergio Sebastián Franco é arquitecto (2002) e doutor arquitecto (2016) pola ETSAM e profesor de Proxectos Arquitectónicos na Universidade de Zaragoza. Compaxina a docencia coa actividade profesional no estudo Sebastián Arquitectos, desenvolvendo proxectos de edificación, rehabilitación patrimonial, paisaxismo e deseño de iluminación. A súa obra foi amplamente publicada en revistas internacionais e recoñecida con numerosos premios, entre eles o Premio FAD de intervención no patrimonio, o premio da UIA (Unión Internacional de Arquitectos) e a Medalla de Ouro DOMUS Restauro e Conservazione. Participou en eventos como a Bienal de Arquitectura de Venecia e a Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Entre os seus proxectos destacan intervencións patrimoniais, museísticas e de iluminación urbana en distintas cidades.
- Cristina García Fontán é doutora arquitecta e Máster en Advanced Architecture polo Berlage Institute de Rotterdam. É Profesora Contratada Doutora na Universidade da Coruña, onde imparte docencia en Arquitectura e Paisaxe. Coordina o grupo de investigación Persoa-Ambiente, centrado en hábitat, sustentabilidade e cooperación. Participa en proxectos de investigación sobre paisaxe, ordenación territorial e planificación estratéxica e conta con experiencia docente internacional. Exerce tamén a profesión desde 2002 con proxectos de paisaxe, rehabilitación e edificación.
- Ricardo Sánchez Lampreave é arquitecto (1983) e doutor arquitecto (2007) pola ETSAM e profesor titular na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, onde tamén foi subdirector de Cultura. É autor do libro Oíza, ingenio de diferencias e de numerosos artigos en medios especializados. Participou en consellos editoriais e comités científicos de diversas publicacións e dirixiu a editorial Lampreave. Foi pensionado na Academia Española de Roma e director da Fundación Miguel Fisac. Tamén comisariou varias exposicións e desempeñou responsabilidades en asociacións de historia da arquitectura.
Segundo se estipula na base 6ª:
- Xurado
A composición do xurado anunciarase más adiante, tendo en conta que os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.
O xurado poderá asumir o rexeitamento daquelas obras ou proxectos que cualifique de non rematados por completo.
O xurado reservase tamén a potestade de aceptar ou rexeitar aquelas obras que poidan ter un defecto de forma na súa candidatura que considere menor e non afecte á esencia do premio que é recoñecer a arquitectura de calidade que se fai no noso territorio.
