Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs

Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs

Tras comprobar a dispoñibilidade do relator, establecemos novas edicións:

Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización.

Prezos de matrícula:

  • Matrícula ordinaria: 190 €

  • Arquitectos/as colexiados/as: 142,5 €

  • Arquitectos/as colexiados/as subscritos/as ao servizo de formación: 95 euros.

Modalidade: en directo en liña

  • O curso está deseñado para o seu seguimento en directo. É obrigatorio ter a cámara e o micrófono conectados para o seguimento deste curso.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento cun mínimo de asistencia de 2 das 3 sesións. Péchase o acceso aos 20 minutos do inicio.
  • O curso desenvólvese na modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación online do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Duración total:

  • 12 horas [3 talleres online en directo]

Aforo e prazos de matrícula:

  • O aforo está limitado a 25 alumnas/os.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados do COAG subscritos ao servizo de formación):

    • 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio, ata o día 17/5/2026 ás 23:59.

    • 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño, ata o día 31/5/2026 ás 23:59.

  • Todas as modalidades: ata esgotarse as prazas dispoñibles ou:

    • 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio, do luns 18/5/2026 ao domingo 24 de maio de 2026.

    • 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño, do luns 1/6/2026 ao domingo 7 de xuño de 2026.

Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2026, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

O Concello de Oleiros incorpórase á interoperabilidade co COAG

O Concello de Oleiros incorpórase á interoperabilidade co COAG

A partires do día 4 de febreiro o Concello de Oleiros incorporarase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 4 de febreiro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.

read more…

O Concello de Ourense e o COAG asinan un convenio de colaboración para axilizaren as licenzas urbanísticas

O Concello de Ourense e o COAG asinan un convenio de colaboración para axilizaren as licenzas urbanísticas

A solución de interoperabilidade contribúe a simplificar e a axilizar a tramitación municipal: o administrado ou o seu representante só deberá consignar na súa solicitude o código de expediente do COAG, que lle facilitará o seu arquitecto. A partir dese dato, a aplicación de xestión municipal poderá verificar a validez do código, descargar a documentación técnica e asociala ao trámite correspondente. Desta maneira evítanse as dificultades habituais no rexistro de entrada, derivadas da natureza da documentación de proxectos (tamaño de arquivos, número de documentos, firmas electrónicas). read more…

Últimos días para matricularse na Escola de Opositores COAG

Últimos días para matricularse na Escola de Opositores COAG

Lembrámosvos que o domingo 15 de febreiro ás 23:59 (ou ata agotarse as prazas dispoñibles) remata o prazo de matrícula para a primeira edición da Escola de Opositores do COAG.

! ÚLTIMOS DÍAS !

O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual:

  • Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.

  • Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar.

Trátase dunha iniciativa exclusiva para arquitectos colexiados no COAG, orientada a proporcionar os coñecementos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos. Para iso, contamos cun grupo de profesorado experto en cada unha das materias e con ampla experiencia en procesos selectivos nas Administracións Públicas Galegas, e coa colaboración da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

En canto á operativa, utilizaremos un formato mixto, que combinará o formato en liña co formato presencial. Contaremos con dous grupos de 25 alumnos (un dos grupos terá as sesións presenciais na Delegación de Vigo, e o outro na Delegación de A Coruña)

O acceso ás prazas terá lugar por rigorosa orde de inscrición, ata esgotarse as 25 prazas dispoñibles en cada unha das dúas edicións (A Coruña / Vigo). Podedes matricularvos e consultar a información completa nas seguintes ligazóns:

[Programa e información completa]

[Matriculación]

Máis información e consultas

Deixamosvos a grabación do webinar introdutorio que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro na que se explicou o plantexamento xeral e a operativa da escola e se atenderon ás dúbidas plantexadas polos asistentes.

Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nos a través dos siguintes medios:

 

Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Comunicado en apoio á Asociación Española de Taxadores Hipotecarios (AETH)

Comunicado en apoio á Asociación Española de Taxadores Hipotecarios (AETH)

A Xunta de Goberno do COAG quere mostrar o seu apoio ao colectivo profesional dos/as taxadores/as hipotecarios/as e defende a necesidade de obter unhas condicións económicas, organizativas e profesionais xustas. Por iso traslada aos seus colexiados a información sobre as actividades da Asociación Española de Taxadores Hipotecarios (AETH) para mellorar as condicións deste colectivo. read more…

Actualización de Utilidades COAG. Normativa de Obrigado Cumprimento

Actualización de Utilidades COAG. Normativa de Obrigado Cumprimento

Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, o listado de Normativa de Obrigado Cumprimento actualizado a 21 de xaneiro de 2026, recollendo todas as novidades lexislativas publicadas desde a actualización anterior. Descarga.

Normativa de obrigado cumprimento estatal e autonómico de Galicia

ESTATAL

  1. ACTIVIDADE PROFESIONAL
  2. ABASTECEMENTO DE AUGA, VERTEDURA E DEPURACIÓN
  3. ACCIÓNS NA EDIFICACIÓN
  4. ACTIVIDADES RECREATIVAS
  5. ILLAMENTO TÉRMICO
  6. ILLAMENTO ACÚSTICO
  7. APARELLOS ELEVADORES
  8. APARELLOS A PRESIÓN
  9. AUDIOVISUAIS, ANTENAS E TELECOMUNICACIÓNS
  10. BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
  11. CALEFACCIÓN, CLIMATIZACIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA
  12. MARCADORAS POSTAIS
  13. CEMENTOS
  14. CIMENTACIÓNS
  15. COMBUSTIBLES
  16. CONSUMIDORES
  17. CONTROL DE CALIDADE
  18. CUBERTAS E IMPERMEABILIZACIÓNS
  19. ELECTRICIDADE E ILUMINACIÓN
  20. ENERXÍA SOLAR E ENERXÍAS RENOVABLES
  21. ESTATÍSTICA
  22. ESTRUTURAS DE ACEIRO
  23. ESTRUTURAS DE FÁBRICA
  24. ESTRUTURAS DE FORXADOS
  25. ESTRUTURAS DE FORMIGÓN
  26. ESTRUTURAS DE MADEIRA
  27. FONTANARÍA
  28. HABITABILIDADE
  29. INSTALACIÓNS ESPECIAIS
  30. MEDIO AMBIENTE E IMPACTO AMBIENTAL
  31. PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS
  32. PROXECTOS
  33. RESIDUOS
  34. SEGURIDADE E SAÚDE
  35. VIDRIERÍA

 

AUTONÓMICA DE GALICIA

  1. ACTIVIDADE PROFESIONAL
  2. ABASTECEMENTO DE AUGA, VERTEDURA E DEPURACIÓN
  3. ACTIVIDADES RECREATIVAS
  4. ILLAMENTO ACÚSTICO
  5. APARELLOS ELEVADORES
  6. BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
  7. CALEFACCIÓN, CLIMATIZACIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA
  8. COMBUSTIBLES
  9. CONSUMO
  10. CONTROL DE CALIDADE
  11. ELECTRICIDADE E ILUMINACIÓN
  12. ESTATÍSTICA
  13. HABITABILIDADE
  14. MEDIO AMBIENTE E IMPACTO AMBIENTAL
  15. PROXECTOS
  16. RESIDUOS
  17. SEGURIDADE E SAÚDE
  18. USOS EN XERAL
  19. USO DE VIVENDA
  20. USOS DIFERENTES A VIVENDA
  21. URBANISMO E PLANEAMENTO ESTATAL E GALEGO
Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña.

Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña.

Publicada na Plataforma de Contratación de Contratos Públicos de Galicia a convocatoria do Concurso de proxectos para adxudicar por lotes os seguintes contratos de servizos de:

  • Deseño da ordenación dunha parcela de equipamento no PERI-11 de Salgueiriños, Santiago de Compostela, redacción dos proxectos básicos e de execución e dirección de obra dos edificios destinados a Vivendas de Promoción Pública e redacción do anteproxecto dunha Residencia Xuvenil a construír no dito ámbito.
  • Redacción do Proxecto de Interese Autonómico e do Proxecto de Urbanización do Ámbito correspondente ao API-037 do PXOM da Coruña, redacción dos proxectos básicos e de execución dos edificios destinados a vivendas e aloxamentos protexidos de promoción pública e dirección das obras correspondentes e redacción do anteproxecto dunha Residencia Xuvenil a construír nese ámbito.

read more…

Texto consolidado da Lei do Solo de Galicia

Texto consolidado da Lei do Solo de Galicia

Está dispoñible na zona de normativa da web colexial, o Arquivo cedido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a súa difusión. Contén o texto consolidado da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e inclúe diferenciadas por cor as modificacións que experimentou a norma desde a súa entrada en vigor, incluíndo a última recollida na Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia. read more…

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).

read more…

Prórroga de las desgravaciones fiscales para la rehabilitación energética de viviendas y edificios

Prórroga de las desgravaciones fiscales para la rehabilitación energética de viviendas y edificios

  • Las deducciones para la reducción de la demanda en calefacción y refrigeración en viviendas, así como para la mejora en el consumo de energía primaria no renovable se extienden al 31 de diciembre de este año.
  • La rebaja fiscal en edificios residenciales se amplía al 31 de diciembre de 2027.
  • Las deducciones están vinculadas a unas determinadas reducciones de la demanda o de los consumos de energía. read more…
Curso práctico de deseño e cálculo de instalacións eléctricas | Últimos días matriculación

Curso práctico de deseño e cálculo de instalacións eléctricas | Últimos días matriculación

O mércores, 04 de febreiro, ás 23:59h remata o prazo de matriculación do curso.

Durante este curso realizaremos unha aproximación práctica aos fundamentos das instalacións eléctricas, a través dunha visión global destas instalacións e as repercusións que estas teñen sobre o deseño arquitectónico. Desde os centros de transformación ás instalacións interiores, o programa do curso desenvolve procedementos de deseño, dimensionado e cálculo dos diferentes tramos de que consta a instalación eléctrica nos edificios e o contorno urbano próximo.

Este curso está dirixido:

  • A arquitectos que desexen iniciarse no deseño e dimensionado das instalacións eléctricas para o desenvolvemento dos seus propios proxectos.
  • A arquitectos que desenvolven as instalacións en colaboración con outros profesionais, este curso facilitaralles os coñecementos necesarios para a coordinación do proxecto e a dirección da obra, incluídas as modificacións que poidan xurdir durante a mesma.

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 120 euros
  • Arquitectos colexiados: 80 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 55 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:

O aforo é limitado.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 25/01/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 25/01/2025 ata o mércores 04/02/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de 

Plan de formación 2026

Plan de formación 2026

Xa está dispoñible para todos os colexiados o documento do Plan de formación de 2026.

Este plan foi desenvolvido para abordar as necesidades identificadas a través das vosas respostas ás enquisas de preferencias de formación e ás enquisas individuais realizadas durante os cursos completados. Tamén ten como obxectivo destacar os problemas actuais relacionados coa normativa, o desenvolvemento profesional e as áreas de crecente demanda no panorama actual.

Este documento describe as áreas temáticas e a planificación das actividades de formación para 2026, así como o calendario de eventos #COAGconta.

Concurso de ideas para construír 5 inmobles con 140 novas vivendas de promoción pública en Galdrachán, no concello de Ames (A Coruña)

Concurso de ideas para construír 5 inmobles con 140 novas vivendas de promoción pública en Galdrachán, no concello de Ames (A Coruña)

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o 19 de decembro a licitación deste concurso, por máis de 1,4M€ e cun prazo de presentación de ofertas ata o 2 de febreiro.

Nunha 1ª fase presentaranse propostas bases por parte dos arquitectos interesados; na 2ª, o xurado seleccionará as 6 mellores opcións e achegarán os anteproxectos para logo elixir os 3 finalistas que redactarán os proxectos das vivendas. read more…

Fallo do Premio “Arquitectura para un mundo mellor 2025”

Fallo do Premio “Arquitectura para un mundo mellor 2025”

Reunido o xurado do Premio Arquitectura para un Mundo Mellor 2025, formado polos colexiados e colexiadas do COAG, Manuel Martinez Carazo, Elvira Carregado Pazos, Natalia Alvaredo López , Jennifer Núñez Fernández e Xosé Manuel Casabella López, todos con voto, e actuando como secretaria do mesmo, con voz pero sen voto, María Luisa Pierres López, deciden o seguinte:

Poñer en valor, otorgando o Premio Arquitectura para un Mundo Mellor 2025, as figuras de o Dr. Enxeñeiro Agrónomo Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, D. Manuel Guaita así como ó Dr. Enxeñeiro de Montes D. Manuel Touza, en función do seu intenso labor docente, divulgativo e investigador en relación coa tecnoloxía e construción en madeira durante os últimos 25 anos en Galicia. read more…

Aplicación obrigatoria das modificacións no DBSI 2025 [10 de novembro]

Aplicación obrigatoria das modificacións no DBSI 2025 [10 de novembro]

O 10 de novembro finalizou o período transitorio na aplicación do Documento Básico de Seguridade en caso de Incendio (DB-SI), polo que os proxectos que soliciten licenza a partir desta data, deberán adecuarse ás modificacións introducidas neste Documento Básico polo RD 164/2025, do 4 de marzo.

Entre outras importantes modificacións, esta nova versión introduce cambios significativos nos usos considerados e na definición de “saída de planta” das versións anteriores do DB-SE. Así:

  • Introduce o “uso almacén” no SI, para edificios, establecementos ou zonas destinadas principalmente a almacenamento e rochos non vinculados a vivendas (ver definición)
  • O arranque dunha escaleira aberta deixa de ter a consideración de “saída de planta”. Por tanto, se a evacuación non se realiza a través dunha escaleira protexida ou compartimentada, debe computarse a lonxitude do percorrido de evacuación desde a orixe ata a saída do edificio.

Calendario:

  • Licenzas solicitadas entre o 10 de maio e o 10 de novembro: Poden cumprir o DBSI anterior, sempre que as obras iníciense no prazo indicado na licenza, ou en 9 meses.
  • Licenzas solicitadas a partir do 10 de novembro de 2025: Deben cumprir o DBSI 2025 (RD 164/2025).
Análise de resultados da enquisa de preferencias para a formación do 2026

Análise de resultados da enquisa de preferencias para a formación do 2026

Hai unhas semanas pedímosvos que contestásedes a unha breve enquisa co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas para, a partires delas, establecer a programación e contidos do plan de formación para o ano 2026.

Nesta enquisa participastes un total de 270 colexiados. Queremos dar as grazas aos que fixestes un oco na vosa axenda para trasladarnos as vosas valoracións e suxestións, e animar aos que non o fixeron para que non dubidedes en participar nas actividades de formación e en facernos chegar as vosas propostas, xa que son unha gran axuda para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos.

Poñemos así a vosa disposición o análise dos resultados da enquisa de intereses formativos para 2026, elaborada a partir das respostas dos 270 colexiados que a cubriron.

Próximamente publicaremos o Plan de formación 2026, onde se amosarán as accións formativas propostas a desenvolver para os primeiros meses do 2026.

Construir con Pizarra. Carlos Quintáns Eiras. Presentación da publicación “Pizarra”.

Construir con Pizarra. Carlos Quintáns Eiras. Presentación da publicación “Pizarra”.

O vindeiro martes, día 18 de novembro, ás 12:00h, terá lugar a xornada “Construír con Pizarra”, a cargo de Carlos Quintáns Eiras. Nela, o arquitecto presentará a nova publicación “Pizarra”, editada polo Clúster da Pizarra de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia.

Quintáns explicará o proceso de elaboración do libro, que reúne textos e fotografías de destacados autores para amosar a relevancia histórica, técnica e contemporánea da lousa galega, un material esencial na arquitectura pola súa durabilidade, versatilidade e valor cultural.

A presentación ofrecerá unha mirada actual sobre o uso da pizarra en cubertas e fachadas, así como exemplos recentes de arquitectura nacional e internacional que incorporan este material.

Para seguila xornada online en directo, podedes facelo a través desta ligazón [inscripción gratuita].

Comunicación do COAG sobre a “Casa Benedicto”

Comunicación do COAG sobre a “Casa Benedicto”

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 21/2025 de 16 de outubro acordou actualizar a súa posición con respecto á conservación da “Casa Benedicto” no Concello de Navia de Suarna, a través dun escrito enviado a diversas administracións (Asociación Cultural Patrimonio Naviego, á Deputación de Lugo, ao Concello de Navia de Suarna e á Dirección xeral de Patrimonio Cultural) en coherencia co acordo xa adoptado na sesión 10/2017 celebrada o 28 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela. read more…

Mapa de potencial de radón

Mapa de potencial de radón

Estimados compañeiros, para unha reunión que o CSCAE ten prevista co Consello de Seguridade Nuclear (CSN) o próximo 18 de decembro, está a recompilarse información, incidencias e observacións xerais relacionadas coa aplicación práctica da normativa sobre radon en proxectos e obras.

En concreto, solicítannos datos sobre posibles discrepancias na clasificación de municipios no Mapa de potencial de radon elaborado polo CSN, que constitúe a base do Apéndice B do Documento Básico HS6 do Código Técnico da Edificación (CTE).

Nese sentido, se detectaches que algún municipio do teu ámbito territorial puidese estar clasificado de forma incorrecta, agradeceríache que nolo fixésedes saber, da forma máis documentada posible, a través do panel de consultas, no apartado de edificación, co título Radon CSN.

Para enviar informar, pica aquí