O mércores 8 de abril ás 12:00h o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de intervención sostible coa reforma da envolvente e integración do antigo edificio de “Espellos” en San Caetano, obra de Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García.
Ao longo destes anos estamos a ver algúns dos mellores exemplos de arquitectura e urbanismo sostibles, onde os arquitectos, ademais de proxectar calidade, obtiveron bos resultados na mellora da eficiencia enerxética e outros aspectos da sustentabilidade, como poden ser a súa integración ambiental, o uso de materiais naturais ou reciclados, enerxías renovables, circularidade, iluminación natural, calidade do aire, certificados de construción sostible, etc. Todo iso encamiñado a lograr o confort e benestar dos usuarios, o que redundará nunha mellora da calidade de vida e a saúde de todos nós.
Esta xornada é gratuíta. Para o seguimento en directo da xornada é necesaria a inscrición na seguinte [ligazón]
Lembrade que podedes visualizar todas as gravacións das xornadas xa celebradas na páxina “gravacións de xornadas de asesoramento” (acceso desde a web do COAG, panel de servizos / formación).
