O vindeiro martes, día 18 de novembro, ás 12:00h, terá lugar a xornada “Construír con Pizarra”, a cargo de Carlos Quintáns Eiras. Nela, o arquitecto presentará a nova publicación “Pizarra”, editada polo Clúster da Pizarra de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia.
Quintáns explicará o proceso de elaboración do libro, que reúne textos e fotografías de destacados autores para amosar a relevancia histórica, técnica e contemporánea da lousa galega, un material esencial na arquitectura pola súa durabilidade, versatilidade e valor cultural.
A presentación ofrecerá unha mirada actual sobre o uso da pizarra en cubertas e fachadas, así como exemplos recentes de arquitectura nacional e internacional que incorporan este material.
Para seguila xornada online en directo, podedes facelo a través desta ligazón [inscripción gratuita].
