Lembrámosvos que o domingo 15 de febreiro ás 23:59 (ou ata agotarse as prazas dispoñibles) remata o prazo de matrícula para a primeira edición da Escola de Opositores do COAG.
! Quedan as ÚLTIMAS PRAZAS PARA A EDICIÓN DE A CORUÑA !
O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual:
-
Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.
-
Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar.
Trátase dunha iniciativa exclusiva para arquitectos colexiados no COAG, orientada a proporcionar os coñecementos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos. Para iso, contamos cun grupo de profesorado experto en cada unha das materias e con ampla experiencia en procesos selectivos nas Administracións Públicas Galegas, e coa colaboración da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.
En canto á operativa, utilizaremos un formato mixto, que combinará o formato en liña co formato presencial. Contaremos con dous grupos de 25 alumnos (un dos grupos terá as sesións presenciais na Delegación de Vigo, e o outro na Delegación de A Coruña)
O acceso ás prazas terá lugar por rigorosa orde de inscrición, ata esgotarse as 25 prazas dispoñibles en cada unha das dúas edicións (A Coruña / Vigo). Podedes matricularvos e consultar a información completa nas seguintes ligazóns:
[Programa e información completa]
Máis información e consultas
Deixamosvos a grabación do webinar introdutorio que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro na que se explicou o plantexamento xeral e a operativa da escola e se atenderon ás dúbidas plantexadas polos asistentes.
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nos a través dos siguintes medios:
- Colexiados, a través do panel de servizos do COAG, sección de Formación, na siguinte [+ ligazón]
- Non colexiados, a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
