A partires do día 4 de febreiro o Concello de Oleiros incorporarase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 4 de febreiro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.
En que concellos está dispoñible o servizo de interoperabilidade?
Actualmente, o servizo está dispoñible nos 85 concellos recollidos nesta listaxe.
Como funciona este servizo?
Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo(s), para que se indique(n) na solicitude. A partires dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se produza.
Como autorizan a descarga os arquitectos redactores?
A autorización da descarga polos arquitectos pode activarse no COAGEstudio, desde a ficha do traballo-> enviar ao concello. Premendo na configuración de usuario pódese activar por defecto a autorización nos traballos que se tramiten nos concellos co servizo activo.
Como se realiza a autorización do promotor?
Só é preciso consignar nos formularios de solicitude de licencia e outras autorizacións (presenciais ou online) os traballos profesionais correspondentes (número de expediente COAG e número(s) dos traballo(s)).
É importante lembrar que, ademais do código de expediente, se deben autorizar e consignar todos os traballos para os que se autoriza a descarga. Por exemplo, si se atopan visados/rexistrados no COAG, dentro do expediente 200000, os traballos 2 (proxecto de execución), (3) folla de estatística, (4) oficio de dirección, consignaríanse na solicitude o número de expediente 200000 e os traballos 2,3,4.
