Instituto Galego da Vivenda e Solo. Programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural

20 Xan 2026

No DOG de 13 de xaneiro de 2026, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI435E).

Obxecto:

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.

Persoas beneficiarias:

Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados,en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro:

– non será de aplicación o citado límite de ingresos.

– só se poderán conceder un máximo de tres axudas por persoa solicitante.

No suposto de que a propiedade ou usufruto do inmoble corresponda a máis dunha persoa, só se admitirá unha solicitude por inmoble.

Non se poderán solicitar axudas para os inmobles xa subvencionados en convocatorias anteriores por este programa.

Actuacións subvencionables:

1. Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas

2. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.

Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:

– as de accesibilidade,

– conservación,

– habitabilidade,

– sustentabilidade

– eficiencia enerxética das vivendas,

– actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Se inclúen:

– os honorarios dos profesionais que interveñan;

-os informes técnicos e certificados necesarios;

– os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

– custe da redacción dos proxectos

– os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026

ENLACE AO DOG.

ENLACE AO PROCEDEMENTO

Compartir