A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o 19 de decembro a licitación deste concurso, por máis de 1,4M€ e cun prazo de presentación de ofertas ata o 2 de febreiro.
Nunha 1ª fase presentaranse propostas bases por parte dos arquitectos interesados; na 2ª, o xurado seleccionará as 6 mellores opcións e achegarán os anteproxectos para logo elixir os 3 finalistas que redactarán os proxectos das vivendas.
O xurado consta da representación da Xunta de Galicia, o COAG e o Concello de Ames.
No concurso valoraranse a calidade arquitectónica, a eficiencia enerxética, a integración, a funcionalidade e tamén a innovación.
O concurso, froito da colaboración entre o COAG e a Xunta de Galicia, desenvólvese ao amparo de Lei de Calidade da Arquitectura, buscando solucións innovadoras en vivenda, limitando a cantidade de documentación a entregar e fomentando a participación de arquitectos e arquitectas novos/as.
- Orzamento base de licitación: 1.386.949,48 con IVE
- Nº lotes: 3
Observacións: O valor estimado do concurso de proxectos ascende a 1.161.239,24 euros (sen IVE), resultado da suma do valor estimado dos contratos resultantes do concurso (1.146.239,24 euros, sen IVE) e os premios dos accésit (15.000 euros, sen IVE) dado que os premios do primeiro, segundo e terceiro premio, teñen a consideración de entrega a conta dos honorarios do contrato.
Cada participante deberá resolver un bloque tipo de 20×50, de B+3, mediante criterios de calidade e innovación tipolóxica. Non se requirirá experiencia previa.
PRAZOS
-
Fase 1. Entrega de 2 A3. Ata o 2 de febreiro de 2026.
Seleccionaranse 6 finalistas para a fase que recibirán 5.000 Euros (+ IVE) cada un.
Fase 2. Entrega de 2 A1. + memoria.
Os tres primeiros clasificados recibirán os seguintes encargos:
1 premio → parcelas AR4 e AR5: 462.797,98 + IVE
2 premio → parcelas AR3 e AR6: 455.627,50€ + IVE
3 premio → parcela AR8; 227.813,76€ + IVE
Os adjudicatorios desta 2 fase deberá confirmar a solvencia mediante medios propios ou externos.
